Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Ribeira
17/05/2026
10:30 - 12:30
[
Go Back
]
Descripción
XXI Carreira Popular Virxe da Guía.
Data: Domingo, 17 de Maio do 2026.
Día das Letras Galegas
Hora: 10.30 horas
Lugar: San Paio de Carreira (Ribeira).
Distancias: 6,6 km
Organiza: Asociación de Veciños de Carreira
Colabora: Concello de Riveira.
Cronometraxe: www.galitiming.com
Inscrición: Límite 200 corredores.
A Asociación de Veciños de Carreira en colaboración co Concello de Riveira, organizan a vixésimo primeira edición da súa Carreira Popular Virxe da Guía, o sábado, 17 de Maio de 2026, na parroquia de Carreira (Santa Uxía de Ribeira), de acordo co seguinte REGULAMENTO:
1. CATEGORIAS DOS PARTICIPANTES, ANOS DE NACEMENTO, HORARIO E DISTANCIAS:
Pitufo: 2022 e posteriores/ 12:10 horas/ 80 m.
Prebenxamín: 2019-2020-2021/12:00/ 100 m.
Sub 10: 2017-2018 / 11:45 / 500 m.
Sub 12: 2015-2016 / 10:30 / 900 m.
Sub 14: 2013-2014 / 10:30 / 900 m.
Sub 16: 2011-2012 / 10:45 / 1.800 m.
Sub 20: 2006 a 2010 /11:00 / 6,6 km
Sub 35: 1991 a 2005 / 11:00 / 6,6 km.
Sub 45: 1981 a 1990 / 11:00 / 6,6 km.
Sub 55: 1971 a 1980 / 11:00 / 6,6 km.
Sub 65: 1961 a 1970 / 11:00 / 6,6 km.
+ 65: 1960 e anteriores / 11:00 / 6,6 km.
Inclusiva: Calquer idade / 11:00 / 6,6 km
2. INSCRICIONS : Hasta o MÉRCORES, 13/MAIO/2026, ás 23.00 horas.
As inscricións realizaranse a través da web: www.galitiming.com.
O prezo da inscrición será de 7 € para as carreiras de 6,6 km, e GRATUITA para o resto. O tope de inscritos será de 200 atletas adultos e 200 atletas escolares.
NON SE ADMITIRAN INSCRICIONS (NIN DE ESCOLARES NIN DE ADULTOS) FORA DO PRAZO ESTABLECIDO NIN O DIA DA PROBA.
Os dorsais recolleranse no lugar da saída que estará situada no Campo da Festa (a 80 metros da Capela da Guía), a partir das 9.30 horas e ata 15 minutos antes do comezo de cada proba.
3. PREMIOS
• Medallas para @s tres primeir@s clasificad@s de cada categoría (excepto pitufos e prebenxamíns)
• Medallas para todos os pitufos e prebenxamíns.
Os gañadores dos distintos trofeos deberán estar presentes no acto de premiación. En caso de que un premiado non estivera presente, perderá o dereito a reclamalo con posterioridade.
4. AVITUALLAMENTOS :
Líquidos e sólidos na meta.
5. OUTROS SERVIZOS:
Gardarroupa e gardachaves: No momento de retirar o dorsal poderán deixar a roupa ou as chaves, que serán custodiadas ata o remate da proba.
6. DUCHAS E APARCAMENTO:
Haberá servicio de duchas no Polideportivo de A Fieiteira (a 1.800 m da meta), de 11.00 a 14.00 horas. Teremos unha zona de aparcamento de balde, a 50 metros da liña de saída.
7. ATLETA HOMENAXEADA
A atleta homenaxeada nesta XXI Carreira da Guía será María José Martínez Patiño.
[
Go Back
]