Calendario
Ver carrera

Poio

24/05/2026 10:00 - 11:10

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO XXXVII MARATÓN DE FÁTIMA–CAMPELO
1) Organizado polo Concello de Poio e a Asociación de Veciños de Campelo, celebrarase o día
24 de maio de 2026.
2) HORARIO.
A proba de adultos terá como hora de saída as 10:00 da mañá.
O control de chegada pecharase 60 minutos despois da hora de saída.
As probas de menores comezarán:
Xouba: 11:15 horas
Xurel: 11:25 horas
Ollomol: 11:40 horas
Chupete e biberón: 11:55 horas
3) A saída e a chegada estarán situadas na Praza da Granxa, na parroquia de Campelo (Poio).
4) INSCRICIÓNS.
A través da páxina web: www.carreirasgalegas.com (cubrindo o formulario de inscrición de
maneira individual cos datos persoais) ata o 20 de maio de 2026 ás 23:59 horas.
Non serán válidas as inscricións que non se teñan formalizado dentro dos prazos fixados.
Na proba absoluta poderán participar todos aqueles atletas que non se atopen sancionados
federativamente na data da competición.
No caso dos atletas estranxeiros, a súa participación axustarase ao reflectido na normativa da
R.F.E.A.
A cota de inscrición é gratuíta para todas as categorías.
5) RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS.
Os dorsais e chips poderanse recoller o día 24 de maio de 2026, de 9:00 a 9:50 h na Praza da
Granxa (lugar de saída da carreira).
No momento da retirada do dorsal poderase solicitar a presentación do xustificante de
inscrición e o D.N.I. do participante.
6) CATEGORÍAS:
Estableceranse as seguintes categorías tanto en categoría masculina como feminina:
• Chupete: nacidos en 2026, 2025 e 2024 – 100 metros (non competitiva)
• Biberón: nacidos en 2023, 2022 e 2021 – 200 metros (non competitiva)
• Categoría xouba: nacidos entre 2020 e 2017 – 400 metros
• Categoría xurel: nacidos entre 2016 e 2013 – 800 metros
• Categoría ollomol: nacidos entre 2012 e 2009 – 3000 metros
• Senior: nacidos entre 2008 e 1989 – 7500 metros
• Máster A: nacidos entre 1988 e 1977 – 7500 metros
• Máster B: nacidos en 1976 e anteriores – 7500 metros
• Categoría absoluta – 7500 metros
7) PREMIOS:
Outorgaranse por clasificación en orde de chegada a meta, separando a categoría masculina
e a categoría feminina.
Haberá premio para os tres primeiros de cada categoría desde a categoría xouba.
Tamén haberá premio para a primeira e o primeiro atleta local (empadroado en Poio) na
carreira absoluta.
Os premios non serán acumulativos (agás atleta local).
Os premios entregaranse na Praza da Granxa sobre as 12:20 horas (20 minutos despois do
peche de control).
Cool CLASIFICACIÓNS.
As clasificacións oficiais son competencia do xurado da proba. A carreira estará controlada
polo Comité Galego de Xuíces.
Será descualificado todo corredor que non complete o percorrido, circule por un lugar non
indicado para iso, non cumpra coas indicacións dos xuíces ou controladores, non leve o dorsal
no peito e o transpondedor (chip) correspondente, ou manifeste unha conduta inapropiada,
así como quen falsee datos identificativos.
Así mesmo, será descualificado calquera atleta que, sendo consciente da súa imposibilidade
de participar na proba, proporcione datos erróneos.
Para o non recollido neste regulamento seguiranse as normas da World Athletics, R.F.E.A. e
Federación Galega de Atletismo para as competicións de probas en ruta.
9) OUTRAS DISPOSICIÓNS.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización; nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcar ritmos aos participantes.
ASISTENCIA MÉDICA: A organización contará con servizos médicos e ambulancia na zona de
saída/meta. Os servizos médicos e o xuíz árbitro da competición están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifeste un mal estado físico durante o
desenvolvemento da mesma.

[ Go Back ]