Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Esgos
14/06/2026
11:00 - 13:30
[
Go Back
]
Descripción
XVIII CARREIRA SAN PEDRO DE ROCAS – ESGOS
Domingo, 14 de xuño de 2026
REGULAMENTO CARREIRA CURTA – CARREIRA LONGA
1. ORGANIZACIÓN
O Concello de Esgos coa colaboración da Federación Galega de Atletismo organiza o
domingo, 14 de xuño de 2026 a “XVIII Carreira San Pedro de Rocas Esgos” no que se
disputarán as seguintes probas:
XI Campionato Xunta de Galicia de Trail Running por Clubs Absoluto
II Campionato Xunta de Galicia de Trail Running por Clubs Promoción
XLIII Copa Deputación de Ourense de Atletismo – I ICampionato Provincial de Trail
Running
Absoluto – Máster – Sub23 – Sub20 – Sub18 – Sub16
XVIII Carreira San Pedro de Rocas – Esgos
PROBA POPULAR
2. SAÍDA/META – DISTANCIAS – HORARIO
2.1 Localización Saída - Meta
Casa do Concello de Esgos
2.2 Probas – Distancias – Horario
PROBA DISTANCIA DESNIVEL SAÍDA PECHE CONTROL
RUTA LONGA 17 Km +620 m. aprox. 11:00 13:30
RUTA CURTA 8,5 Km +370 m. aprox. 11:30 13:30
3. PARTICIPACIÓN – CATEGORÍAS
3.1 Participantes
Poderán participar nesta proba atletas populares e federados sempre que estean inscritos nos
prazos e formas establecidos ao efecto pola organización.
3.2 Categorías Ruta Longa
Homes – Mulleres:
Sub23 (nados/as 2004, 2005 e 2006)
Sénior (nados desde o 2003 ata os 34 anos)
Máster A (de 35 a 44 anos)
Máster B (de 45 a 54 anos)
Máster C (de 55 a 64 anos)
Máster D (+ de 65 anos)
Absoluta
3.3 Categorías Ruta Curta
Homes – Mulleres:
Sub16 (nados/as 2011 e 2012)
Sub18 (nados/as 2009 e 2010)
Sub20 (Nados/as 2007 e 2008)
Nados en 2006 e anteriores
Absoluta
4. INSCRICIÓN
4.1 Inscrición Federados
As inscricións dos deportistas federados realizaranse a través do sistema en liña da RFEA
4.2 Inscrición Populares
As inscricións dos deportistas populares realizaranse a través da web
https://carreirasgalegas.com/ ata as 23:59 horas do xoves, 11 de xuño de 2026.
Prezo de inscrición: 19€
A inscrición Popular da dereito a:
Participación na carreira
Camiseta conmemorativa
Avituallamento
Trofeo carreira popular
Premios carreira
Xantar ao remate das probas
Sorteos
5. RECOLLIDA DE DORSAIS
A recollida de dorsais realizarase o domingo, 14 de xuño de 2026 na carpa habilitada a tal
efecto na Praza da Souteira de Esgos dende as 08:30 horas.
6. XULGAMENTO DA COMPETICIÓN
6.1 Xulgamento da Competición
O carreira estará controlada polo Comité Galego de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
Todas as reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da proba ata 30
minutos despois da publicación dos resultados.
6.2 A proba rexerase polo regulamento do ranking galego de Trail Running en vigor.
7. PREMIOS
Entregaranse a partir das 13:30 horas
7.1 Premios Ruta Longa
Trofeo aos tres primeiros homes e mulleres das categorías Sub23 – Máster A – B – C – D e
Absoluta.
7.2 Premios Ruta Curta
Trofeo aos tres primeiros homes e mulleres das categorías Sub16 – Sub18 – Sub20 e Absoluta.
8. SERVIZOS MÉDICOS – SEGUROS
8.1 Servizos Médicos
A proba disporá dos servizos médicos recomendados pola FGA e de acordo coa lexislación
vixente.
8.2 Seguros
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa
do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento
latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén
quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde
o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se
expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da
participación no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais,
empregados e demais organizadores.
9. NORMATIVA
9.1 Aceptación do regulamento
Todas/os as/os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no
mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Organizador e polas normas da FGA, RFEA e
WA en vigor.
[
Go Back
]