Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Cariño
08/08/2026
10:00 - 11:00
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO. XVI CARREIRA POPULAR: CONCELLO DE CARIÑO
Artigo 1. Obxecto.
Con esta proba pretendese crear e fomentar un hábito de vida saudable entre a
poboación, abandonando o sedentarismo, previndo e reducindo a incidencia das súas
enfermidades asociadas, e ofrecendo a posibilidade de ocupar de forma saudable o seu
tempo de ocio.
Artigo 2. Organización e colaboración.
A proba denomínase XVI Carreira popular: Concello de Cariño está organizada polo
Servizo de Deportes do Concello de Cariño e colaboran ou patrocinan esta proba:
Eroski city, Arthros Fisioterapia e a Deputación da Coruña.
Celebrase o sábado 8 de agosto, dende as 10:00 ata 13:00 horas, coa saída no Paseo
marítimo de Cariño a altura da casa do concello e o recorrido é de 6200 metros (case 3 voltas
completas arredor do paseo marítimo). As categorías, horario estimado e distancias a recorrer
son as seguintes:
Adultos
• Senior M/F: Nados entre 1991 e 2008. Distancia: 6200 metros. Hora prevista de saída:
10.00 horas.
• Veterano/a A M/F: Nados entre 1976 e 1990. Distancia: 6200 metros. Hora prevista de
saída: 10.00 horas.
• Veterano/a B M/F: Nados en 1975 ou antes. Distancia: 6200 metros. Hora prevista de
saída: 10.00 horas.
Menores
O horario é estimado e as probas comezarán o rematar a proba anterior, podendo
adiantarse ou retrasarse, polo que se recomenda estar antes do horario marcado:
• Pitufos M/F: Nados entre 2022 e 2026. Distancia: 80 metros. Hora prevista de saída:
11.00 horas.
• Sub-8 M/F: Nados entre 2019 e 2021. Distancia: 200 metros. Hora prevista de saída:
11.10 horas.
• Sub-10 M/F: Nados entre 2017 e 2018. Distancia: 400 metros. Hora prevista de saída:
11.20 horas.
• Sub-14 M/F: Nados entre 2013 e 2016. Distancia: 800 metros. Hora prevista de saída:
11.35 horas.
• Sub-18 M/F: Nados entre 2009 e 2012. Distancia: 2000 metros. Hora prevista de saída:
11.50 horas.
Artigo 3. Premios.
Haberá categorías tanto masculinas como femininas e entregarase medallas ós
3 primeirosclasificados de cada proba (masculina e feminina). En caso de que algunha
categoría quedase con poucos participantes xuntarase con outra.
Entregarase unha medalla a cada participante das categorías de menores.
Artigo 4. Inscrición.
A inscrición é gratuíta e faise na páxina web de cronotec.es rematando o prazo ás
23:59 horas do luns 3 de agosto de 2026.
Os dorsais poderán retirarse o venres 7 de agosto, de 12:00 a 13:30 na casa do
concello de Cariño (servizo de deportes), ou o mesmo sábado no vestíbulo da casa do
concello de 9:20 a 9:50 horas.
Recoméndase a retirada do dorsal o día antes da proba, e chegar con antelación
suficiente para evitar colas de última hora o día da proba. Para a retirada do dorsal, todas
as persoas participantes deberán acreditar a súa identidade á hora de recoller o mesmo,
con calquera dos seguintes documentos oficiais: Maiores de 14 anos: DNI, ou outro
documento oficial, os/as menores de 14 anos: DNI ou libro de familia e do DNI do
pai/nai/titor/a.
Artigo 5. Normas de participación.
Para formar parte desta proba é necesario que todos os participantes acrediten a súa
identidade coa presentación do seu D.N.I. á hora de recoller o dorsal de cada proba.
O comité organizador resérvase o dereito de pechar as inscricións se as razóns
organizativas así o requirisen.
Todos os participantes na proba aceptan o seu regulamento e normativa, formalizando a súa
inscrición con todos os dereitos e obrigacións que lle corresponden. Así mesmo, no momento
da inscrición fan constar que non padecen ningunha enfermidade que lles incapacite para
a práctica de actividade física e deportiva. Do mesmo xeito aceptan que a organización
publique fotos, imaxes ou calquera outra información nas súas redes sociais e medios de
comunicación.
Para participar na proba é obrigatorio o correcto uso do dorsal e chip facilitado en
cada proba por persoal da organización. En caso de non realizar correctamente a
colocación do dorsal ou chip non se garantirá que o resultado sexa correcto.
Artigo 6.Normas de seguridade.
Nesta proba mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente
que os seus datos básicos sexan utilizados polo concello e por cronotec para a tramitación,
ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade
Civil.
En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode
exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición
mediante escrito ou correo electrónico ó Servizo de deportes do Concello de Cariño:
.davidfernandez@concellodecarino.gal .
A organización asegurará a provisión de bebidas aptas para a práctica deportiva na
meta e en puntos intermedios das probas. Os participantes poden ducharse no
polideportivo municipal que se atopa a 1 km da zona de chegada.
Artigo 7. Regulamento da proba.
1. As reclamacións referentes os resultados oficiais, deberán ser feitas verbalmente
ao xuíz árbitro, non máis tarde de 30 minutos despois de comunicarse
oficialmente os resultados.
2. “Será motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos: non
realizar todo o circuíto da carreira, non levar dorsal ou manipular este,
falsificar datos persoais, competir co dorsal o chip/s de outra/s persoa/s”.
3. “Os atletas con licenza federativa terán que aterse o regulamento de
Disciplina Deportiva en vigor”.
4. “Os atletas con licenza pola FGA deberán competir ca camiseta oficial do seu club”
5. “As persoas non inscritas oficialmente e que tomen parte da carreira a modo
particular, sen ser autorizadas polo organizador, non están amparadas polos
seguros da proba. E a organización non se fará responsable dos danos que
estás persoas podan causar o causarse”.
6. “Todo o non disposto na presente normativa rexerase polas normas de
Competición da FGA, RFEA e IAAF para a presente tempada, así como todo o
regulamentado por instancias superiores”.
[
Go Back
]