Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Carral
20/06/2026
12:00 - 13:20
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTACIÓN DA PROBA
1. Organización: A XXIII Maratón Popular de Carral está organizada pola Comisión de
Festas de Carral e o Concello de Carral, co obxectivo de promover unha actividade
deportiva aberta á participación cidadá e integrada dentro da programación local.
Esta proba enmárcase dentro das iniciativas de dinamización social e deportiva do
municipio, procurando a implicación da veciñanza e o reforzo da identidade colectiva arredor do deporte popular.
2. Data: A carreira celebrarase o vindeiro sábado 20 de xuño. O comezo está previsto
para as 11:00 h (carreira dos nenos/as) e ás 12:00 o percorrido absoluto.
3. As inscricións: realizaranse a través da páxina www.championchipnorte.com.
4. A organización facilitará un dorsal así como os medios para que estea visible durante toda a carreira. A entrega de dorsais terá lugar en The Style Outlet de Culleredo do 15 ao 19 de xuño dende ás 10.00 a 22.00 h, e o propio día da proba, o 20
de xuño, na mesa da organización entre as 9.00 e as 10.00 h, sempre de xeito
individual co DNI. Só serán considerados participantes, aqueles que realizaran inscrición correctamente e leven o dorsal visible en todo momento.
5. O PRAZO DE INSCRICIÓN INÍCIASE O 25 DE MAIO DE 2026 E FINALIZA O DÍA 12
DE XUÑO DE 2026 ÁS 23:59 HORAS. POR MOTIVOS ORGANIZATIVOS, NON SE
ADMITEN INSCRICIÓNS FÓRA DESTE PRAZO.
6. A liña de SAÍDA estará situada na rúa Víctor Velasco, e a de META estará situada no
Campo da Feira de Carral.
7. A organización establecerá as seguintes categorías e percorridos (tanto masculino coma feminino).
- Pitufo e prebenxamín (23-19), entre 3-7 anos→ 50-100 m → 11:00 h
- Benxamín (18/17), entre 8 e 9 anos → 900 m (aprox.) →11:15 h
- Alevín (16/15), entre 10 e 11 anos → 900 m (aprox.) → 11:15 h
- Infantil (14/13) entre 12 e 13 anos → 1.800 m (aprox.) → 11:30 h
- Cadete (12/10) entre 14 e 16 anos → 1.800 m (aprox.) → 11:30 h
- Xuvenil (09/07) entre 17 e 19 anos → 8.500 m→ 12:00 h
- Sénior (06/90) entre 20 e 36 anos → 8.500 m→ 12:00 h
- Veteranos (>1989) máis de 37 anos → 8.500 m→ 12:00 h
8. Todos os participantes deben respetar o entorno por onde transcorre a proba, quedando terminantemente prohibido tirar o lixo en todo o percorrido a excepción dos
contedores situados no punto de avituallamento e de inicio e final da ruta.
9. Medidas de seguridade. Na proba deportiva, contaremos coa policía local e coa
agrupación de voluntarios de Protección Civil de Carral nos cruces e puntos máis
complicados do percorrido. Noutros puntos destacados do mesmo estarán situados voluntarios e membros da organización que procurarán un desenrolo axeitado
da proba. Un vehículo da policía abrirá a carreira e outro de protección civil e a
ambulancia irán pechando a proba. Entre medias, outro vehículo membro da organización irá no “pelotón” para axudar se fose preciso aos corredores.
10.Responsabilidades e deberes dos participantes: Todos os participantes deberán atoparse en condicións físicas axeitadas para a práctica deportiva e asumirán
a responsabilidade derivada da súa participación.
Será obrigatorio respectar o percorrido establecido, así como as normas de convivencia e seguridade, mantendo unha actitude deportiva e respectuosa co resto de
participantes e coa organización.
Toda persoa que incumpra a normativa da carreira será retirada da clasificación
final.
Non se permite a participación na proba de persoas con patíns e bicicletas.
Tampouco se pode ir acompañados de mascotas.
Todos os participantes deben respetar o entorno por onde transcorre a proba
quedando terminante mente prohibido tirar o lixo en todo o percorrido a excepción
dos contedores situados no punto de avituallamento e de inicio e fina de ruta.
En todo momento débense respetar e acataranse as ordes e directrices da organización, non sobrepasando en ningún momento ó vehículo que abre a mesma, o
cal será obxecto de descalcificación inmediata.
11. Descualificacións. A organización da carreira poderá descualificar a calquera corredor que non realice o percorrido completo, que manipule o dorsal ou aquel corredor que manifeste un comportamento non deportivo ou sexa reiterativo nas protestas á organización .
12. O servizo de duchas estará habilitado no Complexo Deportivo de Carral
(43°13'43.13"N e 8°21'41.61"O).
13. A organización garante o pleno cumprimento da Lei Orgánica de protección de
Datos (LOPD), o inscrito queda informado e presta o seu consentimento para a incorporación dos seus datos ós ficheiros existentes na Organización o tratamento
dos mesmos para utilización en relación con xestións administrativas ou comerciais. Así mesmo , coa inscrición dá por feito que acepta que as imaxes nas que
apareza durante a celebración da proba e os seus momentos previos e posteriores
poda ser utilizada pola organización. O inscrito pode exercer o seu dereito , mediante escrito dirixida a organización ó acceso, rectificación ou cancelación dos
datos referidos con anterioridade.
14. A organización establecerá un punto de control e avituallamento ó longo do percorrido.
15. A organización premiará cun trofeo ao primeiro clasificado de cada categoría e aos
segundos e terceiros clasificados das categorías máis concorridas. Todos os participantes das categorías inferiores serán premiados con medalla.
16. A organización non se fai responsable dos accidentes, nos que puidera ser causa a
neglixencia dos participantes, así como os danos que estes puideran causar ou
causarse durante a realización da marcha.
17.Consellos para os participantes:
• Utiliza roupa e calzado cómodo; non estrees o día da proba.
• Con roupa de abrigo, fai un bo quecemento articular e muscular de forma
progresiva e ao rematar estira sobre todo os membros inferiores.
• Dosifica axeitadamente o teu esforzo. Se durante a carreira sentes algún
malestar (dores, cambras, fatiga extrema, etc), non debes continuar na
competición. Acode aos nosos servizos médicos.
• Unha vez rematada a carreira debes abrigarte rapidamente (cambiar a roupa
mollada) e realizar de novo exercicios de estiramento.
• Antes de comezar a proba deportiva, e recomendable que te sometas a un
recoñecemento médico que descarte calquera problema ou enfermidade
que poida limitar ou incapacitar a practica desta actividade deportiva. Se
padeces algunha lesión, enfermidade ou calquera outra dato relevante que
poida incidir na práctica, deberas indicalo na mesa da organización.
18. O feito de inscribirse implica a aceptación deste regulamento e o compromiso de
non adiantarse na saída, realizar o percorrido completo e respetar tanto ao resto
de participantes como ao persoal auxiliar da mesma.
(A organización resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias o
aconsellan avisando na medida do posible. O non recollido no regulamento resolverase
segundo o criterio da organización, sendo as súas decisións inapelables)
DATA E HORARIO DE CELEBRACIÓN
A proba deportiva celebrarase o 20 de xuño, en horario de 11:00 a 14:00 h.
- Está previsto que as categorías pitufo e prebenxamín comecen ás 11:00 h.
- As categorías benxamín e alevín comezarán ás 11:15 h.
- As categorías infantil e cadete farán o propio ás 11:30 h.
- As categorías xuvenil, sénior e veteranos iniciarán a súa proba ás 12:00 h.
DESENROLO DAS DIFERENTES CARREIRAS
Percorrido 8.500 m.- Esta proba (para xuvenís, sénior e veteranos), transcorre polo casco
urbano de Carral e por estradas da mesma localidade e de Culleredo. Partirá ao redor
das 12.00 h da rúa Víctor Velasco cara a rúa Belvís; dende aquí se dirixe a o lugar de
Cabrois pola CP 2105 ata o cruce de Castelo-Culleredo (pto. Km 4.9). Neste punto
enlázase coa estrada provincial CP-2103, pola que transcorreremos 200 m en
dirección a Tabeaio (Carral) antes de desviarnos pola estrada local que une Castelo
con Carral, pasando por Vilaverde e a Brexa. 2.3 Km despois, no pto. quilométrico 7.52
da proba, o percorrido desvíase pola rúa da Revolta para tornar á CP-2105, para
rematar no Campo da Feira de Carral. En total 8.500 metros é a distancia desta clásica
proba deportiva.
O tempo agardado para completar o percorrido polos gañadores estará entre 28 e 32
minutos, mentres que agardamos que os últimos marquen un tempo máximo de 50
minutos.
Percorrido 1.800 m.- Os infantís e cadetes recorrerán una distancia de 1.800 m partindo
dende a rúa Víctor Velasco, subindo pola rúa local de Belvís Paleo baixando despois pola
rúa da Fraga para voltar ao campo da Feira. Esta proba iniciarase sobre ás 11.30 h. Esta
proba deportiva, QUE TRANSCORRE INTEGRAMENTE POR CARRAL e por SUPERFICIES
ASFALTADAS, desenvolveras con tráfico pechado nas estradas da localidade. Aínda así,
tódolos puntos complicados do trazado estarán vixiados por axentes da policía local de
Carral, coa axuda de voluntarios e persoal de protección civil.
Percorridos 900 m.- O recorrido dos benxamíns e alevíns, transcorre integramente polo
casco urbano de Carral, partindo dende a rúa Víctor Velasco e rematando todos eles no
Campo da Feira. Esta proba comezará ás 11.15 h. Esta proba deportiva, QUE
TRANSCORRE INTEGRAMENTE POR CARRAL e por SUPERFICIES ASFALTADAS,
desenvolveras con tráfico pechado nas estradas da localidade. Aínda así, tódolos puntos
complicados do trazado estarán vixiados por axentes da policía local de Carral, coa axuda
de voluntarios e persoal de protección civil.
Percorridos 50-100 m.- Comezando ás 11.00 da mañá, o recorrido dos máis pequenos
(pitufo e prebenxamín) partirá dende a rúa Víctor Velasco subindo directamente polo
Campo da Feira. Esta proba deportiva, QUE TRANSCORRE INTEGRAMENTE POR CARRAL
e por SUPERFICIES ASFALTADAS, desenvolveras con tráfico pechado nas estradas da
localidade. Aínda así, tódolos puntos complicados do trazado estarán vixiados por axentes
da policía local de Carral, coa axuda de voluntarios e persoal de protección civil.
Durante o tránsito da proba deportiva, en tódolos recorridos, a estrada estará cortada ao
tráfico en todo momento por axentes da policía local de Carral, coa axuda de
voluntarios e persoal de protección civil de ambos concellos. Ao paso da carreira as
estradas iranse abrindo de novo ao tránsito de vehículos.
[
Go Back
]