Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Antas de Ulla
27/06/2026
19:30 - 21:00
[
Go Back
]
Descripción
III CARREIRA POPULAR E ANDAINA
“CENTROXEOGRÁFICODE GALICIA-ANTAS DE ULLA”
O próximo sábado 27 de xuño do 2026 a partir das 18:00 celebrarase a terceira edición da
Carreira Popular “CENTRO XEOGRÁFICO DE GALICIA-ANTAS DE ULLA”. Este evento está
coorganizado polo Concello de Antas de Ulla e o GDR Miño-Ulla e conta coa colaboración da
Secretaría Xeral para o Deporte e de colaboradores locais.
O programa do evento contará con competicións e distancias para todas as idades e categorías
aparte dunha andaina non competitiva, todas elas comezarán e rematarán na vila de Antas de
Ulla.
A proba absoluta conta cun trazado circular de 10km que combina asfalto e sendeiro de terra.
Discorre nun primeiro tramo con apenas desnivel, para continuar cun tramo de subidas e
baixadas pasando polo “Centro Xeográfico de Galicia”. Remata cunha baixada suave e
cómoda, prácticamente continua de 3,5 Km. Este circuito pensado para a superación e o
disfrute conta con amplias zonas de sombras ao longo dos 10 km.
As carreiras de menores discorren por trazado urbano de asfalto na súa totalidade.
Web : www.concellodeantas.org/web/
Facebook: https://www.facebook.com/concellodeantasdeulla/?locale=gl_ES
NORMAS DA CARREIRA:
1. CARACTERÍSTICAS:
• O percorrido da Absoluta 10K combina sendeiro de terra e asfalto, as
carreiras menoresson 100% asfalto e a andaina combina sendeiro de terra e
asfalto.
• AVITUALLAMENTO:
oAs persoas participantes na proba de 10 km terán 2 puntos intermedios na
carreira con avituallamiento líquido ( km 3,5 e km 7,5 ) o Porase a disposición
de tódolos corredores un avituallamiento sólido e líquido en meta, con froita,
auga e bebidas isotónicas.
oTamén se darán pinchos con produtos locais para tódolos participantes
despois da entrega de premios na Praza Nova.
• Os participantes contarán con colectores para o lixo próximos ás zonas de
avituallamiento. Aqueles que depositen residuos no chan poderán ser
descalificados pola organización, por comportamiento inadecuado durante a
proba, aínda que completaran o percorrido.
• O peche de control terá lugar 1 hora e 50 minutos despois da hora de saída da
10K.
• Todo o percorrido estará debidamente sinalizado e delimitado, e contará con
voluntarios que velarán pola seguridade dos corredores.
2. SERVIZOS AO CORREDOR:
• Haberá duchas e vestiarios a disposición dos participantes no pavillón
municipal situado na rúa Castro de Seoane.
• WC na praza Nova.
• Servicio de gardaroupa na Praza Nova.
• Seguro RC.
• Ambulancia con soporte vital básico con dous técnicos de emerxencias
sanitarias, médico e persoal socorrista terrestre se o precisan.
3. CATEGORÍAS E DISTANCIAS:
• 10k : 2008 e anteriores. 10 Km. Saída e meta na rúa Rodeiro.
• SUB 8: nados en 2019 e 2020. 300 m. Saída e meta na rúa Rodeiro.
• SUB 10: nados en 2017 e 2018. 500 m. Saída e meta na rúa Rodeiro.
• SUB 12: nados en 2015 e 2016. 500 m. Saída e meta na rúa Rodeiro.
• SUB 14: nados en 2013 e 2014. 750 m. Saída e meta na rúa Rodeiro.
• SUB 16/18: nados en 2009/2010/2011 e 2012. 1.000 m. Saída e de meta na
rúa Rodeiro.
• PITUFOS: nados en 2021 e posteriores. 150 m. Saída na rúa Rodeiro. NON
COMPETITIVA.
• ANDAINA: maiores de 6 anos. 5 Km. NON COMPETITIVA. Saída e chegada na
liña de meta rúa Rodeiro.
RECOMENDAMOS consultar RACEMAP en www.championchipnorte.com / https://xncircuitomioulla-7qb.es/
4. HORARIOS:
• PITUFOS -------------- 18:30 h
• SUB 8------------------ 18:40h
• SUB 10-----------------18:50 h.
• SUB 12-----------------19:00 h.
• SUB 14-----------------19:10 h.
• SUB 16/ SUB 18------ 19:20 h.
• 10K --------------------- 19:30 h.
• ANDAINA-------------- 19: 40 h.
5. PREMIOS E AGASALLOS
CATEGORÍAS DE MENORES:
Todos os participantesrecibirán unha medalla, e ostres primeiros atletas de cada categoría (SUB
8/SUB 10/ SUB12/ SUB14/ SUB16-18 ) terán a maiores trofeo e un agasallo.
PROBA 10 KM:
Ostres primeiros clasificados en cada categoría femenino e masculino, contarán con trofeo e un
lote de productos de proximidade do Concello de Antas de Ulla.
• CATEGORÍA ABSOLUTA (2008 e anteriores)
• SENIOR (de 18 a 34 anos)
• VETERÁNS 1 ( de 35 a 50 anos)
• VETERÁNS 2 (maiores de 50 anos)
PREMIO ESPECIAL:
Ao mellor atleta local masculino e femenino ( nados ou empadroados no Concello de Antas de
Ulla). Trofeo e un lote de produtos de proximidade do Concello de Antas de Ulla.
*OS PREMIOS NON SERÁN ACUMULATIVOS.
AGASALLOS: Haberá camiseta técnica conmemorativa da proba para os inscritos.
6. INSCRICIÓN:
• A inscrición para tódalas categorías e a andaina será de balde.
• O prazo de inscrición rematará o mércores 24 de xuño ás 23:59 horas.
• A inscrición realizarase a través de www.championchipnorte.com e
https://circuitomiñoulla.es
• A inscrición da dereito a participar na proba, agasallos, seguro RC da
organización e dos deportistas así como a facer uso dos servicios establecidos
pola organización para os participantes.
• Para realizar a inscrición correctamente será preciso facilitar tódolos datos
requeridos no procedemento de inscrición. A organización reservase o dereito
de non inscribir a quen non cubra correctamente os datos requeridos e polo
tanto non deixalo participar na proba.
• NON se inscribirán participantes fora de prazo.
7. CAMBIOS DE TITULAR:
Se finalmente non pode acudir á proba un atleta, poderá solicitar un cambio de titular
do seu dorsal ata o día 24 de xuño.
8. CRONOMETRAXE:
A proba estará controlada por CCNORTE, e disporá de control de saída e chegada na
liña de meta.
9. RECOLLIDA DE CHIPS E DORSAIS:
• Será preciso entregar o DNI ou copia/captura do mesmo para retirar o dorsal.
• Para recoller o dorsal poderase facer de xeito presencial:
o O día 26 de xuño no Concello de 9:00 a 15:00 h. ou pola tarde
chamando antes ao 630 501 914.
o O día 27 de xuño, día da carreira, na praza Nova dende as 16:00 ata as
18:00 horas para as carreiras de menores e ata as 18:50 para a 10K.
10. COLOCACIÓN DE DORSAIS:
Odorsal debe ir colocado con imperdibles ou outro sistema de suxeición á camiseta,sempre por
diante a altura do abdome e sempre á vista da organización da carreira.
11. MOTIVOS DE DESCALIFICACIÓN:
• Non acceder polo control de saída da proba ao percorrido.
• Non levar o dorsal visible ou levalo mal colocado.
• Non cumplir co tempo de peche de control.
• Saírse do percorrido reglamentario.
• Recortar o dorsal.
• Intercambiarse o dorsal ou o chip con outra persoa.
• Participar co dorsal doutra persoa.
• Non respectar asindicacións da organización e/ou os voluntarios.
• Conductas antideportivas con outros atletas ou a organización.
12. RECOMENDACIÓNS:
• Correr de forma responsable e saudable .
• Entrenamento adecuado para garantir así unha boa experiencia e poder
desfrutar do fermoso percorrido.
• Hidratarse e alimentarse adecuadamente antes, durante e despois do evento.
• En caso de atoparse mal,retirarse e alertar á persoa máis cercana.
• É recomendable someterse a un recoñecemento médico previo coa fin de
minimizar os riscos que entraña a realización de actividade física.
13. RECLAMACIÓNS:
Esta proba realízase con carácter popular e esprito deportivo polo que non terán cabida as
reclamacións.
14. ACEPTACIÓN DAS NORMAS
• Tódolos deportistas polo feito de inscribirse aceptan as normas na súa
totalidade.
• A inscripción en calquera categoría da carreira implica a autorización á posible
difusión da documentación visual que se recolla durante a celebración da
proba a través das canles da organización (rrss, webs, periódicos, etc)
• Aceptan recibir comunicacións oficiais da organización via mail/teléfono móbil
referentes á carreira (avisos, patrocinios, etc)
• Os inscritos participan voluntariamente e baixo a súa responsabilidade e
declaran estar nunha condición física suficiente para afrontar esta carreira,
comprométendose a facer o percorrido cos seus propios medios físicos
naturais, sen axuda de ningún outro tipo.
[
Go Back
]