Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Ordes - Oroso
05/07/2026
10:00 - 12:30
[
Go Back
]
Descripción
V MEDIA MARATÓN (21KM) E 10KM
CAMIÑO INGLÉS
DOMINGO 5 DE XULLO DO 2026
Camiño Real, nº11 - 1º Esquerda. 15888 Sigüeiro - Oroso
649 988 388 - sdcompostelatambrelengüelle@gmail.com
INFORMACIÓN XERAL
A Sociedade deportiva Compostela-Tambre-Lengüelle coa colaboración da Federación
Galega de Atletismo, organiza o domingo 5 de xullo a quinta edición da Carreira Camiño
Inglés, que constará de dúas probas:
1. A proba da media maratón (21 KM) partirá ás 10:00 horas desde a Igrexa de
Ardemil (Concello de Ordes) https://maps.app.goo.gl/XAEEDb24veJg3ZZ97
seguindo a ruta do Camiño Inglés.
2. Haberá outra proba de 10 KM que partirá tamén ás 10:20 horas de Ponte Pereira -
Área de Lecer de Os Carabelos (Concello de Ordes)
https://goo.gl/maps/awACwXDhV8A6ZSxT8?coh=178572&entry=tt seguindo a ruta
do Camiño Inglés.
A meta será para as dous probas a mesma, e estará situada ao carón da Piscina Municipal de
Sigüeiro, Camino Inglés 7, 15888 Sigueiro, Concello de Oroso. A Coruña
https://goo.gl/maps/vaLDsUtD6NB5MHVcA?coh=178572&entry=tt
REGULAMENTO
1. Data
A proba da media maratón (21KM) e a proba de 10KM, terán lugar o domingo 5 de xullo do
2026 na que poderán participar atletas federados e non federados que correrán (estes últimos)
coa licenza de día da Federación Galega de Atletismo.
2. Distancias e horarios
PROBA ABSOLUTA DE 21 KM
Esta proba absoluta (das categorías absoluta a senior) sairá a partir das 10:00 horas dende a
Igrexa de Ardemil (concello de Ordes), e seguirá un circuíto de 21KM ao longo da ruta do
Camiño Inglés, ata a piscina municipal de Sigüeiro (concello de Oroso).
Os participantes deberán situarse na liña de saída 15 minutos antes da hora prevista pola
organización para a súa saída para o comezo da carreira. Os únicos vehículos que poderán
seguir a proba serán os designados pola organización.
PROBA ABSOLUTA DE 10 KM
Esta proba absoluta (das categorías absoluta a senior) sairá a partir das 10:20 horas dende
Ponte Pereira (Concello de Ordes), e seguirá un circuíto de 10 KM ao longo da ruta do
Camiño Inglés, ata a piscina municipal de Sigüeiro (Concello de Oroso).
Os participantes deberán situarse na liña de saída 15 minutos antes da hora prevista pola
organización para a súa saída para o comezo da carreira. Os únicos vehículos que poderán
seguir a proba serán os designados pola organización.
3. Control técnico da carreira
A carreira estará controlada polo comité Galego de Xuíces da Federación Galega de
Atletismo e formará parte do seu calendario oficial de probas en ruta.
4. Sistema de cronometraxe
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips en todas as probas.
Haberá puntos de control de chips ao longo do percorrido. As persoas participantes que non
cumpran co paso por todos os puntos de control serán descalificadas.
5. Utilización de medios físicos naturais
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen
axudas materiais de ningún tipo.
Non está permitido o acompañamento por ningún vehículo alleo á organización, nin
bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan acompañar, avituallar ou
marcarlles ritmos ás persoas participantes. Ao mesmo tempo, non se permite a participación
con coches ou cadeiras de bebés, nin correr acompañados destes en ningún momento, así
como tampouco está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en
ningún momento.
Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa
participante.
6. Descalificacións
Os membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba ao/a atleta que
manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle
requira, aos/as participantes que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección
Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
Os/as xuíces/xuízas da proba terán a facultade de descualificar ao/a infractor/a que non leve
visible o seu dorsal, que o manipule e/ou ceda a outro, altere os datos facilitados á
organización con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o
percorrido, ou incumpra calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA, WA.
As persoas corredoras descalificadas non terán opción a premios.
7. Peche de control da carreira
O tempo de realización máxima da carreira de 21 KM será 2 horas 30 minutos. O tempo de
realización máxima da carreira de 10 KM será de 1 hora e 30 minutos.
Ao cumprirse este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e
trasladarse á zona peonil. Consideraráselles “fóra de carreira” e non figurarán nas
clasificacións. Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva responsabilidade,
debendo cumprir en todo momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria.
CATEGORÍAS E INSCRICIÓNS
8. Categorías de competición probas 21KM e 10KM
Senior M/F de 18 anos cumpridos o día da proba ata master 1
Máster 1 M/F de 35 a 44 anos cumpridos o día da proba
Máster 2 M/F de 45 a 54 anos cumpridos o día da proba
Máster 3 M/F de 55 a 64 anos cumpridos o día da proba
Master 4 M/F De 65 anos e superiores
Absoluta M/F Calquera das categorías anteriores
9. Inscrición e cota
a) Realizarase en liña a través da pasarela de pagamento inserida na páxina web da
Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com.
Cota e prazos de inscrición:
Prazo ordinario: ata o 1 de xullo ás 23:59 horas na proba de 21KM será de: 20 €
Prazo ordinario: ata o 1 de xullo ás 23:59 horas na proba de 10KM será de: 10 €
SERVIZOS A PARTICIPANTES
10. Entrega de dorsais
A entrega de dorsais realizarase o propio día 5 de xullo a partir das 08:00 horas, na liña de
meta ao carón da piscina municipal de Sigüeiro, e ata as 08:45 horas para as probas de
21KM e 10KM.
https://goo.gl/maps/vaLDsUtD6NB5MHVcA?coh=178572&entry=tt
11. Aseos
Haberá servizos (WC) na piscina municipal de Oroso nas inmediacións da zona de meta,
Camino Inglés 7, 15888 Sigueiro, concello de Oroso. A Coruña.
12. Servizo de autobuses para as probas de 21KM e 10KM
Os autobuses partirán dende a piscina municipal de Oroso nas inmediacións da zona de meta,
Camiño Inglés 7, 15888 Sigueiro, Concello de Oroso, cunha frecuencia de 15 minutos a partir
das 8:15 horas en dirección á zona de saída da carreira de 10KM e 21KM.
Para a carreira de 21KM a derradeira saída será ás 09:00 horas.
Para a carreira de 10KM a derradeira saída será ás 09:15 horas.
13. Avituallamentos
Na proba de 21 KM estabeceranse 4 puntos de avituallamento:
KM 5 - líquido
KM 10 - sólido e líquido
KM 15 - líquido
Meta sólido e líquido
Na proba de 10 KM estabeceranse 2 puntos de avituallamento
KM 5 - líquido
Meta sólido e líquido.
14. Servizos médicos
A proba dispoñerá dos servizos médicos recomendados pola FGA e de acordo coa lexislación
vixente, así como de ambulancia. De outra banda, disporase de servizo de masaxistas para
aqueles que sofran algún percance muscular.
15. Clasificacións e reclamación
Publicaranse na páxina web www.carreirasgalegas.com.
As reclamacións ós resultados oficiais deberán formularse verbalmente ó xuíz árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos. Todo o non
previsto no presente regulamento, resolverase de acordo cos regulamentos da FGA, e RFEA
en vigor.
16. Premios
A entrega de premios celebrarase na zona de meta ás 13:00 horas aproximadamente.
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba de 21 KM recibirán un trofeo e un premio
económico de 150 € (1º posto) / 100 € (2º posto) / 50 € (3º posto)
- Os 3 primeiros/as clasificados/as da proba de 10 KM recibirán un trofeo e un premio
económico de 150 € (1º posto) / 100 € (2º posto) / 50 € (3º posto)
- Os tres primeiros clasificados/as de cada categoría da proba de 21 KM e da proba de 10 KM
establecida neste regulamento recibirán un agasallo
Premios non acumulativos.
Premios a clubs
Daranse premios económicos a clubs federados. Para que un equipo teña clasificación terán
que rematar a proba como mínimo 5 corredores na 21KM e 5 corredores na 10KM do mesmo
club. Os clubs poderán ser mixtos.
Para confeccionar a clasificación terase en conta a puntuación dos 5 primeiros corredores de
cada club na 10KM e dos 5 primeiros corredores de cada club na 21KM.
Así mesmo, no caso de empate será vencedor o equipo que chegase de primeiro no quinto
posto da carreira de 21KM.
1º Club: Trofeo e premio económico de 150,00 €
2º Club: Trofeo e premio económico de 100,00 €
3º Club: Trofeo e premio económico de 50,00 €
17. Vestiarios, duchas, gardarroupa, servizo de quiromasaxistas
Estarán a disposición dos/as participantes os vestiarios e duchas preto da zona de meta
(haberá carteis e anunciarase por megafonía o lugar exacto das mesmas), e o gardarroupa na
saída da proba de 21KM e 10KM respectivamente.
Servizo de quiromasaxistas na zona de meta da Escola Europea Parasanitaria.
[
Go Back
]