Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
As Pontes
12/07/2026
10:45 - 11:45
[
Go Back
]
Descripción
IV CARREIRA - ANDAINA SOLIDARIA AS PONTES
CONTIGO
REGULAMENTO XERAL
ARTIGO 1 - PRESENTACIÓN
A Xanela, asociación de persoas con diversidade funcional e/ou maiores, entidade
libre, independente, de carácter voluntario e sen ánimo de lucro, organiza a IV
Carreira-Andaina Solidaria As Pontes Contigo, que se celebrará o vindeiro 12 de xullo.
A proba conta coa colaboración do Concello de As Pontes de García Rodríguez e do
Clube de Atletismo Olympo.
O circuito será urbano, cunha distancia aproximada de 1,8 km. Os horarios de saída e o
trazado concreto estarán condicionados pola proba e a categoría na que participe cada
persoa.
ARTIGO 2 - CIRCUITO
A proba contará cun circuito pechado ao tráfico de aproximadamente de 5,4 km, que
transcorrerá maioritariamente por asfalto. A organización encargarase de que a ruta
estea debidamente sinalizada, co fin de garantir a seguridade e a correcta orientación
das persoas participantes, aínda que o circuíto non estará homologado oficialmente.
No caso da andaina, a distancia será de aproximadamente 1,8 km, tamén por
percorrido urbano sinalizado pola organización.
Queda prohibido utilizar como zona de carreira beirarrúas, glorietas, zonas
axardinadas ou calquera outro espazo que non forme parte do percorrido sinalizado.
Só se poderán empregar as zonas marcadas como circuíto. O incumprimento total ou
parcial desta norma, así como recortar o trazado oficial, poderá implicar a
descualificación das persoas infractoras.
A organización resérvase o dereito de modificar o percorrido por causas alleas á
mesma e/ou por motivos de forza maior.
ARTIGO 3 - INSCRIPCIÓN
O prezo da inscrición será de 8 euros para a carreira e de 5 euros para a andaina.
A participación na carreira será de balde para a categoría biberón e terá un custo de 3
euros para o resto de categorías escolares. No caso da andaina, a participación será
gratuita para as crianzas menores de 5 anos cumpridos no día do evento.
O prazo de inscrición estará aberto desde a publicación do presente regulamento ata
o venres 10 de xullo de 2026 ás 12:00 horas a través da seguinte páxina web:
www.carreirasgalegas.com
Tamén será posible realizar a inscrición de maneira presencial na sede da asociación A
Xanela (Rúa A Xanela s/n, As Pontes de García Rodríguez, A Coruña) ata as 15:00 horas
do venres 10 de xullo de 2026.
Ademais, permitirase a inscrición presencial o propio día da proba, o domingo 12 de
xullo, na Rúa 8 de Marzo, ata 15 minutos antes do inicio da proba, sempre que
queden dorsais dispoñibles.
Dado o carácter solidario da carreira-andaina, establécese tamén a posibilidade de
colaborar mediante a “fila cero”, destinada a todas aquelas persoas que, sen participar
na carreira nin na andaina, desexen realizar unha achega solidaria.
A recadación obtida nesta edición destinarase ao apoio das actividades e proxectos
que desenvolve a asociación A Xanela, orientados a mellorar a calidade de vida das
persoas maiores e das persoas con diversidade funcional, así como das súas familias e
da comunidade. Os dorsais solidarios de fila cero estarán dispoñibles ata o propio día
da proba.
Para formalizar a inscrición será obrigatorio facilitar os seguintes datos: nome,
apelidos, NIF ou pasaporte, data completa de nacemento, xénero e teléfono de
contacto. Non se aceptará ningunha inscrición na que falte algún destes datos.
*A organización poderá prescindir de aqueles servizos que considere debido a
problemas de causa maior.
ARTIGO 4 – CATEGORÍAS
BIBERÓN (2019-ACTUALIDADE)
SUB 12 (2018-2015)
SUB 16 (2014-2011)
ABSOLUTA (2010 E ANTERIORES)
ARTIGO 5 – DISTANCIAS E HORARIOS
BIBERÓN: 150 metros aprox.: 10:35
SUB 12: 1000 metros aprox. (3 voltas): 10:20 horas.
SUB 16: 1800 metros aprox. (5 voltas) : 10:00 horas.
ABSOLUTA: 5,4 metros aprox. (3 voltas): 10:45.
ANDAINA: 1,8 aprox (1 volta): Saída xusto despois da carreira absoluta.
ARTIGO 6 - SERVIZOS
A proba contará cos servizos médicos recomendados para garantir a seguridade de
todas as persoas participantes.
Haberá avituallamento ao finalizar a carreira e andaina.
A organización tamén ofrecerá un servizo de duchas, dispoñible para todas as persoas
participantes que desexen utilizalo.
Recoméndase a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal
cos seguintes datos:
Nome e apelidos
Datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias, enfermidades crónicas,
tratamentos específicos, etc.)
Teléfono/s e contacto/s en caso de emerxencia
A organización resérvase o dereito de modificar ou suprimir calquera destes servizos
por causas alleas ou de forza maior.
ARTIGO 7 - PREMIOS
Nesta edición da proba non haberá premios por clasificación.
Todas as crianzas participantes recibirán un agasallo conmemorativo pola súa
participación.
Así mesmo, realizarase un sorteo de varios agasallos entre as persoas participantes
tanto na carreira como na andaina, empregando como referencia o número de dorsal
asignado. O sorteo levarase a cabo ao remate da proba, logo da chegada da andaina.
Ademais, as primeiras 200 persoas inscritas recibirán unha camiseta de agasallo. Non
se reservarán tallas. A camiseta poderá recollerse na sede da asociación en horario de
atención ao público, de luns a venres de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 18:30 horas,
unha vez formalizada a inscrición, ou ben o propio día do evento.
[
Go Back
]