Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Vigo - San Xoan
23/06/2026
21:00 - 22:10
[
Go Back
]
Descripción
XLII CARREIRA NOCTURNA DE SAN XOÁN
REGULAMENTO
1. Co patrocinio e colaboración da Concellería de Deportes do Concello de Vigo e a
Deputación de Pontevedra, a Agrupación Viguesa de Atletismo organiza a XLII Carrera
Nocturna de San Xoán, a celebrar o 23 de xuño de 2026 en Vigo.
Esta carreira está incluida no Circuito de Carreiras RUNRUN VIGO do Concello de Vigo.
2. A carreira dispútase nun circuíto urbán de aproximadamente 7,7 km con saída ás 21:00
dende a Praza do Rei, e co seguinte percorrido: Camelias, Romil, Pi i Margall, López Mora, Bar
Boo, Avda de A Coruña, Tomás A. Alonso, Paulino Freire, Beiramar, finalizando diante dos
soportais da praza do Berbés.
3. Poderán participar cantas persoas maiores de 14 anos o desexen estén ou non federadas.
As inscricións formalizaranse no sitio web de RUN RUNVIGO (http://runrunvigo.com) , ata o
20 de xuño ás 23:59 horas. Non se admitirán inscripcións o día da carreira.
4. A cuota de inscripción é de 12 €.
5. Os atletas participarán cos dorsais e chip que se entregarán o 23 de xuño na tenda
DECATHLON do Parque Comercial do Meixueiro en horario de 12:00 a 15:00, e o 23 de xuño
de 19:00 a 20:15 na Lonxa do Concello de Vigo (Praza do Rei). Non se entregarán
imperdibles, cada participante deberá traer os seus.
6. Concederánse trofeos ós tres primeiros e primeiras clasificadas por cada unha das
seguintes categorías: tanto en homes como mulleres
Femininas Masculinas Ano de nacemento
F-0 M-0 Entre 2007-2011 (ambos incluídos)
F-1 M-1 Entre 1987-2006 (ambos incluídos)
F-2 M-2 Entre 1977-1986 (ambos incluídos)
F-3 M-3 Entre 1967-1976 (ambos incluídos)
F-4 M-4 Entre 1962-1966 (ambos incluídos)
F-5 M-5 1961 ou anteriores
7. PREMIOS:
A Organización entregará un xamón ó primeiro e á primeira da clasificación xeral, e unha
paletilla ós/ás primeiras/os de cada categoría agás os vencedores absolutos. Haberá un sorteo de
agasallos entre as/os participantes. Tamén haberá sardiñas asadas para as/os participantes ó
remate da carreira, recibindo estos/as un tícket á entrada en meta para dita sardiñada.
8. Colaboran neste evento; a Asociación de veciños do Casco Vello, Coca Cola, Cofradía de
pescadores San Francisco, Autoescolas Faro-Paso-Salaberri, Policía Local de Vigo, Fundación
VODEA, DECATHLON, Porto de Vigo, Frutas Sol, Balneario de Mondariz e Zunfer S.A..
9. A Organización ten contratado un seguro de accidentes para as/os participantes da proba.
[
Go Back
]