Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Folgoso do Courel
29/08/2026
10:00 - 14:00
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO
Artigo 1. Lugar de SAIDA E META de todas as probas:
As probas terán saída e meta desde a praza do Concello de Folgoso do Courel:
https://maps.app.goo.gl/pmpfHChCwYJZxXUy7
Artigo 2. Horarios e distancias.
O Courel Mountain Running terá os seguintes horarios e distancias:
HORA PROBA DISTANCIA DESNIVEL ANOS CATEGORÍA PRAZAS
10:00 h Longa 18,5 km 1550 m + 2008 e anteriores ABSOLUTA 400
11:00 h Curta 8 km 600 m + 2012 e anteriores
ABSOLUTA e
PROMOCIÓN 350
Tódolos deportistas deberán pasar por cámara de chamadas ata 10 minutos antes da saída. Os
participantes do Campionato de Galicia deberán de identificarse con DNI.
Dispoñeranse de caixóns de saída para cada proba sendo obrigatorio respectar os mesmos.
Artigo 3. Límite de prazas.
Establéces un límite de prazas máximo de 750 persoas atendendo á capacidade máxima
seguindo os criterios de protección do medio natural.
Non se admitirán inscricións fóra de prazo.
Artigo 4. Categorías de competición.
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA A CARREIRA DE MONTAÑA LONGA
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SENIOR MASC / FMNO De 2008 a 1987
MASTER 1 MASC / FMNO Nados entre 1986 e 1971
MASTER 2 MASC / FMNO Nados entre 1970 e anteriores
ABSOLUTA MASC / FMNO Calquera das categorías anteriores
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS CARREIRA DE MONTAÑA CURTA
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 20 2007 – 2008
SUB 18 2009 – 2010
SUB 16 2011 – 2012
SENIOR 2006 e anteriores
ABSOLUTA Calquera das categorías anteriores
Artigo 4.1 – RANKING GALEGO DE TRAIL RUNNING:
Os participantes nas distancias confluíntes co Campionato de Galicia bonificarán x10 a súa
puntuación no Ranking Galego segundo a súa posición absoluta en meta.
Proba Longa: Ranking Classic Absoluto, Sub23 e Másters
Proba Curta: Ranking Preclassic Sub 20, sub 18 e sub 16
Artigo 5. PARTICIPACIÓN E SEGURO / LICENZA DE DÍA
As probas estarán federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL
RUNNING, polo cal os deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo
seguro da súa correspondente licenza. Para o resto de participantes suscribirase un seguro
(licenza de día).
Artigo 6. DISTANCIAS, DESNIVEIS e TEMPOS MÁXIMOS DE REALIZACIÓN DA
PROBA NOS TRAILS E ANDAINA:
A partir do martes 1 de xullo a organización fará públicos tódolos tracks oficiais de
competición:
PROBA DISTANCIA DESNIVEL
POSITIVO HORA SAÍDA TEMPO
MÁXIMO
LONGA 18.5 km 1550 m. 10:00 h 4H
CURTA 8 km 600 m. 11:00 h 120’
6.1 As probas realizaranse en AUTOSUFICIENCIA segundo a normativa oficial de
World Athletics, que a FGA asume.
• A asistencia externa non está permitida e non haberá abastecementos na
carreira
• O/a participante SI poderá facer uso dos elementos naturais presentes no
percorrido sen poder abandonar o trazado do mesmo como por exemplo
fontes.
• En caso de meteoroloxía adversa a organización facilitará os recursos
necesarios para a correcta execución das probas.
Perfil Carreira de Montaña Longa
Perfil Carreira de Montaña Curta
Artigo 7. INSCRICIÓNS. PREZOS E PRAZOS
As inscricións realizaranse a través das páxinas web www.carreirasgalegas.com. As inscricións
a campionato realizaranse desde a intranet federativa nos prazos que recolla a circular da
competición. Para ter dereito ós servizos de carreira, postcarreira, sorteos, e otros premios e
obsequios da organización é requisito estar inscrito/a no evento popular.
APERTURA DE INSCRICIONS: venres 1 de maio de 2026
PECHE DE INSCRICIONS: mércores 26 de agosto de 2025 ás 23:59 h.
PREZOS DA INSCRICION:
✓ CARREIRA LONGA: 18 € (15 euros antes do 25 xuño)
✓ CARREIRA CURTA: 10 € (8 euros antes do 25 xuño)
Artigo 8. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais poderán recollerse nos seguintes puntos:
• Sábado 29 de agosto: a partir das 08:30 horas e ate 15 minutos antes do comenzo de
cada proba na secretaría da proba ubicada na saída/meta do evento diante do Concello.
https://maps.app.goo.gl/F95S2xgiFNh4rvwq7
Artigo 9. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse os seguintes premios e agasallos:
▪ Premios aos/as 3 primeiros/as clasificados de cada categoría establecida no
presente regulamento.
▪ Premios especiais LURBEL ós gañadores/as que batan o tempo establecido na web
www.trailrunning.gal (Publicarase o día 10 de xullo)
▪ AGASALLO especial para tódolos inscritos
▪ SORTEOS lurbel para tódolos inscritos en www.carreirasgalegas.com
▪ A entrega de premios realizarase a partir das 13:15 horas aproximadamente na
praza de disposición de meta, diante do Concello.
▪ Premios NON acumulativos.
Artigo 10.SERVIZO DE DUCHAS e VESTIARIOS
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas e vestiarios nas instalacións
habilitadas en colaboración co Albergue de Folgoso do Courel. Calquera ampliación ou
modificación do servizo será comunicada coa suficiente antelación.
Artigo 11. ABASTECEMENTOS
Non está permitido o abastecemento en carreira nin a asistencia externa, podendo
portar o participante o material necesario para a execución da mesma.
O uso de fontes naturais ou elementos propios do trazado por donde discorre a proba, sen
abandoar o mesmo si está permitido.
Artigo 12. MATERIAL OBRIGATORIO
O material estará revisado polo comité galego de xuíces, podendo facerse total ou
parcialmente en saída, meta ou durante o percorrido na cámara de chamadas.
O uso de auriculares ou elementos de igual índole non está permitido.
As penalizacións e descalificacións sobre o material obrigatorio serán as oficiais do
regulamento do Ranking Galego de Trailrunning.
*LISTAXE DE MATERIAL OBRIGATORIO:
Dorsal visible na parte frontal
Manta térmica
Teléfono móvil operativo (só proba longa)
Sistema de hidratación mínimo 250ml (só proba longa)
*LISTAXE DE MATERIAL RECOMENDADO:
Sistema de hidratación
Curtaventos ou chaqueta impermeable
Tubular ou gorra.
*IMPORTANTE: A organización publicará ata un máximo de 5 días antes o material
obrigatorio definitivo, podendo pasar o recomendado a ser obrigatorio en función da
meteoroloxía prevista ou ampliarse a capacidade mínima dos sistemas de hidratación.
Artigo 13. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
O Concello de Folgoso do Courel e a FGA publicarán a información de desprazamentos para
tódolos participantes facilitando os accesos a recollida de dorsais, saída, meta e zonas de
paso intermedias. Tamén se facilitará a información de transporte público.
A proba contará con seguimento en video en función da cobertura e a meteoroloxía
presentes.
O evento conta con proxecto de percorrido alternativo e plan de evacuación ante calquera
imprevisto, sendo obrigatorio cumplir as indicacións correspondentes por parte dos
participantes.
O plan de xestión de residuos e protección ambiental do Courel Mountain Running garantiza
un uso responsable do medio natural e a preservación do mesmo así como a correcta
distribución de calquera residuo ou material empregado para a realización do evento.
Artigo 14. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamación aos resultados oficiais realizaranse ao Xuiz Árbitro da Competición non máis
tarde de 30’despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e
WORLD ATHLETICS para probas de Mountain Running.
[
Go Back
]