Calendario
Ver carrera

Pontevedra

18/10/2026 11:00 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
GRAN FONDO CAIXABANK PONTEVEDRA 26
Máis info www.mmpontevedra.com / www.sgpontevedra.com
1. DATA E HORA
18 de outubro de 2026; 10:15 cativos, 10:30 h. 10 K., 10:35 Mini GF, 11:00 h. MM.
2. PARTICIPANTES
Persoas nadas no ano 2008 ou anteriores. Límites de participación: 300 menores,
700 10 K. e 1300 no medio maratón.
3. INSCRICIÓNS
En https://mmpontevedra.com/ cos seguintes períodos e prezos:
Prazo Inicio Fin € MM € 10K Desconto
desemprego
Primeiro 18/III 31/V 16 8 Si
Segundo 1/VI 30/IX 21 10 Si
Terceiro 1/X 11/X 30 15 Non
Tempo máximo de 01:10:00 para rematar o 10K. e 02:20:00 para rematar o Medio
Maratón sendo o límite de paso intermedio no último xiro de Corbaceiras (15K) en
01:39:00. A inscrición da carreira é persoal e intransferible, e non se devolverá o
importe da inscrición agás baixa médica documentada e enviada a
info@sgpontevedra.com antes das 23.59h do 17 de outubro. En caso contrario, non
se fará o reembolso.
No caso de que o/a deportista maior de idade que se inscriba como desempregado/a (ata o 30/09)
estivera en situación de desemprego o día da carreira, poderá participar de balde, agás o chip polo que
terá que pagar 2 €, devolvéndose a cota de participación polo mesmo sistema de pago. A persoa
beneficiaria terá que contar cun “Documento Acreditativo de Rexistro como Demandante de Emprego”
(D.A.R.D.E.) dun Servizo Público de Emprego en vigor ese día (que terá que presentar inescusablemente
ao recoller o seu dorsal). En caso da non presentación do documento acreditativo, non se lle devolverá
a cota de participación.
PROMOCIÓN INSCRICIÓN GRATUÍTA. Coa compra igual ou superior a 130€ na
tenda Miler Vintage Running Club na rúa Peregrina nº6 soto, en Pontevedra;
conseguirás a inscrición gratuíta na distancia desexada. Promoción válida ata 31 de
maio 2026.
4. PERCORRIDO DE RECOÑECEMENTO PREVIO.
A “quedada” para dar unha volta a todo o percorrido, será o venres 16/10/26 dende
a porta principal do Centro Galego de Tecnificación Deportiva.
5. ENTREGA DE DORSAIS E CHIPS.
OPCIÓN DATA LUGAR
1
Do 14/X ao 17/X
En horario de tenda
Tenda Miler
r/ Peregrina 6 soto, Pontevedra
2 18/X de 8:30 a 10:30 a.m. Só deportistas de fóra de Pontevedra no
Pavillón Universitario de Pontevedra
3*
SÓ INSCRICIÓNS DO 1º E 2º
PRAZO Do 09/X ao 17/X
En horario de tenda
Punto de recollida tendas locais.
(definidas na plataforma de inscrición)
*Aquel que seleccione a recollida de dorsal en punto de recollida, comprométese a recollelo nos prazos
establecidos e no lugar seleccionado na inscrición. Non se entregará o dorsal o día da carreira.
Máis info www.mmpontevedra.com / www.sgpontevedra.com
6. CAIXÓNS DE SAÍDA
Haberá dúas zonas preferentes reservadas para todos os participantes:
Medio Maratón 10K
XÉNERO TEMPO COR XÉNERO TEMPO COR
Masculino Menor
ou
igual a
01:20:00
Amarelo
Masculino Menor
ou
igual a
00:36:00
Vermello Feminino 01:42:00 Feminino 00:46:30
Masculino Maior
ou
igual a
01:20:01
Azul
Masculino Maior
ou
igual a
00:36:01
Verde Feminino 01:42:01 Feminino 00:46:31
Masculino Maior
ou
igual a
01:40:01
Branco Feminino 01:52:01
7. PERCORRIDO.
Circuíto HOMOLOGADO 21.097 metros para o medio maratón e de 10.000 metros
para o 10K.
8. PREMIOS.
A partir das 13:30 h. recibirán trofeo os/as tres primeiros/as clasificados/as
individuais da categoría ABSOLUTA masculina e feminina do medio maratón e do
10K.
Ademais, no medio maratón haberá medallas para os tres primeiros homes tres
primeiras mulleres das seguintes categorías:
Máster 1 Máster 2 Máster 3 Máster 4
Maiores de 35 Maiores de 40 Maiores de 50 Maiores de 60
Establécense os seguintes premios en metálico para a categoría absoluta do medio
maratón:
1º 2º 3º 4º 5º
ABSOL. Mas. e Fem. 300€ 200€ 150€ 100€ 50€
LOCAL Mas. e Fem. 100€ - - - -
Para ter opción aos premios en metálico é requisito imprescindible facer un tempo
igual ou inferior a 1h14´00” en homes e 1h30´00” en mulleres.
Poderán optar ao premio local atletas do concello de Pontevedra ou vencellados aos
Clubs federados do mesmo concello. Este premio non é acumulable, optando o/a
atleta polo premio de maior contía, cedendo o outro premio ao seguinte participante
que cumpra os requisitos.
9. SERVIZOS
Os participantes recibirán unha camiseta, dous puntos de avituallamento no
circuíto, unha bolsa de produtos alimenticios e bebida na meta; e contarán con
servizos de gardarroupa, duchas, fisioterapia, médico, ambulancia, etc.

[ Go Back ]