Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Malpica
26/09/2026
18:00 - 19:30
[
Go Back
]
Descripción
1.- FINALIDADE DA IX CARREIRA PEDESTRE DO CONCELLO DE MALPICA
SABADO 26 de SETEMBRO
O obxectivo da IX Carreira Pedestre do Concello de Malpica é fomentar a práctica de
actividade física e deportiva como medio para alcanzar unha vida máis saudable e segura.
Nesta competición poden participar todas aquelas persoas que o desexen.
DISTANCIAS E HORARIOS : Categorías de base
CATEGORÍA NADOS DISTANCIAS HORARIOS
Biberón
Masculino
2022 e posteriores 50 m
19:45 H
Feminino
Pitufo
Masculino
2019-2020-2021 100 m
19:40 H
Feminino
Sub 10
Masculino
2017-2018 740 m
19:30 H
Feminino
Cadete, Infantil e Alevín
CATEGORÍA NADOS DISTANCIAS HORARIOS
Sub 12
Masculino
2015-2016 2.000 m
18:05 H
Feminino
Sub 14
Masculino
2013-2014 2.000 m
18:05 H
Feminino
Sub 16
Masculino
2011-2012 2.000 m
18:05 H
Feminino
2K (carreira curta, categoría única)
CATEGORÍA NADOS DISTANCIAS HORARIOS
Proba 2k
Masculino
2010 (incluído) e anteriores 2.000 m
18:05 H
Feminino
10 K
CATEGORÍA NADOS DISTANCIAS HORARIOS
Sub 18
Masculino
2009-2010 10.000 m
18:00 H
Feminino
Senior
Masculino
2008-1992 10.000 m
18:00 H
Feminino
Máster 1
Masculino
1993-1976 10.000 m
18:00 H
Feminino
Máster 2
Masculino
Nados antes do 1977 10.000 m
18:00 H
Feminino
O conxunto das probas estará limitado a 500 atletas.
2.- PERCORRIDO
a) As Categoría Sub 10, Pitufo e Biberón terán as súas carreiras no paseo da praia.
A proba 10 K terá un tempo máximo de remate da proba 1h e 30´.
Percorrido: Saída dende a Praza de Anselmo Vilar Amigo (enfronte do Concello), Vila
Fano, Rúa do Porto, Peirao norte cara a lonxa e volta cara o Peirao sur, Vila Fano,
Guardia Pardines, Paseo da Praia, Rúa Canido, Cancela de Areas, Seaia, , Instituto
Urbano Lugrís, Estrada de Santo Hadrian ata a Capela, Camiño do Santo, Canido,
chegada no Paseo da Praia.
c) As proba Sub 12, Sub 14, Sub 16 e 2K terán un tempo máximo 20´.
Percorrido: Saída dende a Praza de Anselmo Vilar Amigo (enfronte do Concello), Vila
Fano, Rúa do Porto, Peirao norte cara a lonxa e volta cara o Peirao sur, Vila Fano,
Guardia Pardiñas, chegada no Paseo da Praia.
3.- NORMATIVA XERAL E DE SEGURIDADE
1. A carreira rexerase pola regulamentación de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade
Autónoma de Galicia, que establece os requisitos esixidos para a celebración de probas
deportivas na vía urbana (Real Decreto 1428/2003 do 21 de novembro, publicado no BOE
nº 306 do 23 de decembro de 2003 sobre a ocupación da vía pública; e o Real Decreto
849/1993 do 4 de xuño de 2003, sobre a contratación do seguro de responsabilidade civil e
de accidentes e a lei 10/2017 , de 27 de decembro, de espectáculos públicos e actividades
recreativas de Galicia).
2. Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia
directa do desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun
padecemento latente, imprudencia ou inobservancia das leis, da normativa da competición,
etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos polo desprazamento ao lugar da
competición ou desde o mesmo. A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso
que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda
responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse, á organización,
patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais organizadores. Coa
realización da inscrición, todo participante cede os seus dereitos de imaxe á organización,
que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección de Datos.
3. Así mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará de dúas
ambulancias e un médico no caso que non superen os 750 participantes.
A organización contará cunha ambulancia nas inmediacións da zona de saída/meta e outra
na metade do percorrido 10K.
4. A organización da proba resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así como
aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de seguridade.
5. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha alerta laranxa a proba
será suspendida automaticamente. Buscarase unha data axeitada para desenvolvela e non
se devolverán os cartos da inscrición.
6. Antes de inicio da proba 10K, a partir das 17:00h, estará habilitada a rúa Vila fano para o
quecemento. Os atletas que durante o transcurso da proba que circulen por fóra do espazo
delimitado polos vehículos de sinalización de inicio e fin de carreira, considéranse a todos
os efectos usuarios normais da vía. Pese a que a organización fará o máximo esforzo no
control do tráfico rodado, indicamos aos participantes a posibilidade que nalgún punto
poidan coincidir cunha circulación mínima de vehículos. Solicitamos que se extreme a
atención para mitigar posibles riscos.
7. Toda persoa que corra sen estar inscrita, farao baixo a súa responsabilidade e non poderá
participar de trofeos nin obsequios. Tampouco estará amparada polos seguros da proba.
8. Poderanse efectuar reclamacións ante o Xuíz Árbitro da proba. A participación é libre e
leva implícita a aceptación do Regulamento Xeral da proba.
9. O Concello de Malpica habilitará as oficinas municipais situadas na Casa do Concello, como
lugar onde se recollerán os dorsais e chips. Tamén habilitará o pavillón polideportivo
municipal para que todos os atletas que o desexen, unha vez rematada a súa proba, poidan
ducharse, estando aberto a partir das 18:30h ata as 21:00h.
10. Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola organización.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización;
nin bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar
ou marcar ritmos aos participantes.
11. @s participantes na proba recibirán unha camiseta cando recollan os seus dorsais e chips.
12. Terán avituallamento final todos os participantes e un líquido intermedio na carreira 10K.
13. Respetarase a talla da camisetas a todos aqueles que se inscriban con dez dias de
antelación.
Logo de cerrar as mesas de recollida de dorsais non se atendará ningunha reclamación
sobre as camisetas.
14. Descualificacións:
O servizo médico da competición e o xuíz árbitro da competición, están facultados para
retirar durante a proba a calquera atleta que manifeste un mal estado físico . durante o
desenvolvemento da mesma.
Todo atleta que non realice o percorrido completo.
O atleta que manifeste un comportamento non deportivo ou se reitere en protestas ante a
organización.
15. Todos os participantes, polo feito de inscribirse e tomar a saída na carreira, aceptan o
presente regulamento, e no caso de dúbida ou de xurdir algunha situación non prevista no
mesmo, resolverase de acordo ao que dispoña o Comité Organizador e polas normas da
FGA, RFEA e IAAF en vigor.
4.- UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos e naturais, sen
axudas externas físicas ou materiais de ningún tipo.
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo
á organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr
acompañados destes en ningún momento, coa única excepción dos carros de running*.
Tampouco está permitida a participación con animais, nin correr acompañados destes en
ningún momento.
*A participación con carro de running deberá estar xustificada únicamente para levar unha
persoa con discapacidade motora grave (que non lle permita á persoa con discapacidade
trasladarse polos seus propios medios físicos), entendendo nestes casos como participante
sempre a persoa que empurra o carro (dentro da categoría que lle corresponda), e non a
persoa que vai no carro. A inscrición desta persoa, que irá con dorsal sen chip, será gratuíta.
Para iso deberán contactar coa organización a través da páxina web
www.championchipnorte.com.
Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa
participante.
5.- DEREITOS DE IMAXE, USO DE DATOS E AUTORIZACIÓNS
Os deportistas inscritos comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación.
A solicitude de inscrición para os deportistas menores de idade deberá ir acompañada dunha
autorización paterna segundo o modelo establecido pola organización.
A realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que a
continuación se expoñen:
O atleta inscrito declara que está en bo estado físico e ten pasado os pertinentes
recoñecementos de saúde.
Calquera atleta con problemas médicos (alerxia, atencións especiais,...) deberá facelo
constar no reverso do dorsal da proba.
O atleta inscrito autoriza e acepta a publicación do seu nome e apelidos e a súa imaxe nas
clasificacións, medios de comunicación e internet,(…) para a promoción do deporte.
Calquera persoa inscrita poderá prohibir a utilización da súa imaxe previa solicitude
expresa por escrito.
6.- SISTEMA DE CRONOMETRAXE / CHIPS E RECOLLIDA DE DORSAIS
Será obrigatorio o uso de chip para tódalas carreiras agás as Categorías Pitufo e Biberón.
Para controlar a proba estableceranse controis de cronometraxe por chip (deberá ir suxeito
aos cordóns das zapatillas).
Será obrigatorio o uso de dorsal para todas as categorías (facilitado pola organización).
O atleta que non porte o chip nas carreiras non poderá entrar na clasificación da proba.
O atleta que non porte dorsal poderá ser descualificado se así o estima a dirección de
carreira.
O horario de apertura das mesas de recollida de dorsais será de 15:00 a 17:30 do día 26 de
setembro na casa do Concello de Malpica. Os dorsais e chips poderanse recoller ata 30
minutos antes do inicio da proba de 10K .
Os chips son persoais en intransferibles polo que a suplantación da personalidade dos
atletas, sancionarase coa expulsión da carreira do portador e do/a atleta suplantado,
anulando todos os dereitos adquiridos coa inscrición.
7.- INSCRICIÓNS
A inscrición, que será única por cada participante, realizarase a través da páxina web
www.championchipnorte.com data límite o Martes 22 de setembro ás 24h.
Cotas de inscrición:
A inscrición para as carreiras 10 K e 2K terá un custo de 5 € para aqueles corredores que
posúan chip, e de 6 € para aqueles corredores que deban alugar o chip. A inscrición dos
corredores das categorías de base (Biberón, Pitufo, sub 10, sub 12 e sub 14) será gratuíta.
1 € solidario. Por cada inscrito na carreira a organización doará 1 € á AECC.
As inscricións para os atletas menores de idade poderá realizarse a través da plataforma
championchip. A autorización paterna deberá imprimirse e ser presentada debidamente
cuberta e asinada á hora de recoller os dorsais. Dita autorización poderá ser descargada en
www.championchipnorte.com.
8.- CLASIFICACIÓNS E TROFEOS/MEDALLAS
Clasificacións das probas.
Nas carreiras de categorías de base
Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes nas probas.
Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das
categorías. Nas categorías Biberón e Pitufo recibirán medalla todos conforme vaian
entrando na meta.
Na carreira 2 K.
Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as nesta proba
que ten categoría única.
A entrega de medallas para os participantes nas probas 2K, sub 12, sub 14 e sub 16, será no
podium situado ó lado da Meta a partir das 18:15h, se o tempo o permite, e no suposto que
non fose así no Salón de plenos da casa do Concello de Malpica.
Na carreira 10 K.
Optan a esta clasificación todos os/as atletas participantes na proba.
Recibirán medalla e subirán ao podio os tres primeiros/as clasificados/as en cada unha das
categorías.
Recibiran trofeo os tres primeiros/as clasificados/as na proba 10K.
Recibiran trofeo o primeiro e primeira clasificado/a empadroado/a do Concello de
Malpica.
A entrega de trofeos e medallas para os participantes nas probas 10K e sub 10 será no podium
situado ó lado da Meta a partir das 20:00h, se o tempo o permite, e no suposto que non fose
así no Salón de plenos da casa do Concello de Malpica.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da FGA e mediante a súa inscrición o corredor
consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade para a
tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de
ruta. En todo caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode
exercer no futuro os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante
escrito ou correo electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A
Coruña.
O CONCELLO DE MALPICA DE BERGANTIÑOS, ORGANIZADOR DESTA CARREIRA APROVEITA A
OCASIÓN PARA AGRADECER A SÚA PARTICIPACIÓN.
[
Go Back
]