Calendario
Ver carrera

Lira

01/08/2026 19:50 - 21:10

[ Go Back ]

Descripción 1. DATOS XERAIS
A Asociación Cultural Canle, en colaboración co Concello de Carnota, Deputación da Coruña e co patrocinio
de Stolt Sea Farm, S.A., organiza o sábado 01 de agosto de 2026 a XXXI Carreira a Pé de Lira.
A competición está aberta á participación de persoas de todas as idades, tanto nenos/as como adultos/as, conforme
aos requisitos establecidos nas presentes bases.
2. CATEGORÍAS, ANOS DE NACEMENTO, HORARIOS E PREZOS
Categoría Ano de nacemento Distancia
(aprox.)
Horario de saída
(aprox.) Prezo
Pitufo (Mixta) 2019 e posteriores 200 m 18:30 h 3,00 €
Cativos I (Benxamín +
2º ano Prebenxamin) 2016 - 2018 400-600 m 18:40 h 3,00 €
Cativos II (Alevín +
Infantil) 2012 - 2015 1.500 m 19:00 h 3,00 €
Carreira 3.5k
(Cadete) 2010 e 2011 3.500 m 19:20 h 3,00 €
Carreira 3.5K
(Xuvenil* + Senior +
Veteranos)
2009 e anteriores 3.500 m 19:20 h 8,00 €
Carreira 8.5K
(Absoluta) 2009 e anteriores 8.500 m 19:50 h 8,00 €
Carreira 8.5K (M50) 1976 e anteriores 8.500 m 19:50 h 8,00 €
XXXI Carreira a Pé de Lira 2026 · Regulamento Oficial
Asociación Cultural Canle — Lira · Páx. 2 de 4
3. NORMATIVA XERAL
1. Control técnico: A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónica con chip e persoal técnico de
Champion Chip Norte en colaboración co comité organizador da A.C. Canle.
2. Saída e meta: A saída e a meta estarán situadas na zona de Mar de Lira, segundo o plano oficial da proba
publicado pola organización.
3. Seguridade Viaria: Os/as participantes deberán seguir en todo momento o percorrido sinalizado e as indicacións
do persoal da organización. Quen abandone o percorrido establecido ou circule fóra das zonas controladas pola
organización será considerado usuario normal da vía pública, asumindo integramente a súa responsabilidade.
4. Dorsais: O dorsal deberá colocarse de forma visible na parte dianteira do corpo durante toda a proba, sen
manipulalo, dobralo nin recortalo.
5. Descalificacións: Será descalificado/a calquera participante que non complete o percorrido oficial, non leve o
dorsal visible, participe sen chip (nas categorías onde sexa obrigatorio), mostre un comportamento antideportivo
ou non respecte as indicacións da organización.
6. Participación sen inscrición: Queda prohibida a participación de persoas non inscritas. Quen participe sen estar
oficialmente inscrito farao baixo a súa exclusiva responsabilidade e non estará cuberto polos seguros da proba nin
terá dereito a clasificación, premios ou agasallos.
7. Responsabilidade e seguro: A organización contará cos correspondentes seguros de responsabilidade civil e
accidentes conforme á normativa vixente. Cada participante toma parte na proba baixo a súa propia
responsabilidade, declarando atoparse en condicións físicas adecuadas para a súa realización.
8. Condición física e info. médica: Recoméndase comunicar á organización ou indicar no dorsal calquera
información médica relevante que poida ser necesaria en caso de emerxencia.
9. Atención médica: A organización disporá de servizo de ambulancia e persoal sanitario durante o
desenvolvemento da proba para atender as incidencias que poidan producirse.
10. Instalacións e servizos: A organización poderá habilitar servizos complementarios de gardarroupa, aseos e
duchas, que serán comunicados previamente ás persoas participantes.
11. Límite de participantes: Establécese un máximo de 500 participantes entre todas as categorías da proba.
12. Límite de tempo (Carreira 8,5K): O control de chegada pecharase 40 minutos despois da entrada en meta do
primeiro clasificado absoluto.
13. Avituallamento: Na carreira de 8,5 km haberá un punto de avituallamento líquido intermedio situado na zona
de Susiños, ademais do avituallamento final en meta.
14. Vehículos autorizados: Unicamente poderán seguir a proba os vehículos autorizados pola organización.
15. Retiradas: En caso de abandono da proba, a persoa participante deberá comunicalo o antes posible ao persoal
da organización.
16. Participación con animais: Non estará permitida a participación acompañada de animais durante o
desenvolvemento da proba.
17. Protección de datos (RGPD): En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 e da normativa vixente en
materia de protección de datos, os datos persoais facilitados serán tratados pola Asociación Cultural Canle coa
finalidade exclusiva de xestionar as inscricións, a cronometraxe, a clasificación e a seguridade da proba.
18. Dereitos de imaxe: A inscrición na proba implica a autorización para a captación e utilización de fotografías e
vídeos realizados durante o evento para a súa difusión en medios de comunicación, páxinas web e redes sociais
oficiais coa finalidade de promocionar a actividade deportiva.
XXXI Carreira a Pé de Lira 2026 · Regulamento Oficial
Asociación Cultural Canle — Lira · Páx. 3 de 4
19. Aceptación do regulamento: A participación na proba implica a aceptación íntegra do presente regulamento e
das decisións adoptadas pola organización para a súa correcta aplicación.
20. Modificacións e forza maior: A organización resérvase o dereito de modificar horarios, percorridos ou calquera
aspecto relacionado coa proba, así como de suspendela temporal ou definitivamente, cando existan causas de forza
maior, condicións meteorolóxicas adversas ou circunstancias que poidan comprometer a seguridade das persoas
participantes ou da organización.
4. INSCRICIÓNS
1. Plataforma de inscrición: Realizarase exclusivamente en liña a través da páxina oficial: https://ccnorte.com/
2. Prazo de inscrición: O prazo estará aberto ata o xoves 30 de xullo de 2026 ás 23:59 h ou ata completar o límite
de prazas. Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o propio día.
3. Custos de inscrición:
– Categorías nadas en 2010 e posteriores: 3,00 €
– Categorías nadas en 2009 e anteriores: 8,00 €
4. Datos obrigatorios: NIF/DNI, Nome e Apelidos, Data de Nacemento, Sexo, Teléfono e Correo Electrónico.
5. A inscrición inclúe a camiseta oficial do evento, ademáis do dorsal, auga e froita a modo de avituallamento.
6. Recollida de Dorsais: Entregaranse na carpa de Mar de Lira dende as 16:30 h (aprox.) do día da proba.
5. CLASIFICACIÓNS, PREMIOS E TROFEOS
* Os premios non son acumulativos. Os/as atletas que obteñan trofeo na Clasificación Xeral Absoluta quedarán
excluídos das clasificacións das súas respectivas categorías por idades a efectos de trofeos, correndo a quenda ao
seguinte clasificado/a
Categoría Premio Beneficiarios
Categorías Base — Pitufo e Cativos I (non competitivos)
Pitufo (Mixto) Medalla conmemorativa Para todos os participantes ao cruzar a meta
Cativos I Medalla conmemorativa Para todos os participantes ao cruzar a meta
Cativos II — Distinción por subcategoría para trofeos
Cativos II — Alevín (2014-
2015) 2 Trofeos 1º clasificado M e 1ª clasificada F
4 Medallas 2º e 3º clasificados de ambos sexos
Cativos II — Infantil
(2012-2013) 2 Trofeos 1º clasificado M e 1ª clasificada F
4 Medallas 2º e 3º clasificados de ambos sexos
Carreira 3.5K — Distinción por subcategoría para trofeos
3.5K — Cadete 2 Trofeos 1º clasificado M e 1ª clasificada F
4 Medallas 2º e 3º clasificados de ambos sexos
XXXI Carreira a Pé de Lira 2026 · Regulamento Oficial
Asociación Cultural Canle — Lira · Páx. 4 de 4
Categoría Premio Beneficiarios
3.5K — Xeral Absoluta
(Senior, Veteranos) 6 Trofeos
1º, 2º e 3º clasificados M e F (*Nota:
Categoría xuvenil non opta a trofeo en
modalidade 3.5K)
Carreira 8.5K
8.5K — Xeral Absoluta
(Xuvenil,Sénior,Veterano)
6 Trofeos 1º, 2º e 3º clasificados M e F
8.5K — Xuvenil 2 Trofeos 1º clasificado M e 1ª clasificada F
4 Medallas 2º e 3º clasificados de ambos sexos
8.5K — Veteranos M50 6 Trofeos 1º, 2º e 3º clasificados M e F (≥50 anos)
Premio Local
Mellor Liracho/a (8.5K
Absoluta) 2 Trofeos 1º corredor local M e 1ª corredora local F

[ Go Back ]