Calendario
Ver carrera

O Barco

13/09/2026 18:45 - 19:45

[ Go Back ]

Descripción O Concello de O Barco de Valdeorras, coa colaboración do clube Adas-Proinor de O Barco, a Federación
Galega de Atletismo e a Delegación da F.G.A en Valdeorras, organizan a XXXVIII Milla Urbana Festas do
Cristo 2026, de categoría nacional nas probas ABSOLUTAS FEMININA E MASCULINA e nas demais
categorías será do calendario autonómico, o vindeiro día 13 de setembro a partir das 18:00 h. no circuíto
do Paseo del Malecón de O Barco.
Proba oficial da R.F.E.A. e F.G.A
CIRCUÍTO

O circuíto consta dunha recta de 266 mts. , a que deberán dar un percorrido de ida e de volta, debendo dar
1, 2, o 3 voltas completas o mesmo, en función das idades dos participantes.
Circuíto homologado por la R.F.E.A. ubicase no Paseo de O Malecón de O Barco de Valdeorras.
INSCRICIÓNS
✓ As inscricións deberán estar no poder da organización antes do día 09 de Setembro de 2026.
Sendo as INSCRICIÓNS GRATUITAS.
✓ As inscricións para as carreiras se realizarán a través a web de:
( http://www.carreirasgalegas.com/ ) BUSCANDO A PROBA DENOMINADA XXXVIII MILLA URBANA DE O
BARCO.
✓ A inscrición dos atletas da comarca de Valdeorras poderase facer ata 1 hora antes do comezo da súa
proba.
✓ As inscricións dos neno-as menores de oito anos, Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16, poderase facer ata 60
minutos antes do comezo das probas, na propia secretaría da proba.
✓ As inscricións das Carreiras Absoluta Masculina coma Absoluta Feminina serán por rigorosa
invitación da organización.
PREGASE que se fagan as inscricións con anterioridade na paxina de carreiras galegas
RETIRADA DE DORSAIS
A retirada de dorsais realizarase no Teatro Lauro Olmo situado “Paseo do Malecón“ partir das 16:30 h
Ata 1h. antes do comezo da súa proba.
XXXVIII MILLA URBANA
“FESTAS DO CRISTO 2026” O BARCO
REGULAMENTO
1º.-Tódolos participantes terán asignado un dorsal, que irá situado no peito e terá que ser visible no
desenrolo da proba.
2º.-Faranse control de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá durante o
transcurso da proba polos cales terán que pasar os participantes para non ser descalificados.
3º.-As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 30 minutos despois
de comunicarse oficialmente os resultados.
4º.-Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da
carreira, manipular o dorsal, falsificar datos persoais.
5º.-Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír acepta o presente
regulamento.
6º.- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia o
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos
polo desprazamento; o lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no
percorrido de ningún vehículo axeno a organización, estando estes últimos debidamente identificados.
7º.- A organización dispoñerá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende 1/2 hora antes do comezo da
carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servicios médicos, están facultados para retirar da
carreira a calquera participante que manifestase un mal estado físico durante o desarrollo da mesma.
Asímesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na carreira un
recoñecemento de aptitude médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que impida a súa
participación.
8º.- O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
9º.-Todo o non previsto na presente normativa se rexerá polas normas de competición da FGA, RFEA e WA
para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e da RFEA, e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a
esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta. En todo
caso e tal como establece a lei de Protección de Datos, o interesado pode exercer no futuro os seus
dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo electrónico á
Federación Galega de Atletismo. Avda. de Glasgow 13 15008 A Coruña.
PREMIOS
✓ Recibiran trofeo os 1º, 2º e 3º das categorías Sub10, Sub12, Sub14, Sub16, Sub18/Sub20, Master ( na
categoría de Master establécense cinco categorías) e Popular, tanto masculino como feminino.
✓ Haberá trofeo o primeiro e a primeira de Valdeorras da categoría elite absoluta e tamén ós
gañadores da carreira d@s mais pequeniñ@s. (NENOS E NENAS DE 3 ANOS OU MENOS).
✓ Nas carreiras dos nenos e nenas menores de 8 anos, tod@s @s participantes recibirán un obsequio e
medalla conmemorativa, como mínimo hasta @s 20 primeir@s.
✓ Habera medallas como mínimo para @s 15 primeir@s das categorías Sub10, Sub12, Sub14 e Sub16.
✓ Tod@s @s participantes a partires da categoría Sub16 ata Master recibirán unha camiseta ou
obsequio conmemorativos.
✓ Tamén haberá un obsequio para @s primeir@s clasificados-as das carreiras Sub10, Sub12, Sub14 e
Sub16.
HORARIO
✓ As atletas da categoría SUB20/SUB18 feminina (con licencia nacional) correrán conxuntamente na
carreira Absoluta Feminina.
✓ As atletas SUB20/SUB18 feminina con licencia autonómica correran conxuntamente coa categoría
SUB 20/18 masculina
✓ As Carreiras Absoluta Masculina coma Absoluta Feminina serán por rigorosa invitación da
organización.

[ Go Back ]