Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
A Baña
27/09/2026
9:45 - 14:15
[
Go Back
]
Descripción
TRAIL DA BAÑA
O Clube BJ SPORTS TEAM organiza xunto co Concello Da Baña a IX edición do TRAIL DA BAÑA
2026 , o domingo 27 de setembro de 2026 a partir das 9.45 horas, constando de dúas pobas
de carreira oficiais para o Ranking Galego, puntuables como SERIE OURO.
A proba entra dentro da especialidade atlética do Trail Running e estará baixo o control
técnico do Comité Galego de Xuices da Federación Galega de Atletismo. En adultos
desputarase sobre 3 distancias de Trail: 28, 18 e 8 km aprox.; estando aberta a proba de 8 km
a categorías inferiores a partir de 14 anos cumpridos contando tamén cunha camiñada de 8
km aprox. parcialmente coincidente con esta última distancia
A proba rexirase polo seguinte regulamento:
Artigo 1. Lugar de SAIDA de todas as probas:
As probas terán a súa saída e chegada dende o Pavillón municipal de deportes
https://www.google.es/maps/search/pabellon+polideportivo+de+a+ba%C3%B1a/@42.9
607089,-8.7647751,17z?entry=ttu
Artigo 2. Horarios e distancias.
HORA PROBA DISTANCIA ANOS CATEGORÍA PRAZAS
09:45 h LONGO 28 km aprox. 2008 e anteriores ABSOLUTA 200
09:55 h MEDIO 18 km aprox. 2008 e anteriores ABSOLUTA
200
10:00 h CURTO 8 km aprox. 2012 e anteriores
ABSOLUTA E
PROMOCIÓN 200
10.05 h CAMIÑADA 8 km aprox. 2014 e anteriores
NON
COMPETITIVA
150
As distancias e desniveis exactos, así como os tracks de cada proba pubicaranse un mes
antes da data da proba, unha vez validados tódolos circuitos pola FGA.
Tódolos deportistas das probas de carreira deberán pasar por cámara de chamadas ata
5 minutos antes da saída. Será responsabilidade do deportista cumplir este horario.
Dispoñeranse de caixóns de saída para cada proba sendo obrigatorio respectar os
mesmos.
Artigo 3. Límite de prazas.
Establecerase, tal e como indica o cadro de horarios presente neste regulamento, un
límite de prazas en cada modalidade de Trail e Camiñada.
Unha vez se chegue a esas cifras na inscrición, percharase á mesma en cada carreira
programada.
Artigo 4. Categorías de competición.
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE TRAIL LONGO e TRAIL MEDIO
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SENIOR MASC / FMNO De 2008 ate Master
MASTER 1 MASC / FMNO Nados entre 1986 e 1971
MASTER 2 MASC / FMNO Nados entre 1970 e anteriores
ABSOLUTA MASC /
FMNO
Calquera das categorías anteriores
CATEGORÍAS INDIVIDUAIS PARA AS DISTANCIAS DE TRAIL CURO
CATEGORIA ANOS DE NACEMENTO
SUB 20 2007 – 2008
SUB 18 2009 – 2010
SUB 16 2011 – 2012
SENIOR 2006 e anteriores
ABSOLUTA Calquera das categorías anteriores
CAMIÑADA (NON COMPETITIVA): 2013 e anteriores.
Non se establecerán categorías de participación. Os menores de idade terán que ir
acompañados en todo momento por un adulto maior de 18 anos. A idade mínima de
participación será de 12 anos.
Artigo 4.1 – RANKING GALEGO DE TRAIL RUNNING:
Proba puntuable como SERIE OURO, bonificando X5 a puntuación obtida
RANKING DE CLUBS: PROBA puntuable para o Ranking de Clubs, sumándose a puntuación
individual, debendo finalizar 3 homes ou 3 mulleres na respectiva competición.
DISTANCIA 28K: Ranking Classic Sub 23, Absoluto e Master
DISTANCIA 28K: RANKING DE CLUBS ABSOLUTO
DISTANCIA 8K: Ranking Preclassic Sub 20, Sub18 e Sub 16.
DISTANCIA 8K: RANKING DE CLUBS PROMOCIÓN
Artigo 5. PARTICIPACIÓN E SEGURO / LICENZA DE DÍA
Nesta proba poderá participar calquera deportista sexa ou non federado. Todos os
participantes inscritos no prazo preciso correrán cunha licenza de día de Trail Running que
incluirá un seguro de accidentes deportivos e de responsabilidade civil. As probas estarán
federadas no deporte de atletismo na especialidade de TRAIL RUNNING, polo cal os
deportistas federados polo deporte do atletismo estarán cubertos polo seguro da súa
correspondente licenza. Para o resto de participantes suscribirase un seguro (licenza de día).
Artigo 6. DISTANCIAS, DESNIVEIS e TEMPOS MÁXIMOS DE REALIZACIÓN DA
PROBA NOS TRAILS E ANDAINA:
PROBA DISTANCIA TEMPO MÁXIMO
LONGO 28 km aprox.
4,5h
MEDIO 18 km aprox.
3h
CURTO 8 km aprox.
2h
Camiñada 8 km aprox.
3h
Tempo de corte: Establécese segundo a táboa anterior. A maiores, a organización determinará
e publicará na web oficial de inscricións da proba o lugar e tempo de corte nos puntos
intermedios de cada proba atendendo a criterios de proporcionalidade e seguridade dos
deportistas participantes.
As indicacións da organización respecto de tempos de corte, retiradas ou calquera situación
de diversa índole serán de obrigado cumprimento para tódolos participantes.
As andainas estarán auxiliadas por membros da organización no percorrido, e nunca se
poderá abandonar dito percorrido se non está autorizado polo responsable organizativo, xa
que hai partes comúns coas outras probas e pode xerar confusión ou accidentes.
É responsabilidade de cada participante seguir na ruta correcta da etapa, para o cal a
organización sinalará con todos os medios dispoñibles os enclaves conflictivos de cada unha
de las eserá motivo de descalificación non seguir o trazado designadoou saltarse os
controis de paso, así como detectar recortes no percorrido. A organización reservase a
posibilidade de cancelación por causa xustificada e tamén o cambio de datas e lugares de
celebración, o cal será sempre comunicado con antelación, salvo que se teña que suspender o
mesmo fin de semana por causas climatolóxicas ou xustificadas, neste último caso no habrá
dereito a devolución da inscrición.
Artigo 7. INSCRICIÓNS. PREZOS E PRAZOS
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com
APERTURA DE INSCRICIONS: mércores 15 de xullo de 2026 ás 14:00 h
PECHE DE INSCRICIONS: martes 22 de setembro de 2026 ás 23.59 h
PREZOS DA INSCRICION:
LONGO – 28K: 15 €
MEDIO – 18K :12 €
CURTO – 8K :10 €
ANDAINA: 5 €
Artigo 8. RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais retiraranse na secretaría da organización situada na Casa do Concello (Praza
do Concello, San Vicente) o día anterior á carreira (sábado, 26 de setembro) en horario
de 17:00 a 20:00 horas ou no mesmo día da carreira a partir das 08:15 ata media hora
antes da proba correspondente.
Artigo 9. PREMIOS E AGASALLOS
Estableceranse ademáis os seguintes premios e agasallos:
• Premios aos 3 primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida no presente
regulamento, a excepción do trail curto onde so hai premiación para sub -20, sub -18,
sub-16
• Premios aos 3 primeiros clubes federados da clasificación do Trail Longo.
• Premio ao clube máis numeroso no Trail (abrangue tódalas distancias competitivas).
• Premio aos primeiros/as clasificados/as como locais do Val de Barcala (Negreira – A
Baña)
Agasallo técnico pola súa participación tanto para os participantes no Trail como na Andaina
(poderán recollelo xunto o dorsal de competición)
▪ A entrega de premios realizarase a partir das 13:30 horas aproximadamente No
pavillón municipal de deportes unha vez validados os resultados polo Xuiz Árbitro
▪ Premios NON acumulativos.
Artigo 10.SERVIZO DE DUCHAS e VESTIARIOS
Porase a disposición dos participantes un servizo de duchas na instalación do pavillón de San
Vicente
https://www.google.es/maps/search/pabellon+polideportivo+de+a+ba%C3%B1a/@42.9
607089,-8.7647751,17z?entry=ttu
Artigo 11. ABASTECEMENTOS
Tanto os puntos de abastecemento como o percorrido serán publicados 1 mes antes da
celebración da proba
A asistencia externa a calquera deportista durante a competición non estará
permitida
As zonas de abastecemento estarán acotadas en inicio e fin. Non estará permitido
abandonar o abastecemento con ningún tipo de residuo do mesmo, incluídas as
posibles ‘codias’ de froita como poden ser mondas de plátano ou laranxa.
Artigo 12.- MATERIAL OBRIGATORIO
O material estará revisado polo comité galego de xuíces, podendo facerse total ou
parcialmente en saída, meta ou durante o percorrido.
O uso de auriculares ou elementos de igual índole non está permitido.
As penalizacións e descalificacións sobre o material obrigatorio serán as oficiais do
REGULAMENTO DO RANKING GALEGO DE TRAILRUNNING
*LISTAXE DE MATERIAL OBRIGATORIO:
Dorsal visible na parte frontal
Manta térmica
Teléfono móvil (operativo)
Sistema de hidratación (só Trail longo e medio)
*LISTAXE DE MATERIAL RECOMENDADO:
Curtaventos ou chaqueta impermeable
Chifre
*IMPORTANTE: A organización publicará ata un máximo de 5 días antes o material obrigatorio
definitivo, podendo pasar o recomendado a ser obrigatorio en función da meteoroloxía
prevista.
Artigo 13. INFORMACIÓN COMPLEMENTARIA
O Concello Da Baña publicará a información de accesos para tódolos participantes facilitando
os accesos a recollida de dorsais, saída, meta e zonas de paso intermedias. Tamén se facilitará
a información de transporte público.
O evento conta con proxecto de percorrido alternativo e plan de evacuación ante calquera
imprevisto, sendo obrigatorio cumplir as indicacións correspondentes por parte dos
participantes.
O plan de xestión de residuos e protección ambiental do Trail Da Baña garantiza un uso
responsable do medio natural e a preservación do mesmo así como a correcta distribución de
calquera residuo ou material empregado para a realización do evento.
Artigo 14. CONSIDERACIÓN FINAL
Esta proba pertence ao calendario oficial de probas da Federación Galega de Atletismo. As
reclamacións aos resultados oficiais realizaranse ao Xuiz Árbitro da Competición non máis
tarde de 30’despois da publicación dos mesmos.
Todo o non recollido no presente reglamento rexirase polas normas da FGA, RFEA e WORLD
ATHLETICS para probas de Trail Running.
[
Go Back
]