Calendario
Ver carrera

Villagarcía

01/08/2026 22:15 - 23:45

[ Go Back ]

Descripción 22ª EDICIÓN DA CARRERIA NOCTURNA CONCELLO DE VILAGARCÍA 2026
REGULAMENTO
Art.1.- A Fundación de Deportes organiza a XXII Edición da Carreira Nocturna Concello de
Vilagarcía o sábado 1 de agosto do 2026 baixo o control técnico da Federación Galega de
Atletismo, a través da súa delegación en Pontevedra.
Art. 2.- Esta proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e estará
controlada polo Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo. A proba absoluta será a
súa vez o XV Campionato Xunta de Galicia de 10 Km 2026.
Art. 3.- CATEGORÍAS , DISTANCIAS E HORARIOS DE SAÍDAS.
Poderán participar na mesma todas as persoas que queiran independentemente do sexo e idade,
segundo as categorías que a continuación se establecen, tanto masculina como feminina:
CATEGORÍA ANO DISTANCIAS SAÍDA
Sub 6 2021 e posteriores 100 m 20:45
Sub 8 2019 - 2020 500 m 21:00
Sub 10 2017 - 2018 500 m 21:15
Sub 12 2015 - 2016 1000 m 21:30
Sub 14 2013 - 2014 1000 m 21:40
Sub 16 2012 – 2011 1800 m 21:50 Sub 18 2009 – 2010
PROBA ABSOLUTA
Sub 20 2007 – 2008
10 KM 22:15 h
Sub 23 2004, 2005, 2006
Senior 2003 – 1990
Máster A 1989 – 1982
Máster B 1981 - 1972
Máster C 1971 e anteriores
De Sub 20 a
Máster
2008 e anteriores XV Campionato Xunta de
Galicia de 10 Km
22:15 h
As categorías da proba absoluta da tabra son para a proba popular, para o campionato galego a
Federación Galega de Atletismo estabrecerá as súas categorías.
As distancias das categorías de menores son orientativas. A distancia de 10 km será homologada
pola RFEA.
Art. 4.- LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída de todas as carreiras será dende Avenida da Mariña diante do auditorio municipal. O
circuíto estará homologado pola R.F.E.A. para a distancia de 10 km, e terá unha lonxitude total
de 5 km ao cal se completarán 2 voltas, sendo este urbano, asfaltado e pechado ao tráfico. Cada
quilómetro estará sinalizado visualmente.
Marcaránse as saídas en distintos puntos do percorrido en función da distancia que teña que
percorrer cada categoría.
O percorrido por onde vaise a levar a cabo a devandita carreira será polas seguintes rúas: Avda.
da Mariña, Avda. Rivero de Aguilar, Rúa Valle Inclán, Elipidio Villaverde e Avda. da Mariña.
Art. 5 .- INSCRICIÓN
As inscricións das probas populares poderanse realizar dende ás 16:00 horas do 08 de xullo do
presente ano na páxina web www.carreirasgalegas.com ata as 23:59 h do 29 de xullo.
A inscrición do XV Campionato Xunta de Galicia de 10 km en ruta absoluto, sub20, sub23, máster
e de clubs absoluto realizaranse (exclusivo para atletas federados) a través do sistema en liña
da RFEA na páxina https://atletismorfea.es/user/login-registro ata as 23:45 horas do luns 27 de
xullo.
A inscrición para a proba absoluta terá unha cota de inscrición de 5,00 € por participante. A
inscrición nas outras probas será gratuíta.
Unha vez transcorrido o prazo de inscrición non se fará ningún tipo de modificación, a cota de
inscrición só será devolta aos inscritos no caso de ausencia por motivos médicos xustificados. A
inscrición nas categorías de sub 6, sub 8, sub 10, sub 12, sub 14 e sub 16 e sub 18 será gratuíta
a través da web www.carreirasgalegas.com dende ás 12:00 h do 8 de xullo ata as 23:59 h do
28 de xullo.
Art. 6.- PREMIOS DA PROBA POPULAR
A entrega de trofeos realizarase a partir das 23:30 h. na zona de Saida-Meta no explanada do
Auditorio Municipal.
Todos os atletas premiados cumprirán estrictamente as indicacións da organización e os
protocolos establecidos para recoller os trofeos.
Os premios que se entregarán aos participantes da proba popular serán os seguintes:
 Medallas para todos os participantes das categorías sub 6, sub 8, sub 10, sub 12, sub 14
sub 16 e sub 18.
 Trofeo para os tres primeiros clasificados/as en cada categoría (masculino e feminina)
a partir da categoría sub8
 Trofeo para os tres primeros clasificados/as absolutos masculino e feminina,
 Trofeo para os tres clasificados locais masculino e femenina da proba absoluta.
 Trofeo para o/a deportista máis veterano/a.
 Camiseta conmemorativa aos participantes da proba absoluta.
 Os trofeos non son acumulativos, salvo os de mellores locais.
TODOS OS ATLETAS PARTICIPANTES NO CAMPIONATO XUNTA DE GALICIA NON
ENTRARÁN NA PREMIACIÓN DA PROBA POPULAR SE NON SE INSCRIBEN NA MESMA
NOTA: Os premios para o Campionato Galego serán os que establece a Federación
Galega de Atletismo na súa circular do campeonato:
https://atletismo.gal/circulares/0000/fga/125899/145-2026/
Art. 7.- RETIRADA DE DORSAIS E CHIPS
No Auditorio Municipal o día 31 de xullo de 19:00 a 21:00 horas e o día 1 de 11:00 a 13:30
horas e pola tarde dende ás 18:00 ata 45 minutos antes de cada proba por categoría, na
secretaría da organización.
A organización con antelación suficiente facilitará a cada participante as instrucións para a
recollida de dorsais e do desenvolvemento da proba no correo facilitado na inscrición e nos
soportes dixitais que a organización empregue para a promoción e información do evento.
Os dorsais-chips son persoais e intransferibles. Deberán levarse na parte anterior do corpo, de
xeito totalmente visible. Todo/a corredor/a que entre en meta sen este elemento será
automaticamente descualificado/a a criterio do xuíz árbitro da competición.
Art. 8.- DESCUALIFICACIÓNS
Serán descualificados/as sempre a criterio do xuíz árbitro da competición:
- Aqueles/as corredores/as que alteren os datos facilitados á organización con respecto
aos que figuran no seu D.N.I.
- Non realizar o percorrido completo.
- Non ter dorsal-chip, ou manipular a súa publicidade.
- Manifestar un comportamento antideportivo.
Na proba absoluta o control de chegada pecharase 23:45, quedando descualificados os que
entren a posteriori de ese tempo estipulado.
Non está permitido o acompañamento na proba de ningún vehículo alleo á organización. Nin
bicicletas, patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan acompañar, avituallar ou marcar
ritmos ós participantes. Asemade non se permite a participación con coches ou cadeiras de
nenos, nin correr acompañados destes en ningún momento.
Art. 9.- RECLAMACIÓNS.
As reclamacións ós resultados oficiais, deberán formularse verbalmente ó Xuiz Árbitro da
Competición non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos mesmos.
ART.10. CONDICIÓNS DE PARTICIPACIÓN.
As persoas participantes comprométense a aceptar estritamente o presente regulamento e
calquera posible modificación da proba, obrigada por causas alleas á vontade da organización. A
realización da inscrición implica ter lido, entendido e adquirido os compromisos que aquí se
expoñen:
- Exime de toda responsabilidade á organización que puidera derivar da súa participación no
evento (Exemplos: perda de obxectos persoais por roubo ou outras circunstancias, perigo de
lesión, agresións,...).
- Autoriza á organización para que trate automaticamente e con finalidade exclusivamente
deportiva, promocional ou comercial a utilización dos seus datos persoais e a súa imaxe en
publicacións, carteis, clasificacións,. para a promoción do evento. De acordo co que se
establece na Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, da Protección de Datos de Carácter
Persoal, o participante ten dereito de acceder a estes ficheiros co obxecto de rectificar ou cancelar
de xeito total ou parcial o seu contido.
Para facelo deberá solicitalo por escrito ó domicilio social C/ Praza Ravella Nº 1 C.P. 36.605
Vilagarcía de Arousa ou mediante correo electrónico a Fdeportes@vilagarcia.gal
A Organización resérvase o dereito de rexeitar calquera inscrición que non acepte os termos e
condicións que queden expostos no presente regulamento. En caso de dúbida, ou de xurdir
algunha situación non reflectida no mesmo, aceptarase o que dispoña a organización.
Art. 11.- SERVIZOS.
A proba contará cun seguro de Responsabilidade Civil de organizadores e un seguro de
accidentes deportivos para os participantes.
Asemade contarase co servizo de ambulancia medicalizada.
Disporase dun servizo de gardarroupa.
Disporase de duchas no auditorio municipal.

[ Go Back ]