Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Cabanas
02/08/2026
11:00 - 12:00
[
Go Back
]
Descripción
XXXII CROS POPULAR PIÑEIRAL DE CABANAS 2026
Domingo, 2 de agosto de 2026 Comezo das carreiras: 10.45 h
REGULAMENTO DA PROBA:
A) A inscrición será libre e gratuíta, agás para as categorías Sub-20 a Máster 4 e seguintes,
cuxos participantes deberán aboar 2 euros no momento da inscrición. Non se admitirán
inscricións fóra do prazo establecido.
Calquera comportamento antideportivo será sancionado coa descualificación.
C) A organización establecerá os controis que estime necesarios.
D) As reclamacións aosresultados oficiais deberán formularse verbalmente ao xuíz-árbitro da
competición, non máis tarde de 30 minutos despois da publicación dos resultados.
E) A organización farase cargo dosseguros da proba.
F) A organización resérvase o dereito de solicitar a acreditación da idade dos participantes.
G) Haberá trofeo unicamente para as persoas vencedoras absolutas das categorías masculina e
feminina.
As persoas vencedoras da clasificación absoluta xeral, tanto masculina como feminina, recibirán
ademais un vale intransferible para quedar a xantar na comida popular organizada con motivo da
proba.
As persoas participantes nas categorías de base (que correrán 300 e 100 metros, respectivamente)
recibirán, todas elas, unha medalla.
H) O inicio da proba será ás once da mañá, finalizando ástrece horas.
I) A proba está incluída no calendario oficial da Federación Galega de Atletismo.
J) A proba estará controlada polo “comité galego de xuíces”.
Oesbozo do percorrido farase público co anuncio da proba.
Opercorrido da proba será polo piñeiral e antigo campo de fútbol da Madalena.
Entre asmedidas de sinalización da proba e dispositivo de seguridade previstos, contarase coa
colaboración de Protección Civil de Cabanas.
A proba estará controlada por xuíces do Comité Galego de Atletismo.
A proba contará con unha unidade móbil de asistencia sanitaria.
Todo o persoal auxiliar e de control da proba estará identificado.
Todo o percorrido estará delimitado con cinta. Será integramente a nivel do mar e polo interior do
piñeiral. Non haberá ningunha pendente, aínda que é posible encontrarse con zonas de area.
As inscricións poderanse efectuar a través do sistema online na páxina da Federación Galega de
Atletismo ou en www.carreirasgalegas.com. Para máis información pódese escribir a
deporte@cabanas.gal
A inscrición é libre e gratuíta para osmenores de 18 anos. As persoas participantes maiores de 18
anos terán un custo de inscrición de 2 €, que se aboará a través do mesmo sistema online no
momento de inscribirse.
O listado de persoasinscritasserá publicado na web de Carreiras Galegas e actualizada diariamente.
A inscrición pecharase o mércores 29 de xullo de 2026. Non se admitirá ningunha inscrición fóra de
prazo.
As diferentes distancias oscilarán entre os 1.000 e os 7.000 metros, dependendo das categorías
distribuídas segundo os grupos de idade.
As categoríasserán asseguintes (sendo iguais para MULLERES e HOMES):
CATEGORÍA IDADE DISTANCIA HORARIO
MENORES
Sub 12 e Sub 10 2015-16 e 2017-18 1.000 mts. (1 v.p*.) 10:45H
Sub 14 2013-2014 1.800 mts. (1 v.g*) 10:55H
Sub 16 2011-2012 3.600 mts. (2 v.g.*) 11:05H
Sub 18 2009-2010 3.600 mts. (2 v.g.*) 11:05 h
ABSOLUTA
Sub 20 2007-2008 7.000 mts. (4 v.g.*) 11:20 h
Sub 23 2004-2005-2006 7.000 mts. (4 v.g.*) 11:20 h
Sénior 1992-2003 7.000 mts. (4 v.g.*) 11:20 h
Master 1 1986-1991 7.000 mts. (4 v.g.*) 11:20 h
Master 2 1976-1985 7.000 mts. (4 v.g.*) 11:20 h
Master 3 1966-1975 7.000 mts. (4 v.g.*) 11:20 h
Master 4 e seguintes 1965 e
anteriores
7.000 mts. (4 v.g.*) 11:20 h
* v.p./ v.g. = volta pequena / volta grande
CATEGORÍAS ANOS DE NACEMENTO DISTANCIA HORARIO
Peques 2019-2020 300 mts. 12:10 h
Pitufos De 2021 e posteriores 100 mts. 12:15 h
Todas as persoas participantes, agás os peques e pitufos, levarán chip nos dorsais que lles
proporcionará a organización para o control da carreira.
ENTREGA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse desde as 9:00 horas, na zona de saída/meta.
A entrega de dorsais pecharase 1,5 horas(unha hora e media) antes do inicio de cada carreira,
segundo o horario de cada categoría:
CATEGORÍA HORARIO DA CARREIRA PECHEDE ENTREGADE
DORSAIS
Sub 12 e Sub 10 10:45 h 9:15 h
Sub 14 10:55 h 9:25 h
Sub 16 11:05 h 9:35 h
Sub23/Senior/master1/master2/master3/
master4 e seguintes
11:20 h 09:50 h
Peques 12:10 h 10:40 h
Pitufos 12:15 h 10:45 h
Non se entregarán dorsais unha vez pechado o prazo indicado para cada categoría.
ASISTENCIA MÉDICA E SEGUROS:
A organización contará con ambulancia na zona de saída/meta.
Os servizos médicos e a organización da competición están facultados para retirar da proba a
calquera participante quemanifeste unmal estado físico durante o desenvolvemento damesma.
Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e accidentes
deportivos, que cubrirá os accidentes que se produzan como consecuencia directa do
desenvolvemento da proba. Quedan excluídos os casos derivados dun padecimiento latente,
imprudencia ou inobservancia dasleis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos
os casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
[
Go Back
]