Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Cambados
07/08/2026
20:10 - 21:10
[
Go Back
]
Descripción
A MILLA E DOBLE MILLA URBANA DO ALBARIÑO CONCELLO DE
CAMBADOS, organizada pola Concellería de Deportes do Concello de Cambados e coa
colaboración do Cub Atletismo Cambados, celébrase o vindeiro venres 7 de agosto ás
19:00 horas, con saída e chegada no Paseo Marítimo de Cambados. A proba estará suxeita
ó seguinte:
REGULAMENTO XERAL
CATEGORÍAS MULLERES E HOMES, DISTANCIAS E HORARIOS
Prebenxamín. ano 2019 e posteriores 200 metros 19.00 h
Benxamín. anos 2017-2018 400 metros 19:10 h
Alevín. anos 2015-2016 800 metros 19:20 h
Infantil. anos 2013-2014 800 metros 19:30 h
Cadete. anos 2001-2012 1609 metros 19:40 h
Xuvenil. anos 2009-2010 1609 metros 19:50 h
Promesa-Sénior. anos 1992-2008 3218 metros 20:20 h
Veteranos A. anos 1977-1991 1609 metros 20:00 h
Veteranos B. anos 1976 e anteriores 1609 metros 20:10 h
Si algún corredor/a das categorías Veteranos A e B para homes e para mulleres quere
optar ós premios en metálico, deberá inscribirse na categoría Promesa- Sénior,
especificándoo no momento da inscrición.
Todo corredor/a que non entre na liña de meta co dorsal ben visible no peito para a súa
identificación, cometa algunha irregularidade ou non respete as indicacións dadas pola
organización, será automaticamente descualificado/a.
O percorrido estará indicado, controlado e cortado ó tráfico. A organización contará coa
colaboración dos organismos municipais competentes.
Contarase cun servizo de médico, auxiliares sanitarios e ambulancia e cos seguros de
responsabilidade civil e accidentes.
INSCRICIÓNS:
DATOS OBRIGATORIOS: NOME E APELIDOS, IDADE, SEXO E LOCALIDADE.
PREZO DA INSCRICIÓN: GRATUÍTA
RECOLLIDA DE DORSAIS
Realizarase o día da proba no PASEO MARÍTIMO DE CAMBADOS, a partir das 18:00
horas.
TROFEOS E PREMIOS
Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría.
Medallas para tódolos participantes das categorías Prebenxamín a Xuvenil.
Camisetas conmemorativas ata esgotar existencias.
PREMIOS EN METÁLICO PARA OS/AS CATRO PRIMEIROS/AS
CLASIFICADOS/AS DA CATEGORÍA PROMESA-SÉNIOR
Tanto para mulleres como homes
1º 250 €
2º 200 €
3º 125 €
4º 50 €
5º 25 €
Os premios en metálico, de darse o caso, estarán suxeitos ás obrigas tributarias.
ENTREGA DE PREMIOS
Poderase esixir o DNI, si a organización o solicitase ó recolle-lo premio.
Os gañadores dos premios en metálico, deberán firmar un xustificante de pago unha vez
recollan o premio.
A entrega de premios será no Paseo Marítimo de Cambados, unha vez rematadas tódalas
probas.
A Concellería de deportes do Concello de Cambados e o Club Atletismo Cambados non se
fan responsables dos danos morais ou materiais que a sí mesmos ou a outras persoas
ocasionen os participantes desta carreira, así coma das neglixencias ou imprudencias que
poidan cometer durante o seu transcurso.
Dado o carácter deportivo e popular da proba, non se admitirán reclamacións, esperando o
mellor espírito e comportamento deportivo de tódolos participantes. A organización
resérvase o dereito a modificar este regulamento se as circunstancias así o aconsellasen
(informando oportunamente), e o non recollido no mesmo resolverase según o criterio
técnico da mesma, sendo as súas decisións inapelables. A participación implica a total
aceptación deste regulamento.
Ao participar nesta proba, autorízase ao Concello de Cambados a utilización das imaxes
sacadas da mesma para a o seu uso en Redes Sociais.
[
Go Back
]