Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
A Pobra do Caramiñal
30/08/2026
11:30 - 12:40
[
Go Back
]
Descripción
XVII CARREIRA POPULAR CONCELLO DA POBRA DO CARAMIÑAL
XII CIRCUÍTO PROVINCIAL DE CARREIRAS POPULARES DEPUTACIÓN DA CORUÑA
O domingo 30 de agosto de 2026 terá lugar no concello da Pobra do Caramiñal a XVII
edición da Carreira Popular deste concello, organizada polo Concello da Pobra do
Caramiñal, a Asociación de Atletismo e Deportes do Barbanza e a Federación Galega de
Atletismo. Esta proba pertence pertence ó XII Circuíto Provincial de Carreiras Populares
da Deputación da Coruña.
As probas poderán disputalas tanto atletas federados/as en atletismo coma non
federados/as. Estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega
de Atletismo e seguirán o seguinte regulamento:
1.- CATEGORÍAS DE COMPETICIÓN:
As categorías de competición serán as seguintes:
SUB-6 2021-2022
SUB-8 2019-2020
SUB-10 2017-2018
SUB-12 2015-2016
SUB-14 2013-2014
SUB-16 2011-2012
SUB-18 2009-2010
SUB-20 2007-2008
SUB-23 2004-2005-2006
SENIOR H/M Nados/as de 2003 ata 1992
MASTER 1 H/M Nados/as de 1991 ata 1986
MASTER 2 H/M Nados/as de 1985 ata 1976
MASTER 3 H/M Nados/as de 1975 ata 1966
MASTER 4 H/M Nados/as antes do 1965
SAPATILLA INCLUSIVA H/M Categoría única absoluta para
persoas con diversidade funcional
2.- HORARIO DAS PROBAS:
HORA CATEGORÍA NADOS DISTANCIA
10.45 h SUB-10 2017-2018 650 m
11:00 h SUB-12 2015-2016 1200 m
11.15 h SUB-14 2013-2014 1850 m
11.30 h SUB-16 2011-2012 3900 m
(1º paso pola meta)
11.30 h SAPATILLA
INCLUSIVA -
3900 m
(1º paso pola meta)
11:30 h
SUB-18 – SUB-20 –
SUB-23 – SÉNIOR –
MÁSTER 1,2,3 e 4
2010 e anteriores 8000 m aprox.
(2 voltas ó circuíto)
12.45 h SUB-6 2021-2022 200 m
13.00 h SUB-8 2019-2020 400 m
13.30 h ENTREGA DE PREMIOS
3.- INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:
As inscricións realizaranse en liña (online) a través da páxina web
www.carreirasgalegas.com.
Os prezos de inscrición serán os seguintes:
▪ Sub-6, 8, 10, 12, 14, 16 e Sapatilla Inclusiva GRATUÍTA
▪ Persoas adultas (de sub-18 a máster) 8 €
INFORMACIÓN:
Para máis información poderán acudir ó Dpto. dos Deportes do Concello da Pobra do
Caramiñal, na casa da cultura e Xuventude Raquel Fernández Soler no horario de 9:30
h a 14:30 h.
Para información telefónica, 981 832 590 / 981 831 545 ou no teléfono móbil 619 229
946.
O PRAZO DE INSCRICIÓN PERMANECERÁ ABERTO ATA O XOVES
27 E AGOSTO ÁS 14.00 H
4.- RECOLLIDA DE DORSAIS:
Os dorsais de competición poderanse recoller na praza Maior da Pobra do Caramiñal ata
media hora antes do inicio de cada carreira.
5.- SAÍDA E CHEGADA DAS PROBAS:
A saída das probas estará situada na rúa Xerardo Fernández Albor (ubicación →
https://maps.app.goo.gl/y9yr8BitSTiqxRG27). A meta estará colocada no interior da
praza Alcalde Segundo Durán (https://maps.app.goo.gl/MG1a5tN4P6NBYkCZ6).
PERCORRIDO: Rúa Fdez. Albor, peirao comercial, aparcadoiro Díaz de Rábago, rúa Anxo
Rei Ballesteros, rúa Castelao, rúa da Ponte, rúa Gavoteira, rúa Luís Seoane, paseo dos
Areos, rúa Venecia, ponte de Santo Antonio, paseo dos Areos, rúa Anxo Rei Ballesteros,
rúa Fdez. Albor e meta na praza Alcalde Segundo Durán.
6.- PREMIOS E AGASALLOS:
A entrega de trofeos realizarase no lugar da meta a partir das 13:30 h.
Outorgaranse os seguintes trofeos:
- Medallas a tódolos/as participantes nas categorías sub-6 e sub-8.
- Trofeos ós/ás tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría establecida
no presente regulamento.
- Premios en metálico e agasallos ós/ás cinco primeiros/as clasificados/as da
xeral.
PREMIOS EN METÁLICO PROBA ABSOLUTA:
HOMES MULLERES
1.º) 250 € 1.ª) 250 €
2.º) 150 € 2.ª) 150 €
3.º) 100 € 3.ª) 100 €
4.º) 75 € 4.ª) 75 €
5.º) 50 € 5.ª) 50 €
PREMIO ESPECIAL DE 200 € A ATLETA FEMININA E O ATLETA MASCULINO QUE BATAN
O RÉCORD DA PROBA:
RÉCORD MASCULINO: David de la Fuente Gómez 23:45
RÉCORD FEMININO: Laura Santos Domínguez 27:09
Ós/ás atletas gañadores/as dos premios en metálico poderáselles requirir documentación
acreditativa da súa identidade (o DNI ou o permiso de circulación en vigor).
7.- SERVIZOS MÉDICOS E FISIOTERAPIA:
A organización disporá dos servizos médicos obrigatorios, seguro de accidentes
deportivos e responsabilidade civil e servizo de fisioterapia na zona de chegada.
8.- RECLAMACIÓNS:
Tódalas reclamacións deberán ser feitas verbalmente ó xuíz árbitro da competición,
situado na zona da meta, non máis tarde de 30 minutos despois da publicacións dos
resultados oficiais que serán expostos nun lugar visíbel pola organización.
9.- DESCUALIFICACIÓNS:
Os/as xuíces/as da proba e membros da organización reservarán para si a facultade de
descualifica-lo infractor/a con respecto a quen se comprobe calquera irregularidade: que
non leve visíbel o seu dorsal, que o manipule ou ceda a outro/a, que altere os datos
facilitados á organización ou ó xuíz árbitro con respecto ós que figuran no seu DNI ou
ficha federativa, que non complete o percorrido, que manifeste un mal estado físico, que
non lle facilite á organización a documentación que se lle requira ou incumpra calquera
outra norma recollida nas normas de competición vixentes da FGA e RFEA para probas en
ruta.
Serán descualificados os/as corredores/as que non respecten as indicacións da Policía
local, Protección Civil, Garda Civil, xurado, servizos médicos ou membros da organización
debidamente identificados.
Os/as corredores descualificados/as perderán o dereito a recibiren calquera premio en
metálico ou trofeo.
[
Go Back
]