Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Nigrán
30/08/2026
11:00 - 12:00
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO NIGRÁN AREA 2026
ART.1)
O Concello de Nigrán, como organizador único, convoca o domingo día 30 de agosto de 2026 a XV
Nigrán Area, Carreira pola Praia, que dará comezo ás 11:00 horas na Praia de Panxón (Nigrán).
ART.2)
Poderán participar cantas persoas o desexen, estean ou non federadas. O control da carreira
estará a cargo do comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
ART.3) CATEGORÍAS, DISTANCIAS, HORARIOS E ORDE DE SAÍDA
O horario aproximado será o seguinte (pode sufrir modificacións en función das persoas inscritas):
HORA CATEGORÍA ANO DISTANCIA
11:00 Absoluta F/M 2010 e anteriores 5.000 m
12:00 Sub 16 F/M 2011/2012 2.000 m
12:15 Sub 14 F/M 2013/2014 1.500 m
12:30 Sub 12 F/M 2015/2016 1.000 m
12:40 Sub 10 F/M 2017/2018 500 m
12:50 Sub 8 F/M 2019/2020 300 m
13:00 Pitufos F/M 2021/2022 100 m
Categorías na carreira absoluta:
• Sub 18/20/23: desde 2004 ata 2010
• Sénior: desde 2003 ata 34 anos
• Máster A: 35–44 anos
• Máster B: 45–54 anos
• Máster C: 55 en adiante
ART.4) LUGAR DE SAÍDA E PERCORRIDO
A saída será dende o Porto de Panxón e o percorrido discorrerá ata Praia América, totalmente
plano e sobre area mollada, coincidindo coa baixamar.
ART.5) INSCRICIÓNS
Datos obrigatorios: Nome e apelidos, data de nacemento, localidade, DNI ou pasaporte, sexo, nº
de licenza federativa (se ten), teléfono de contacto e nome do club (se procede).
• Data límite: Mércores 26 de agosto ás 23:59 h. Non se admitirán inscricións fóra de prazo.
• Carreira absoluta: Custo: 12€
• Categorías menores: De balde.
Formulario e pago:
A través da web: https://www.carreirasgalegas.com
ART.6) RETIRADA DE DORSAIS
• Día da proba, na praia de Panxón a partir das 09:00 h e ata 30 minutos antes da saída
correspondente.
ART.7) PREMIOS
• Absoluta: Trofeos para os 3 primeiros homes e mulleres e os seguintes premios
económicos (non acumulativos).
1ª Feminina: 300€
2ª Feminina: 200€
3º Feminina: 100€
1º Masculino: 300€
2º Masculino: 200€
3º Masculino: 100€
O aboamento dos premios realizarase exclusivamente mediante transferencia bancaria.
Para ter dereito ao cobramento, as persoas premiadas deberán:
✔ Asistir ao acto oficial de entrega de trofeos, previsto para as 13:00 horas
aproximadamente, no palco habilitado para tal fin.
✔ Recoller persoalmente o correspondente trofeo.
✔ Achegar mediante entrada no rexistro do Concello de Nigrán copia do DNI, NIE ou
pasaporte en vigor e certificado de titularidade bancaria.
• Máster A, B, C, Sénior e Sub 18/20/23: Trofeo aos 3 primeiros/as de cada categoría (non
acumulativos).
• Trofeo tamén ao/a primeiro/a clasificado/a do Concello de Nigrán (poden ter premio
noutra categoría e nesta).
• Menores: Trofeos aos 3 primeiros de cada categoría. Medalla para todos os "Pitufos", ata
fin de existencias.
Camiseta conmemorativa para persoas inscritas na carreira absoluta, ata esgotar existencias.
PARTICIPACION DE ATLETAS DE OUTRAS FEDERACIONS AUTONÓMICAS E
EXTRANXEIROS/AS
Nesta proba a participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas rexerase
de acordo co disposto no regulamento de Competicións da RFEA:
https://atletismorfea.es/sites/default/files/2024-3/Reglamento%20de%20Competición.pdf
ART.8) DESCUALIFICACIÓNS
Será motivo de descualificación:
• Non levar o dorsal visible no peito.
• Incumprimento do regulamento da FGA ou da RFEA.
• Participar descalzo/a.
• Participar con calzado non adecuado.
Peche de control: 50 minutos despois do inicio da carreira absoluta.
ART.9) ACOMPAÑAMENTO PROHIBIDO
Non se permite acompañamento por vehículos alleos á organización, nin bicicletas, patíns,
carriños ou persoas non inscritas.
ART.10) SERVIZOS
• Avituallamento ao remate.
• Ambulancia dispoñible durante a proba.
• Seguro de responsabilidade civil e accidentes deportivos.
• Duchas no Pavillón de Panxón.
• Non hai servizo de gardarroupa.
ART.11) ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
A participación implica a aceptación do presente regulamento e do disposto pola FGA, RFEA e WA.
A organización resérvase o dereito a resolver as incidencias non previstas.
[
Go Back
]