Calendario
Ver carrera

Illa de Arousa

06/09/2026 10:30 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO VIII CARREIRON 10 K
A Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa organiza a oitava
edición da carreira popular “CARREIRON 10 K” que se disputará o vindeiro
6 de setembro de 2026 ás 10:30h.
A proba absoluta disputarase sobre una distancia de 9.910m.
PLANO DO PERCORRIDO DA ABSOLUTA A CONTINUACIÓN
1-Inscricións:
✓ INSCRICIONS ADULTOS (de junior a veteráns):
As inscricións faranse a través da App Saudeter live ou Sportmaniacs.com
sendo a data límite das mesmas o 30 de agosto do 2026 ás 23:59h ou ata
completar as prazas (única forma de inscrición ).
✓ INSCRICIONS ESCOLARES (ata xuvenil):
As inscricións faranse a través da App Saudeter live ou Sportmaniacs.com
sendo a data límite das mesmas o 30 de agosto do 2026 ás 23:59h ou ata
completar as prazas. (única forma de inscrición – obrigatorio ser feita por pai –
nai ou titor do menor).
- Teléfono de información sobre a plataforma de inscrición: 670267317
- Teléfono de información sobre a carreira: 662300391
Non se aceptarán inscricións fora de prazo ou con datos obrigatorios
presentes no formulario de inscrición online, incompletos, nin despois de
cubrirse as prazas máximas por categorías.
Haberá un límite de participantes de 350 na categoría absoluta e de 300
nas categorías inferiores (de pitufos a xuveniles).
Ningún corredor poderá inscribirse fora de prazo nin correr sen inscrición,
posto que non contará cos seguros obrigatorios da carreira.
O feito de inscribirse supón a aceptación por parte do participante da
utilización de imaxes sexa o formato que sexa, gráfico ou dixital e en todas
as súas formas (vídeo, foto, DVD, internet, carteis, medios de
comunicación etc.) sempre que o seu uso garde relación co evento no que
se subscribe. Todos os dereitos de imaxe, pertencen á organización
(Concello e Fundación Deportiva Municipal A Illa de Arousa).
*Con mor de facilitar a inscrición ás persoas que non teñen internet ou
tarxeta de crédito, durante a primeira semana de inscrición e só durante
esta semana (do luns 14 ata o venres 18 de xullo en horario de 10:00 a
14:00h) poderase facer a inscrición presencial. Para realizar esta opción
de inscrición, pódese pedir información no teléfono 662300391 para
recibir as indicacións oportunas.
• Prezo:
CATEGORIAS ESCOLARES (de pitufo a xuvenil): 2,00 €
ADULTOS (Senior e veteranos): 10,00 € + 1€ destinado á
Fundación Andrea (de apoio aos rapaces/zas con enfermidades de
larga duración, crónicas ou terminales)
ata o 23 de agosto e, 12,00€+ 1€ destinado á Fundación
Andrea (de apoio aos rapaces/zas con enfermidades de larga duración,
crónicas ou terminales) entre o 24 e o 30 de agosto. O prezo inclúe
agasallo, avituallamento e seguro así como dorsal e chip (na carreira de
adultos).
A pre-inscrición non se completará se non se fai o pago no momento de
inscribirse na App Saudeter live ou Sportmaniacs.com.
Haberá un límite de 350 inscritos na proba absoluta.
A inscrición de nenos é igual de importante rematar tódolos pasos da
inscrición posto que é imprescindible para o seguro e o dorsal.
Calqueira dúbida relacionada co proceso de inscrición poderán dirixirse ó
teléfono: 670267317 ou info@saudeter.com ou fundacion@ailladearousa.gal
2- Retirada de dorsais e chips:
Realizarase o día da proba no AUDITORIO MUNICIPAL a carón
do Concello de A Illa de Arousa entre as 08:00 da mañá e as 09:30h e o día
antes da proba avisarase da posible recollida de dorsais de 18:00 h a
20:00h se hai posibilidade.
A retirada do dorsal deberá de facerse ensinando o DNI do participante
ben o orixinal, en formato papel ou formato dixital.
O dorsal outorgado pola organización deberá levarse colocado na parte
anterior do corpo (zona próxima ao peito), en toda a súa extensión e de
xeito visible. Todo atleta que non teña o seu dorsal na saída durante a
carreira e na chegada poderá ser descualificado a criterio do xuíz árbitro
da competición.
Pódese preparar a retirada de dorsais por grupos ou equipos dentro do
mesmo horario enviando un listado cos nomes dos participantes e co
nome da persoa que os vai a recoller antes do día 3 de setembro ao correo
electrónico fundacion@ailladearousa.gal
CONTROL CON CHIP: A proba de adultos estará controlada a
través dun CHIP incorporado xa no propio dorsal que debe estar ben
colocado antes da saída da súa proba.
DESCUALIFICACIÓNS:
Todo corredor/a que incumpra as normas da competición, será
descualificado a criterio do Xuíz Árbitro da Competición.
Todo corredor que non respecte as indicacións da policía local , xurado,
servizos médicos ou calquera dos membros da organización debidamente
identificados, será descualificado.
TODAS AS RECLAMACIÓNS DEBERÁN SER DIRIXIDAS O XUÍZ ÁRBITRO DA
COMPETICIÓN con prazo máximo de 30 minutos despois da publicación
dos resultados da proba en cuestión.
Outras consideracións regulamentarias:
• Os participantes deberán estar na zona de saída e preparados 10
minutos antes da proba.
• A cronometraxe realizarase mediante sistema de chips e pode haber
varios puntos de control ao longo da carreira polos cales será
obrigatorio pasar para non ser descualificado.
• O dorsal e, polo tanto, o chip deberá ir correctamente
colocado .
• O percorrido transcorre por: asfalto, formigón, madeira, terra,… e
estará perfectamente sinalizado en todo o seu trazado así como os
puntos kilométricos e os avituallamentos.
• Haberá a lo menos avituallamento líquido no kilómetro 5 así como
líquido e sólido na chegada. Así mesmo, poñeranse a disposición dos
corredores contedores suficientes para a recollida dos residuos que
son de uso obrigado.
• Os participantes teñen que competir cos seus propios medios físicos
naturais sen axudas materiais de ningún tipo. Non está permitido o
acompañamento na proba de ningún vehículo axeo á organización.
Nin bicicletas, nin patíns ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos aos participantes. Do mesmo
xeito non se permite a participación de coches, sillas de nenos, nin
correr acompañados destes en ningún intre.
• Prohibido competir acompañados de animais excepto os casos de cans
ou animais guía debidamente acreditados segundo a normativa.
• Deberanse respectar as indicacións da organización e carteleira.
• Non poderán participar corredores con doenzas diagnosticadas que lle
impidan a práctica deportiva si así o fan será baixo a súa
responsabilidade.
• A organización ten o dereito de modificar calquer punto da carreira
para facilitar o mellor desenvolvemento da mesma.
• O participante ten a obriga de acatar todas as normas do regulamento
e o seu descoñecemento non o exime de cumprilo.
• Non se entregará ningún trofeo ou premio antes ou despois da
entrega oficial que será ao remate de tódalas carreiras.
7- vestuarios e duchas
Estarán sinalizados e con puntos de información.
Vestiarios pavillón deportivo a 1km (4 VESTIARIOS – 2 MASCULINOS E 2 FEMININOS )(50 PERSOAS)
Vestiarios campo de Fútbol a 750 m (2 VESTIARIOS – 1 MASCULINO E 1 FEMININO) (40
PERSOAS)
ZONAS
VESTIARIOS
PAVILLÓN A 1 Km
ZONAS
META
DORSAIS
ZONAS
VESTIARIOS CAMPO
DE FÚTBOL A 750 m
8-aparcamentos
Os posibles aparcamentos estarán sinalizados e haberá puntos de
información na entrada para chegar a eles. OLLO! Se te saes desta zona
posto que hai nova zona restrinxida exclusiva para Residentes!
ZONA RESTRINXIDA PARA VEHÍCULOS NON RESIDENTES
Recomendacións para o Acceso e Estacionamento na Arousa
O Concello de A Illa de Arousa estableceu unha zona de acceso restrinxido
para vehículos non residentes.
Só poden circular vehículos de residentes e autorizados.
Atención á sinalización vertical e pintada no chan.
Lectores de matrícula activos. Non entres sen permiso para evitar
denuncias.
Aparcadoiros habilitados:
Zona Norte (Porto do Chufre, Paseo do Cantiño):
Ver ruta: https://maps.app.goo.gl/g1oyRsufPXBy4FJS8
9-servicio de gardarroupa
Os corredores disporán dun servizo de gardarroupa preto da zona de
meta, e lugar onde tamén se recollen os dorsais e os chips.
10-PREMIOS
A TÓDOS ESTES TROFEOS PODERANSE ENGADIR OUTROS AGASALLOS QUE
ESTÁN POR DETERMINAR POLOS PATROCINADORES.
TROFEOS
1º CLASIFICADO/A XERAL
1º CARCAMÁN/A XERAL
1º , 2º E 3º CLASIFICADO MASCULINO POR CATEGORÍAS DA ABSOLUTA
1º , 2º E 3º CLASIFICADO FEMININO POR CATEGORÍAS DA ABSOLUTA
OS PREMIOS SON ACUMULATIVOS
Zona deSAÍDA E META
AUDITORIO - MULTIUSOS
RECOLLIDA DE DORSAIS E
GARDARROUPA
As categorías e as distancias a percorrer serán as seguintes:
Categorías Ano de nacemento premios distancia
pitufos Nados no ano 2021 e posteriores medallas 100
prebenxamín Nados nos anos 2019-2020 medallas 500
benxamín Nados nos anos 2017 e 2018 medallas 500
Alevín Nados nos anos 2015 e 2016 medallas 1.500
Infantil Nados nos anos 2013 e 2014 medallas 1.500
cadete Nados nos anos 2011 e 2012 medallas 2.000
xuvenil Nados nos anos 2009 e 2010 medallas 2.000
ABSOLUTA Nados no ano 2008 e anteriores 10.000
Senior Nados entre 1991 e 2008 (maiores idade) Trofeos 1º 2º 3º
Veterano A Nados entre 1980 e 1990 Trofeos 1º 2º 3º
Veterano B Nados entre 1970 e 1979 Trofeos 1º 2º 3º
Veterano C Nados entre 1969 e anteriores Trofeos 1º 2º 3º

[ Go Back ]