Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Broña
13/09/2026
10:00 - 11:30
[
Go Back
]
Descripción
XX Cross de Verán de Broña, 2026
E andaina solidaria a favor de ADISBISMUR pola Ruta dos carpinteiros cos pés
mollados!
Data: andaina e carreiras o domingo, 13 de setembro de 2026
Hora: a andaina arranca ás 9:30; as carreiras, a partires das 10:00 h. Saídas e chegadas
no arco de meta, cerca do comezo do paseo, ou na zona verde da praia.
Distancia: andaina: á volta dos 12 km; carreiras: en función das categorías (ver táboa
máis abaixo), á volta dos 10 ou 5 km as carreiras de adultos/as.
Organiza
Club de Atletismo Outes
O CAO en Facebook. E a nosa web.
Inscrición
Para andaina, ver o punto 0 do regulamento máis abaixo. Para as carreiras, ver o punto 1.
Colaboran
* Concello de Outes
* Deputación Provincial da Coruña
* Asociación Veciñal “O Pedregal”, San Cosme, Outes
* Protección Civil de Outes
* Cruz Vermella, Agrupación de Noia
* Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago de Compostela (IDIS), grupo SICRUS
(Simulación, Soporte Vital e Coidados Intensivos).
* Universidade de Santiago de Compostela (USC), grupo CLINURSID (Enfermería
clínica, urxencias, simulación e innovación docente)
* Club Revoltas Ciclistas
* Asociación Terra de Outes
A inscrición para a andaina é GRATUÍTA. Proponse un donativo de 5 euros por persoa
que se entregará no momento da recollida do dorsal no punto de control, na carpa do
CAO instalada no piñeiral da praia. A cantidade que se recade será entregada
INTEGRAMENTE a ADISBISMUR. A inscrición poderá facerse ata o mércores 9 de
setembro ás 23:59 en 321Go ou o no mesmo día na carpa do CAO instalada no piñeiral
da praia. No caso de facer a en 321Go, cada participante poderá escoller a opción con
ou sen camiseta. Esa opción estará dispoñible ata o 24 de agosto ás 23:59. As camisetas
teñen un prezo de 12 euros. Cada persoa poderá seleccionar o número e a talla de
camisetas que desexe.
1º: As inscricións para tódalas carreiras son GRATUÍTAS. Faranse en 321Go, antes das
23:59 do mércores, 9 de setembro. Para as categorías pitufos/as, prebenxamíns/nas,
benxamíns/nas, alevíns/nas, poderanse facer tamén en Broña o día da carreira ata 30
minutos antes do inicio de cada unha. A inscrición é obrigatoria para contar coa
cobertura do seguro do evento e participar no sorteo de agasallos. No momento da
inscrición cada participante poderá escoller a opción con ou sen camiseta. Esa opción
estará dispoñible ata o 24 de agosto ás 23:59. As camisetas teñen un prezo de 12 euros.
Cada persoa poderá seleccionar o número e a talla de camisetas que desexe. Por favor,
fagamos un esforzo para evitar inscricións a última hora.
2º. As carreiras de pitufos, prebenxamíns, benxamíns, alevíns, disputaranse na ZONA
VERDE da PRAIA DE BROÑA. As carreiras de infantís, cadetes, xuvenil/xúnior,
promesa/sénior e veteranos 1, 2 e 3 faranse no circuíto mixto (terra/asfalto/cemento)
sinalado pola organización.
3º. Poderán participar todas aquelas persoas que o desexen, con ou sen licencia
federativa.
4º. Premiarase aos tres primeiros e ás tres primeiras clasificados e clasificadas nas
carreiras de 5 e 10 km; ao primeiro e á primeira de cada categoría na proba de 10 km; e
ao primeiro e á primeira das categorías infantil e cadete na de 5 km. Os premios non son
acumulativos. Tódolos/as pequenos/as recibirán unha medalla conmemorativa.
Premiarase tamén aos participantes de maior e menor idade e ao equipo máis
numeroso.
5º. Os/as participantes deberán colocarse na zona de saída 10 minutos antes do comezo
de cada carreira.
6º. Os dorsais colocaranse no peito e deben ir visibles para facilitar o labor da
organización.
7º. A organización poderá modificar este regulamento sen previo aviso. O aquí non
recollido resolverase segundo o seu criterio. As súas decisións serán inapelables.
8º. Tódolos/as participantes debidamente inscritos/as estarán amparados/as por unha
póliza de seguro de accidentes deportivos e responsabilidade civil concertada pola
organización.
9º. Aínda que o evento sexa de carácter estritamente deportivo e popular, admitiranse
reclamacións que serán resoltas pola organización antes da entrega de premios.
Agradecerase un espírito e un comportamento deportivo por parte de tódolos/as
participantes.
10º. En cada carreira cerrarase o control así que transcorra o triplo do tempo empregado
polo/a vencedor/a.
11º. Ao longo do percorrido a organización poderá establecer os controis que estime
oportunos e poderá descualificar aos/ás participantes que cometan algunha
irregularidade.
12º. A organización poderá agrupar categorías e atrasar a hora de saída dalgunhas
carreiras en función das persoas inscritas en cada unha.
13º. A entrega de trofeos farase ao rematar tódalas carreiras.
14º. É de obrigado cumprimento acudir ao protocolo da entrega de trofeos por parte
dos/as atletas premiados/as. En caso contrario non recibirán as distincións e/ou
agasallos.
15º. Tódalas persoas inscritas nas carreiras que crucen á meta antes do peche do
control e sexan maiores de 18 anos participarán no sorteo dunha noite nas Cabanas de
Broña. A persoa agraciada terá que recoller o agasallo persoalmente no momento do
sorteo. No caso de non estar presente, sortearase de novo.
16º. Como tódolos anos, entre as 10:00 e as 12:30 se celebrará un obradoiro relacionado
coa promoción dos hábitos de vida saudable e os primeiros auxilios.
17º. A zona da praia de Broña é un entorno excelente para desfrutar dun xantar ao aire
libre. A hostalería local estará tamén encantada de recibirnos. Haberá duchas
dispoñibles no polideportivo do Cruceiro de Roo desde as 12:00 ata as 13:00.
Retirada de dorsais
Nas mesas de control da organización situadas na carpa do CAO instalada no piñeiral da
praia, no paseo que bordea a praia, ata media hora antes de cada carreira. Para a andaina
haberá un control de inscrición no mesmo lugar.
Categorías e horarios
Obradoiro sobre hábitos de vida saudable e primeiros auxilios:
atragoamento
Grazas ao persoal investigador dos ámbitos de Enfermería, Pediatría e Educación Física
dos grupos de investigación CLINURSID da Universidade de Santiago de Compostela
(USC) e do grupo SICRUS do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago (IDIS),
seguimos coa promoción dos hábitos de vida saudable e a formación da cidadanía para
reaccionar en situacións de emerxencia sanitaria. Este ano: atragoamento!
Unha persoa pode atragoarse en calquera momento. Nese momento o primeiro auxilio
por quen está ó seu carón é esencial para evitar que afogue. Por iso, as persoas de
tódalas idades deberíamos saber o que facer nunha situación coma esa. Este ano
vánnolo ensinar.
OBXECTIVO: aprender que facer cando unha persoa se atragoa e practicar os pasos a dar
e as manobras axeitadas nese casos.
O persoal da USC e o IDIS vai explicar os pasos recomendados en caso de atragoamento,
dende animar a vítima a tusir ata facerlle manobras como a de Heimlich e se fora preciso
facerlle a reanimación cardiopulmonar. Vano facer coa axuda de maniquíes, con
material de ensinanza interactivo (o cubo OVACUBE) e mesmo nos ensinarán algún
aparello novidoso que quizais teñamos visto algures.
[
Go Back
]