Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Coruña - 10
04/10/2026
10:00 - 11:30
[
Go Back
]
Descripción
INFORMACIÓN XERAL
A organización, o Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo, por causas de forza
maior, reservaranse o dereito de realizar os cambios que sexan necesarios, logo do acordo previo
entre ambas as partes, e que serán comunicados e difundidos entre as persoas inscritas, para o
seu coñecemento.
ART. 1 - DATA
O Concello da Coruña e a Federación Galega de Atletismo organizarán o 4 de outubro de 2026 na
Coruña a XX Carreira Popular Coruña10. A proba, incluída no calendario oficial das competicións
da FGA e a RFEA, disputarase a través dun circuíto totalmente urbano.
ART. 2 - HORARIO
A carreira comezará ás 10.00 h.
ART. 3 – CIRCUÍTO
A proba levarase a cabo sobre a distancia de 10 km. O percorrido está medido e homologado
pola Real Federación Española de Atletismo e discorre sobre asfalto na súa totalidade. A ruta
estará debidamente sinalizada e terá marcados todos os quilómetros.
A carreira realizarase unicamente pola vía de tráfico rodado en todo o seu percorrido. Está prohibido
usar como zona de carreira as beirarrúas, rotondas, áreas axardinadas etc. O incumprimento desta
regra, así como atallar o trazado oficial, pode implicar a descualificación das persoas infractoras.
A organización poderá modificar o percorrido por causas alleas e/ou de forza maior.
4
ART. 4 - CONTROL TÉCNICO DA CARREIRA
A carreira estará controlada polo Comité Nacional de Xuíces da RFEA e o Comité Galego de
Xuíces da FGA.
ART. 5 – SISTEMA DE CRONOMETRAXE
O control da carreira estará dirixido polo Comité Galego de Xuíces e da RFEA. Todas as
reclamacións deberánselle facer verbalmente ao xuíz árbitro da proba ata 30 minutos despois da
publicación dos resultados.
A cronometraxe realizarase mediante o sistema de chips. Haberá varios puntos de control de chips
ao longo de todo o percorrido. As persoas participantes que non cumpran co paso por todos os
puntos poderán ser descualificadas coa consecuente non aparición nos resultados finais.
ART. 6 - UTILIZACIÓN DE DORSAIS E CHIPS
Os dorsais con chips integrados, persoais e intransferibles son exclusivos desta carreira e
débense colocar na parte frontal do corpo de maneira totalmente visible, sen ocultar e sen
manipulacións, e mantelos así durante toda a proba.
Os dorsais contarán cun código QR a través do cal as persoas que cheguen á meta (finishers)
poderán consultar os seus rexistros de forma instantánea.
A organización non admitirá persoas corredoras que non estean rexistradas ou que corran sen
dorsal e/ou chip, e impediralles ter acceso á carreira en defensa dos dereitos daquelas
regulamentariamente rexistradas. Non se permitirá participar co dorsal e o chip correspondente a
outra carreira ou persoa, con máis dun dorsal e/ou chip, dorsal falsificado ou outro que non sexa o
oficial.
Calquera infracción destas regras implicará a descualificación das persoas afectadas na proba. A
organización resérvase o dereito de excluílas da participación en futuros eventos.
5
ART. 7 – UTILIZACIÓN DE MEDIOS FÍSICOS NATURAIS
As persoas participantes terán que competir cos seus propios medios físicos naturais, sen axudas
materiais de ningún tipo, coa única excepción das persoas corredoras en cadeira de rodas
debidamente rexistradas e que cumpran as normas do World Para Athletics. Calquera dúbida a
respecto diso deberá ser consultada coa organización antes de facer a inscrición a través do correo
electrónico info@carreirasgalegas.com
Non está permitido o acompañamento en ningún momento da proba por ningún vehículo alleo á
organización, nin bicicletas, patíns ou persoas non rexistradas na proba que poidan acompañar,
avituallar ou marcarlles ritmos ás persoas participantes.
Ao mesmo tempo, non se permite a participación con coches ou cadeiras de bebés, nin correr
acompañados destes en ningún momento, así como tampouco está permitida a participación con
animais, nin correr acompañados destes en ningún momento, coa única excepción dos carros de
running *.
*A participación con carro de running deberá estar xustificada unicamente para levar unha persoa
con discapacidade motora grave (que non lle permita á persoa con discapacidade trasladarse polos
seus propios medios físicos), entendendo nestes casos como participante sempre a persoa que
empurra o carro (dentro da categoría que lle corresponda), e non a persoa que vai no carro.
Igualmente, será obrigatorio acreditar a discapacidade da persoa que vai no carro, enviándolle unha
copia da tarxeta acreditativa da discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o
envío, ao correo electrónico info@carreirasgalegas.com. A inscrición desta persoa, que irá con dorsal
sen chip, será gratuíta. Para iso deberán contactar coa organización a través do correo electrónico
info@carreirasgalegas.com.
Calquera infracción destas características poderá supoñer a descualificación da persoa participante.
ART. 8 - DESCUALIFICACIÓNS
As persoas membros da organización resérvanse a facultade de retirar da proba o/a atleta que
manifeste un mal estado físico, que non lle facilite á organización a documentación que se lle
requira, os/as participantes que non respecten as indicacións da Policía Local, Protección Civil,
xurado, servizos médicos ou membros da organización debidamente identificados.
6
Os/as xuíces/xuízas da proba terán a facultade de descualificar o/a infractor/a que non leve visible o
seu dorsal, que o manipule e/ou llo ceda a outra persoa, altere os datos facilitados á organización
con respecto aos que figuren no seu DNI ou ficha federativa, non complete o percorrido, ou incumpra
calquera outra norma contemplada nas normas da FGA, RFEA, WA e IPC.
As persoas corredoras descualificadas non terán opción a premios nin trofeos.
ART. 9 - PECHE DE CONTROL DA CARREIRA
O tempo de realización máxima da carreira será de 1 hora e 30 minutos.
Ao cumprirse este tempo, todas as persoas que aínda continúen no circuíto deberán retirarse e
trasladarse á zona peonil. Serán consideradas “fóra de carreira” e non figurarán nas
clasificacións.
Se deciden continuar, estarán a facelo baixo a súa exclusiva responsabilidade, e deberán cumprir en
todo momento coa normativa de tráfico e seguridade viaria.
CATEGORÍAS E INSCRICIÓN
ART. 10 – CATEGORÍAS FEMININA E MASCULINA
- Sub 20, nados/as en 2007 e 2008
- Sub 23, nados/as en 2004, 2005 e 2006
- Sénior, nados/as desde 2003 ata os 34 anos
- Máster 1: de 35 a 39 anos cumpridos o día da proba
- Máster 2: de 40 a 44 anos cumpridos o día da proba
- Máster 3: de 45 a 49 anos cumpridos o día da proba
- Máster 4: de 50 a 54 anos cumpridos o día da proba
- Máster 5: de 55 a 59 anos cumpridos o día da proba
- Máster 6: de 60 a 64 anos cumpridos o día da proba
- Máster 7: a partir de 65 anos cumpridos o día da proba
- Atletas con discapacidade*: nados/as en 2008 e anos anteriores
7
*Atletas con discapacidade: establécense tres categorías para atletas con discapacidade:
A) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que
axuden á impulsión das ditas cadeiras. Tan só está permitido o impulso cos brazos
sobre o aro adherido á roda.
Discapacidades visuais
C) Discapacidades intelectuais
No momento da inscrición débenlle comunicar esta circunstancia á organización, así como se
desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán
na táboa xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta
acreditativa de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo
electrónico info@carreirasgalegas.com
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que
necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase un máximo
de 2 guías para os e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías ou, no caso de
participantes con discapacidade intelectual, de atletas de apoio, debe comunicárselle con
antelación á Federación Galega de Atletismo, así como o punto quilométrico exacto onde se
van situar os/as guías das persoas corredoras con discapacidade visual para facer a remuda.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde,
para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico
info@carreirasgalegas.com
A organización resérvase o dereito de incluír algunha categoría promocional durante a carreira,
que terá unha normativa específica para a súa regulación.
8
ART. 11 – INSCRICIÓN E COTA
a) Cota máxima: 3.000 dorsais dispoñibles para a carreira absoluta.
A inscrición en liña realizarase a través da pasarela de pagamento inserida na páxina web da
Federación Galega de Atletismo www.carreirasgalegas.com. Estará operativa desde a publicación
deste regulamento ata o 27 de setembro de 2026.
c) Cota e prazos de inscrición:
Prazo reducido: ata o domingo 16 de agosto 10 €
Prazo ordinario: ata o venres 25 de setembro 15 €
Prazo extraordinario: 26 e 27 de setembro 25 €.
Por razóns organizativas de recursos técnicos e humanos, así como pola calidade do servizo, é
aconsellable que as persoas participantes formalicen a súa inscrición dentro dos prazos indicados.
Ás persoas que se inscriban no prazo extraordinario non se lles garantirá a entrega dunha camiseta
xa que a produción destas débese facer coa antelación suficiente.
A organización non aceptará ningún tipo de inscrición posterior a este prazo.
d) Inscrición presencial: as inscricións presenciais pódense formalizar no horario comercial do centro
de El Corte Inglés (rúa Ramón y Cajal – A Coruña) ata o venres 25 de setembro.
e) Habilitarase unha dirección de correo electrónico para atender os casos debidamente xustificados
que impidan a recollida de dorsais nas datas establecidas ao efecto.
f) Bonificacións: 50% de desconto para maiores de 65 anos, persoas usuarias do Carné Xove, familias
numerosas e persoas desempregadas. Para acreditar estas circunstancias será suficiente cunha
declaración responsable, que se entenderá realizada no momento no que se marque a opción
“solicito bonificación”, no formulario de inscrición en liña ou na folla de inscrición presencial.
Ademais é necesario enviarlle á Federación Galega de Atletismo os documentos que se detallan
a continuación, mediante un correo electrónico a info@carreirasgalegas.com:
Maiores de 65 anos: fotocopia do DNI
Persoas usuarias do Carné Xove: fotocopia do DNI e do Carné Xove
9
Persoas desempregadas: fotocopia do DNI e informe de períodos de altas e baixas,
expedido polo Servizo Público de Emprego (SEPE) antes do día da inscrición na carreira ou
fotocopia da tarxeta de desemprego.
Familias numerosas: título de familia numerosa
O prazo para enviar documentos por correo electrónico finalizará ás 12:00 horas do 25 de setembro
do 2026, coincidindo coa fin do prazo ordinario de inscrición.
g) A organización resérvase o dereito de modificar o período de inscrición así como o número de dorsais
de carreira. Informarase dos cambios a través dos canais oficiais de comunicación.
ART. 12 - DEVOLUCIÓN DA COTA
Devolución da inscrición: devolverase a cota de inscrición só no caso de lesión e/ou enfermidade,
sempre e cando se presente un xustificante no que non aparezan datos de saúde, con antelación á
celebración da proba, enviando un correo electrónico a info@carreirasgalegas.com.
O prazo para enviar documentos por correo electrónico finalizará ás 12:00 horas do 25 de setembro
do 2026, coincidindo coa fin do prazo ordinario de inscrición.
SERVIZOS A PARTICIPANTES
ART. 13 - ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS
Os/as atletas serán debidamente informados dos horarios e a localización antes do peche do prazo
de inscrición. Poderanse establecer quendas de recollida para evitar calquera tipo de aglomeración.
Non se entregarán dorsais o mesmo día de carreira.
Os dorsais poden ser recollidos por unha persoa autorizada polo participante, a cal deberá presentar
os datos de inscrición para fins de identificación.
10
ART. 14 – CAIXÓNS DE SAÍDA
Estableceranse caixóns de saída segundo os tempos indicados no formulario de inscrición (sempre
en probas homologadas).
ART. 15 – ASEOS, DUCHAS E GARDARROUPA
WC PORTÁTILES: estarán a disposición aseos portátiles localizados na zona de saída/meta,
e no punto de avituallamento (km 5 aprox.) do trazado de A Coruña10.
DUCHAS: Palacio dos Deportes de Riazor de 9:30 a 14:00
GARDARROUPA: especificaranse a localización e o horario do servizo de gardarroupa.
ART. 16 – AVITUALLAMENTOS E RECOLLIDA SELECTIVA DE RESIDUOS
Estableceranse un punto de avituallamento durante o percorrido e outro na liña de meta para
favorecer a hidratación das persoas participantes. Calquera avituallamento fóra da zona marcada
pode supoñer a descualificación da proba.
Ademais, poñeranse ao dispor dos/as corredores/as colectores suficientes para a recollida
selectiva de residuos e que son de uso obrigatorio, polo que a non utilización destes por parte
dos/as atletas poderá supoñer a descualificación.
ART. 17 - SERVIZOS MÉDICOS
A proba dispoñerá dos servizos médicos recomendados pola RFEA e de acordo coa lexislación
vixente.
A organización dispoñerá dunha póliza de seguro de responsabilidade civil segundo a lexislación
vixente. Todas as persoas rexistradas estarán cubertas por unha póliza de seguros de accidentes
segundo o Real decreto 849/1993, do 4 de xuño, que determina as prestacións mínimas do Seguro
Obrigatorio Deportivo.
Recomendámoslles a todas as persoas participantes que cubran a parte posterior do dorsal,
indicando os datos de nome, apelidos, datos médicos de interese (grupo sanguíneo, alerxias,
11
enfermidades crónicas, se está baixo algún tratamento específico etc.) así como teléfono/s e
contacto/s en caso de emerxencia.
ART. 18 – CLASIFICACIÓNS
Publicaranse nas páxinas web do Concello da Coruña e FGA. Non haberá exposición física das
listaxes de resultados.
PREMIOS E TROFEOS
ART. 19 – PREMIOS ECONÓMICOS
Xeral:
POSTO PREMIO CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1.º 1000 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
2.º 700 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
3.º 500 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
4.º 350 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
5.º 250 € Realizar 30:00 ou menos Realizar 34:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.
12
ATLETAS CON NACIONALIDADE ESPAÑOLA (PREMIO NON ACUMULABLE) (1):
POSTO PREMIO CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1.º español/a 400 € Realizar 31:00 ou menos Realizar 35:00 ou menos
2.º español/a 250 € Realizar 31:00 ou menos Realizar 35:00 ou menos
3.º español/a 150 € Realizar 31:00 ou menos Realizar 35:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.
(1) Considerarase atleta de nacionalidade española quen presente o correspondente DNI.
ATLETAS GALEGAS/OS (PREMIO NON ACUMULABLE) (2):
POSTO PREMIO CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1.º galego/a 400 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos
2.º galego/a 250 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos
3.º galego/a 150 € Realizar 32:00 ou menos Realizar 37:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.
(2) Consideraranse atletas galegos/as os/as empadroados/as ou nados nalgún concello de
Galicia. Para poder recibir o premio, os/as atletas galegos/as premiados/as deberán remitir o
seu certificado de empadroamento ou documentación que acredite o lugar de nacemento ao
enderezo de correo electrónico secretaria@atletismo.gal. A documentación deberá enviarse
nun prazo máximo de quince (15) días naturais desde a finalización da proba.
13
ATLETAS CORUÑESAS E CORUÑESES (PREMIO NON ACUMULABLE) (3):
POSTO PREMIO CONDICIÓN*
HOMES MULLERES
1.º coruñés/a 200 € Realizar 35:00 ou menos Realizar 40:00 ou menos
2.º coruñés/a 150 € Realizar 35:00 ou menos Realizar 40:00 ou menos
3.º coruñés/a 100 € Realizar 35:00 ou menos Realizar 40:00 ou menos
* No caso de non cumprir esta condición, aplicarase unha rebaixa do 50%.
(3) Consideraranse atletas coruñeses/as os/as empadroados/as ou nados no Concello da Coruña.
Para poder recibir o premio, os/as atletas coruñeses/as premiados/as deberán remitir o seu
certificado de empadroamento ou documentación que acredite o lugar de nacemento ao enderezo
de correo electrónico secretaria@atletismo.gal A documentación deberá enviarse nun prazo
máximo de quince (15) días naturais desde a finalización da proba.
Premio especial récord da proba (premio acumulable):
O/a atleta que gañe a carreira e que bata o récord da proba tanto na categoría masculina (28´09")
como na feminina (31´40") obterá un premio de 2.000 €.
NORMAS RELATIVAS A TODOS OS PREMIOS
Os premios en metálico non serán acumulables, con excepción do récord da proba.
En caso de obter dous premios ou máis, aboarase soamente o premio de maior contía, e non será
o dito premio acumulable co/s outro/s.
14
Por exemplo no caso da/o primeira/o galega/o obtén ademais un premio da Xeral, percibirá o
importe de maior contía. En ningún caso a/o segunda/o galega/o pasará a ocupar o posto do
primeiro, debido a que segue sendo o segundo galego da proba, e así sucesivamente.
Para poder recoller os premios será necesario xustificar documentalmente o ano de nacemento das
persoas participantes, por medio do DNI as españolas, ou do documento legal en vigor (pasaporte)
as estranxeiras. Todos os premios estarán suxeitos ás retencións legais vixentes.
Co obxecto de poder revisar as condicións estipuladas e atender a calquera posible reclamación, a
organización resérvase a posibilidade de entregar os premios en metálico a partir do luns seguinte
á data da competición. No caso de realizarse un control de dopaxe, os premios económicos
quedarán retidos ata a súa resolución oficial.
ART. 20 – ENTREGA DE TROFEOS
Outorgaránselles os trofeos no escenario da entrega de premios ás tres primeiras persoas
clasificadas de cada unha das categorías indicadas no artigo 10. E ás tres primeiras persoas
gañadoras da carreira, clasificación xeral (feminina e masculina).
Informarase do horario da entrega de trofeos a través da web oficial
www.coruna.gal/carreraspopulares.
As/os atletas deberanse situar na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola
megafonía se anuncie o seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das
categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo,
perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non
se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
Agradecémoslles ás persoas responsables dos clubs que teñan constancia de que a/o atleta non
está presente que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para evitar
esperas innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da
entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo
de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado,
entenderase que renuncian a este.
15
CARREIRAS DE MENORES
ART. 21 - INSCRICIÓNS
As inscricións (gratuítas) realizaranse a través do formulario da páxina web da Federación Galega
de Atletismo (www.carreirasgalegas.com) ata a finalización do prazo ordinario: o venres 25 de
setembro.
Non se admitirá ningún/ningunha corredor/a sen estar inscrito/a e sen o dorsal correspondente
co chip incorporado.
ART. 22 - CATEGORÍAS, HORARIOS E DISTANCIAS
CATEGORÍA HORARIO* DISTANCIA
Sub 18 (nadas/os nos anos 2009/2010) 11.45 2.500 m aprox.
Sub 16 (nadas/os nos anos 2011/2012) 12.00 2.500 m aprox.
Sub 14 feminino (nadas nos anos 2013/2014) 12.15 1.425 m aprox.
Sub 14 masculino (nados nos anos 2013/2014) 12.30 1.425 m aprox.
Sub 12 feminino (nadas nos anos 2015/2016) 12.45 845 m aprox.
Sub 12 masculino (nados nos anos 2015/2016) 12.55 845 m aprox.
Sub 10 feminino (nadas nos anos 2017/2018) 13.05 845 m aprox.
Sub 10 masculino (nadas/os nos anos 2017/2018) 13.15 845 m aprox.
Peques (nadas/os nos anos 2019 e posteriores) 13.25 150 m aprox.
*Os horarios son aproximados, dependerán do volume de participantes de cada categoría.
A organización pode facer variar carreiras en cada idade.
16
Atletas con discapacidade: establécense tres categorías para atletas con discapacidade, que
poderán participar na categoría de menores que lles corresponda. No caso de necesitar algún
tipo de adaptación na distancia para percorrer deben solicitalo ao correo electrónico
info@carreirasgalegas.com
a) Atletas en cadeira de rodas que non teñan mecanismos nin engrenaxes que axuden á
impulsión destas.Tan só está permitido o impulso cos brazos sobre o aro adherido á roda. Non
se permite handbike.
Discapacidades visuais
c) Discapacidades intelectuais
No momento da inscrición deben comunicar esta circunstancia á organización, así como se
desexan entrar na clasificación de atletas con discapacidade. No caso de non indicalo figurarán
na táboa xeral de tempos.
Para acreditar a pertenza a algunha destas categorías hai que enviarlle unha copia da tarxeta
acreditativa de discapacidade á organización, de forma que quede acreditado o envío, ao correo
electrónico info@carreirasgalegas.com
As persoas participantes con discapacidade visual ou intelectual farán constar os apoios que
necesitan para participar na carreira nas mellores condicións posibles. Permitirase unha persoa
guía para os e as atletas con discapacidade visual. O uso de guías, ou no caso de participantes
con discapacidade intelectual de atletas de apoio, debe comunicárselle con antelación á
Federación Galega de Atletismo.
A participación das persoas guías e das persoas de apoio, que irán sen chip, será de balde,
para o que deberán contactar coa organización a través do correo electrónico
info@carreirasgalegas.com
ART. 23 - ENTREGA DE DORSAIS E CAMISETAS
Os/as atletas serán debidamente informados dos horarios e a localización antes do peche do prazo
de inscrición. Poderanse establecer quendas de recollida para evitar calquera tipo de aglomeración.
Non se entregarán dorsais o mesmo día de carreira.
17
Os dorsais poden ser recollidos por unha persoa autorizada polo pai/nai/tutor/a legal do/da
participante menor de idade, a cal deberá presentar os datos de inscrición para fins de identificación.
ART. 24 – TROFEOS
Outorgaránselles os trofeos no palco da entrega de premios ás tres primeiras persoas
clasificadas de cada unha das categorías indicadas no artigo 22.
Informarase do horario da entrega de trofeos a través da web oficial
www.coruna.gal/carreraspopulares.
As/os atletas deberanse situar na zona próxima á entrega de trofeos no momento no que pola
megafonía se anuncie o seu comezo, así como estar pendentes da chamada a cada unha das
categorías.
Con carácter xeral, as/os atletas que non se presenten no momento da entrega do seu trofeo,
perderán o dereito a recollelo. Exclusivamente poderán subir ao podio as persoas nomeadas. Non
se lle entregará o trofeo a ninguén que non sexa a/o propia/o atleta.
Agradecémoslles ás persoas responsables dos menores que teñan constancia de que a/o atleta
non está presente que o comuniquen na zona do palco de entrega de trofeos o antes posible para
evitar esperas innecesarias.
Aquelas persoas que poidan alegar unha causa xustificada pola súa ausencia no momento da
entrega deberanse poñer en contacto co Servizo Municipal de Deportes, durante un prazo máximo
de 15 días, onde se custodiarán os trofeos non recollidos. Se non se recollen no prazo sinalado,
entenderase que renuncian a este.
Para a categoría “Peques”, a carreira é unicamente participativa e non competitiva. Todas
as persoas participantes nesta categoría recibirán unha medalla.
Informarase da organización dos/das peques no momento previo á saída.
18
RESPONSABILIDADE E PROTECCIÓN DE DATOS
ART. 25 – RESPONSABILIDADE
A organización non se fai responsable dos danos que puidesen sufrir as persoas participantes por
imprudencias ou descoidos delas mesmas.
O/a participante declara, baixo a súa responsabilidade, que realizou o oportuno recoñecemento
médico que lle permite estar en condicións óptimas para realizar a proba, e exime a organización
da devandita responsabilidade.
A organización dispón dun Seguro de Accidentes e Responsabilidade Civil que cubrirá os incidentes
inherentes á proba.
ART. 26 – LOPD
Todas as persoas corredoras, ao realizaren a inscrición, aceptan a publicación do seu nome e imaxe
nas clasificacións, medios de comunicación e/ou Internet. Mediante a inscrición, o/a participante
consente expresamente que os seus datos sexan utilizados polo Concello da Coruña e a Federación
Galega de Atletismo para comunicacións sobre as súas actividades.
En todo caso, de conformidade co establecido polo artigo 5 da LOPD, infórmase o seguinte:
a) De conformidade coa normativa vixente en materia de protección de datos infórmase de que os
datos persoais necesarios para a xestión económico contractual do servizo derivado do prego
de contratación relativo á organización técnica da “CARREIRA POPULAR CORUÑA 10” na
cidade da Coruña para o ano 2026 adxudicado á Federación Galega de Atletismo serán tratados
baixo a responsabilidade do Concello da Coruña.
A base xurídica que lexitima o tratamento dos datos persoais é, por unha banda, o cumprimento
por parte do Concello da Coruña das obrigas legais dimanantes da lexislación de contratos do
sector público (Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público) e, doutro lado, a
formalización e execución do contrato, en caso de resultar contratista. Os seus datos non serán
comunicados a terceiras persoas.
[
Go Back
]