Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Laza
25/10/2026
11:00 - 13:30
[
Go Back
]
Descripción
AMENTO
A MEDIA DO CAMIÑO 2026
ORGANIZACIÓN
A Asociación Cultural e Deportiva Ka -torce organiza a primeira edición de A Media do
Camiño , un evento deportivo que contará cunha media maratón, unha carreira de 10
km e unha andaina de 10 km. As cales que terán lugar o domingo 25 de outubro de
2026 .
A proba desenvolverase no concello de Laza , seguindo principalmente o trazado do
Camiño de Santiago - Vía da Prata.
A inscrición na proba implica a aceptación íntegra deste regulamento. En caso de
dúbida na súa interpretación prevalecerá sempre o criterio da Organización.
MODALIDADES
A Media do Camiño contará coas seguintes modalidades:
• Media Maratón (21 km aprox.), competitiva.
• Carreira (11 km aprox.), competitiva.
• Andaina (11 km aprox.), non competitiva.
OS PERCORRIDOS
A Media do Camiño contará con dous percorridos que discorrerán arredor do Camiño
de Santiago - Vía da Prata:
• Media maratón , cunha distancia aproximada de 21 Km .
• Percorrido de 11 km , que poderá realizarse en modalidade de carreira ou
andaina.
Ambos os percorridos combinarán pistas de terra e tramos asfaltados, sendo
maioritario o tránsito por camiños de terra. Recoméndase o uso de calzado apto para
ambos terreos.
Os trazados estarán completamente sinalizados e contarán con persoal da
organización nos principais cruces e puntos de control.
Ao tratarse de percorridos que discorren polo Camiño de Santiago, os participantes
deberán respectar en todo momento a presenza de peregrinos e demais usuarios,
atendendo ás indicacións da organización e extremando a precaución nos puntos de
convivencia.
PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas aquelas persoas que teñan cumpridos 16 anos o día da
celebración da proba.
Os menores de idade deberán presentar unha autorización asinada pola nai, pai ou
titor legal no momento da recollida do dorsal.
Non estará permitida a participación baixo os efectos do alcol ou de substancias
estupefacientes.
INSCRICIÓNS
As inscricións a media maratón e carreira realizaranse exclusivamente a través da
plataforma Sportmaniacs. A andaina contará a maiores con un punto presencial de
inscripción.
O prezo das inscricións seguirá o seguinte esquema:
Media maratón e carreira:
• Prazo ordinario: ata o 15 de setembro 22€
• 2ª prazo: desde o 15 de setembro ata o 5 de outubro, 25€
• Prazo extraordinario: dende o 5 ata o 19 de outubro, 30€
A andaina terá un precio de 10€
A organización reservará un número de dorsais para compromisos institucionais,
patrocinadores ou necesidades organizativas, así como o dereito de admisión.
Unha vez formalizada a inscrición, non se devolverá o importe aboado salvo nos
supostos recollidos na política de devolucións da organización ou en caso de
suspensión da proba por causas imputables á mesma.
As persoas menores de idade que participen na proba deberán contar coa
correspondente autorización do seu pai, nai ou titor/a legal. O modelo de autorización
poderá descargarse xunto co resto da documentación oficial da carreira e deberá
presentarse debida mente cuberto e asinado na recollida do dorsal.
CAMBIOS DE TITULARIDADE
Por motivos legais, deportivos e de seguridade, non está permitida a cesión nin a
venda de dorsais entre particulares.
O cambio de titularidade só poderá solicitarse pola persoa inscrita contactando coa
organización antes do 15 de outubro de 2026 , achegando toda a documentación
requirida.
A participación cun dorsal correspondente a outra persoa suporá a inmediata retirada
da proba ou a anulación da inscrición.
CRONOMETRAXE
As modalidades competitivas estarán cronometradas mediante un sistema
electrónico de chip por medio de alfombras, a cargo da empresa Saudeter.
A andaina non terá carácter competitivo nin clasificación oficial.
O dorsal, o cal xa leva intergrado o chip, será facilitado pola organización e deberá
utilizarse durante toda a competición seguindo as indicacións da empresa de
cronometraxe.
AVITUALLAMENTOS
A organización establecerá distintos puntos de avituallamento líquido para o
percorrido de 10 Km, e liquido e sólido para o percorrido de 21 Km. Estarán situados
nos lugares que a organización considere máis adecuados.
Na zona de meta haberá un avituallamento final para todos os participantes.
COMPROMISO CO MEDIO
A Media do Camiño discorre por un espazo natural e patrimonial de especial valor.
Todos os participantes comprométense a respectar o entorno, non abandonando
residuos ao longo do percorrido.
As botellas, envases e demais desperdicios deberán depositarse nas zonas habilitadas
pola organización, especialmente nos avituallamentos.
O incumprimento desta norma poderá supoñer a descualificación da proba.
BOLSA DO CORREDOR
Todos os participantes recibirán unha bolsa do corredor composta, entre outros
elementos, por unha camiseta oficial da proba e diversos produtos facilitados polos
patrocinadores e entidades colaboradoras.
CATEGORÍAS E PREMIOS
Estableceranse as seguintes categorías para as modalidades de carreira de 11 km e 21
km:
• Sénior: de 16 a 39 anos cumpridos no día da proba.
• Máster 1: de 40 a 54 anos cumpridos no día da proba.
• Máster 2: de 55 anos en adiante.
Entregaranse trofeos ás seguintes clasificacións, tanto en categoría masculina como
feminina :
• Clasificación xeral absoluta: 1º, 2º e 3º clasificado nas distancias de 11 km e
21 km .
• Categorías por idade: 1º clasificado/a Sénior, Máster 1 e Máster 2 nas
distancias de 11 km e 21 km .
Os premios non serán acumulables . Polo tanto, as persoas premiadas na
clasificación xeral absoluta non optarán aos premios da súa categoría por idade, que
recaerán no seguinte participante clasificado desa categoría.
A organización poderá establecer premios especiais ou recoñecementos adicionais.
SERVIZOS AO PARTICIPANTE
A organización porá a disposición dos participantes:
• Gardarroupa no lugar de saída e meta.
• Duchas e vestiarios no Pavillón Municipal de Laza.
• Servizo médico.
• Avituallamentos durante e ao remate da proba.
TEMPO LÍMITE
O tempo máximo para completar as probas de carreira será de 3 horas para a proba
de 21Km e de 2h para a proba de 11Km desde a saída oficial.
A partir dese momento retiraranse os dispositivos de seguridade e control,
continuando o participante baixo a súa exclusiva responsabilidade.
RECOLLIDA DE DORSAIS
Os dorsais entregaranse os seguintes días en cada localización:
• Sábado, 24 de outubro, de 17.30h a 20.30h en Castrelo do Val (dirección por
confirmar)
• Domingo, 25 de outubro, a partir das 08.30h (Praza da Picota, Laza)
Será obrigatorio presentar:
• DNI ou documento oficial acreditativo.
• Xustificante da inscrición, se fose requirido.
Para recoller o dorsal doutra persoa será necesario presentar unha autorización e
copia do seu documento identificativo.
SEGURIDADE
A proba contará cos servizos sanitarios regulamentarios, ambulancias e persoal de
emerxencias.
A organización poderá retirar da competición aqueles participantes que presenten
síntomas de esgotamento, lesión ou calquera circunstancia que poña en risco a súa
integridade física ou a do resto de participantes.
RECLAMACIÓNS
As reclamacións deberán presentarse verbalmente ante o Director de Carreira no
prazo máximo de 30 minutos desde a publicación oficial dos resultados.
A decisión da organización será definitiva.
RESPONSABILIDADE
Cada participante toma parte na proba baixo a súa exclusiva responsabilidade.
Ao formalizar a inscrición declara:
• Estar fisicamente preparado para afrontar unha media maratón.
• Ter realizado os controis médicos que considera oportunos.
• Coñecer e aceptar os riscos inherentes á práctica deportiva.
A organización, patrocinadores e entidades colaboradoras non serán responsables
das lesións, accidentes, perdas, roubos ou danos que poidan sufrir ou ocasionar os
participantes durante o desenvolvemento da proba.
PROTECCIÓN DE DATOS E DEREITOS DE IMAXE
A inscrición na proba implica a autorización para que a organización poida utilizar o
nome, apelidos, clasificación deportiva e as fotografías ou gravacións realizadas
durante o evento para fins informativos, promocionais e de difusión da carreira en
medios de comunicación, páxina web, redes sociais e outros soportes propios ou das
entidades colaboradoras, de conformidade coa normativa vixente en materia de
protección de datos.
ACEPTACIÓN DO REGULAMENTO
A inscrición na media maratón A Media do Camiño supón a aceptación íntegra do
presente regulamento.
Todo o non previsto neste documento será resolto pola Organización, cuxas decisións
serán inapelables.
[
Go Back
]