Calendario
Ver carrera

Taboada

26/09/2026 18:00 - 19:30

[ Go Back ]

Descripción Na Carreira Popular de Taboada poderás gozar dun percorrido entre as
extraordinarias panorámicas de cor que agasalla o fin do verán, as fermosas
construcións do románico, a grandeza dos seus pazos. Situada a medio
camiño entre Lugo e Ourense, agárdate un tesouro único. Para descubrilo,
achégate a correr por Taboada o 26 de setembro e ademais levarás un agasallo
ecolóxico. Non faltes!
Data: sábado, 26 de setembro de 2026
Hora: Categoría absoluta: 18h00
Categorías escolares: 19h30
Lugar: Taboada, Lugo
Distancia: dende 100 a 10.000 m (distancia aproximada)
Organiza: Asociación Cultural e Deportiva O Carballo (Taboada)
Colaboran: Concello de Taboada, GDR Miño-Ulla, Supermercado Vilosa,
Carnicería Montes, Matadoiro Celtaverde, Peluquería Ana, Caixa Rural Galega,
Adega Castrofiz, Adega Enonatur, Adega Instinto Romano, Panadería Carlos,
Panadería Darío, Galletas Xianas, Club ciclista Os Túzaros, Asociación Cultural
“Rechouchíos”, Aira, Tartas Ancano, Escola Hípica “La Cruz”, Xeou

CARREIRA ABSOLUTA
Disputarase a partir das 18h00 da tarde con saída da Alameda de Taboada e un
percorrido de 10 Km e 5 km (aproximadamente).
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
Categoría D: nad@s entre 2010 e 2001.
Categoría E: nad@s entre 2000 e 1991.
Categoría F: nad@s entre 1990 e 1981.
Categoría G: nad@s entre 1980 e 1971.
Categoría H: nad@s entre 1970 e anteriores.
XIII Carreira Popular ‘Entre Pazos e Carballos’ · Regulamento
2

CARREIRAS CATEGORÍAS DE MENORES
Disputaranse a partires das 19h30 da tarde nos arredores da Alameda de
Taboada.
Establécense as seguintes categorías (masculinas e femininas):
Categoría Chupete: nad@s en 2020 e posteriores – 100 metros
Categoría A: nad@s entre 2019 e 2017 – 400 metros
Categoría B: nad@s entre 2016 e 2014 – 800 metros
Categoría C: nad@s entre 2013 e 2011 - 1.500 metros
Hora Categoría Dende Ata Distancia
18h00
D 2010 2001
10000 m
5000 m
E 2000 1991
F 1990 1981
G 1980 1971
H 1970 …
19h30 CHUPETE … 2020 100 m
19h40 A 2019 2017 400 m
19h50 B 2016 2014 800 m
20h10 C 2013 2011 1500 m

• Os máis pequenos (“Chupetes” menores de 2 anos) poderán realizar a
carreira en correpasillos co correspondente casco, sós ou acompañados por
un adulto (proba non competitiva).

INSCRICIÓNS: O prazo de inscrición remata o MERCORES 23 de setembro de
2026 ás 23h59
▪ CATEGORÍA ABSOLUTA:
Inscricións on-line na páxina: www.championchipnorte.com
O prezo da inscrición será de 5 euros máis 1 euro de aluguer de chip
▪ CATEGORÍAS DE MENORES:
Inscrición gratuíta on-line na páxina: www.championchipnorte.com
Tamén se poden realizar por correo electrónico (ata o mércores 23 de setembro)
enviando os datos ao enderezo ac.ocarballo@gmail.com.
XIII Carreira Popular ‘Entre Pazos e Carballos’ · Regulamento
3
Para poder inscribirse serán obrigatorios os seguintes datos:
- Nome
- Apelidos
- Data de nacemento
- Sexo
- Clube (se pertence a algún)
- Localidade
- Teléfono de contacto
- Enderezo electrónico de contacto
A organización reservarase o dereito de non inscribir a quen non cubra
correctamente os datos requiridos e, polo tanto, non permitirlle participar na
proba.

PREMIOS
▪ CATEGORÍAS DE MENORES: Todos os participantes recibirán unha
medalla, unha árbore autóctona e algún que outro agasallo. Os tres primeiros
atletas (masculinos e femininos) de cada categoría levarán un trofeo
conmemorativo da carreira e un vale para unha ruta a cabalo coa Escola de
Equitación “La Cruz”.
▪ CATEGORÍA ABSOLUTA (10.000 m): Todos os participantes levarán
un agasallo ecolóxico. Os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) de cada
categoría recibirán unha botella de viño local. Ademais, os 3 primeiros atletas
(masculinos e femininos) de entre as categorías da clasificación absoluta,
levarán un trofeo conmemorativo e un lote de produtos típicos do concello de
alta calidade.
▪ CATEGORIA ABSOLUTA (5000 m): Todos os participantes levarán un agasallo
ecolóxico. Os 3 primeiros atletas (masculinos e femininos) levarán un trofeo
conmemorativo e un agasallo dalgún produto local.
▪ PREMIO ESPECIAL: Para o corredor e a corredora mellor
clasificados de entre os empadroados en Taboada.
Avituallamento a media carreira e ao final para tod@s @s atletas ó remataren a
proba na zona habilitada pola organización e degustación de balde de produtos
da zona tras da entrega de premios.
Os premios non son acumulables.
Proba puntuable para Circuíto Miño Ulla de Carreiras Populares 2026
XIII Carreira Popular ‘Entre Pazos e Carballos’ · Regulamento
4
PERCORRIDO
A carreira sae da Alameda de Taboada pola Avenida de Lugo, xirando na rúa do
Carballo e diríxese á aldea de Relás, situada a un quilómetro do casco urbano.
Continúa até a área recreativa da Medela, atravesa o recinto das piscinas e toma
a estrada en dirección a Taboada. Volve ao casco urbano (barrio de Pacios) e
baixa de novo cara ás chousas de Riazón. Aquí percorre unha serie de camiños
que levan os corredores á aldea de San Pedro, e desde esta regresa ao centro da
vila de Taboada. O percorrido ten unha lonxitude de 10.000 m.
A carreira de 5.000 m comparte o comezo do percorrido ca anterior, saíndo
desde a Alameda e pasando por Relás e pola área recreativa da Medela, desde a
cal se dirixe directamente ata a meta.
INFORMACIÓN DE INTERESE PARA O ATLETA
▪ Aparcadoiros: os atletas disporán dunha zona de estacionamento nas
inmediacións do Pavillón Deportivo Municipal.
▪ Duchas: unha vez rematada a proba estarán a disposición dos corredores
as duchas nas instalacións do Pavillón Deportivo Municipal.

REGULAMENTO DA PROBA:
- Poderán participar na proba tod@s aqueles que o desexen.
- Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de axuda. Non cumprir esta norma implicará a descualificación dos
atletas acompañados.
- O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira d@ corred@r, sen
poder facer ningunha modificación nel.
- Todos os participantes (agás os da categoría Chupete-proba non cronometrada),
terán a obriga de utilizar o chip de cronometraxe suministrado pola organización,
excepto os propietarios do chip amarelo da categoría absoluta que poden utilizar
o seu.
- Todos os participantes polo feito de inscribirse, aceptan a publicación tanto do
seu nome coma da súa imaxe nas clasificacións da proba, nos medios de
comunicación e na internet para a súa difusión.
- A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera
aspecto ou circunstancia non contemplada neste regulamento.
- Dado o espírito deportivo e popular desta proba non se admitirán reclamacións.




XIII Carreira Popular ‘Entre Pazos e Carballos’ · Regulamento
5
DECLARACIÓN D@ PARTICIPANTE

A/o participante, polo feito de inscribirse, acepta todas as cláusulas deste
regulamento e manifesta atoparse en perfecto estado de saúde para a proba,
non padecendo enfermidades que lle impidan tomar parte na mesma, sendo a
persoa corredora a única responsable en caso de accidente ao non cumprir a
normativa.
Todas/os os participantes estarán cubertos por unha póliza de responsabilidade
civil e un seguro de accidentes, que cubrirán as incidencias inherentes da proba,
e nunca como derivación dun padecemento ou enfermidade latente,
imprudencia, neglixencia, inobservancia das leis e articulado do regulamento,
etc. A organización declina toda responsabilidade polos danos morais ou
materiais que as/os participantes nesta proba poidan causarse a si mesmas/os,
ou a outras persoas polas causas anteriormente citadas.

INFORMACIÓN E RESULTADOS
Os resultados da carreira popular estarán dispoñibles na páxina web oficial da
proba www.championchipnorte.com e na páxina da Asociación Cultural e
Deportiva O Carballo: https://www.facebook.com/acocarballo

[ Go Back ]