Calendario
Ver carrera

Comado - Barreiros

11/10/2026 10:00 - 13:30

[ Go Back ]

Descripción REGULAMENTO
TRAIL 17KM
X TRAIL MONTE COMADO 2026
__________________________________________
1- EDICIÓN:
• Trail: Décima
2- ORGANIZA:
Asociación cultural e deportiva Praias de Comado xunto co Concello de Barreiros.
COLABORAN:
Secretaría Xeral para o deporte da Xunta de Galicia
Agrupación Protección Civil de Barreiros
Iberia CF
Comisión de festas de San Miguel
2-CATEGORÍAS
Trail 17km:
- Senior: Persoas nacidas dende 2010 a 1987, ambos anos incluídos.
- Veterana/o: Persoas nacidas dende 1986 a 1972, ambos anos incluídos.
. Veterana/o +:Persoas nacidas antes de 1972.
3-LUGAR E DATA
Domingo 11 de outubro: Trail 17 km
➢ Saída e chegada ó carón da igrexa en San Miguel deReinante-Barreiros-Lugo, ás 10:00h.
➢ Entrega de dorsais: O mesmo día da proba dende 2 horas antes, na zona de saída, ata media hora
antes do comezo da proba.
Peches de control:
Trail 17 km: 13:30 horas en meta.
Entregas de premios:
Trail: 13.15. h. na zona de meta
4-PERCORRIDO
TRAIL 17 km:
➢ Saída dende a igrexa de San Miguel de Reinante (a carón da pista de pádel), percorreranse pistas e
camiños forestais polas faldas do Monte Comado en Reinante, San Pedro de Benquerencia e San Miguel
de Reinante.
➢ Distancia aproximada 17 km. e un desnivel acumulado de 1000m. positivos.
5-PARTICIPACIÓN
Poderán participar todas as persoas que o desexen e por razón de idade teñan cabida nas categorías que se
establecen.
6- CRONOMETRAXE
Adultos con chip a través da empresa Championchipnorte. https://ccnorte.com/
7-INSCRICIÓN
➢ Esta carreiras están incluidas no circuito maiskmbarreiros
Proba 5 do circuito: Trails 17k 11 de outubro
➢ A inscrición realizarase a través das páxinas:
https://maiskmsbarreiros.gal/
https://ccnorte.com/
➢ Prazo: estará aberto ata o 8 de outubro de 2026 ás 23:59h.
➢ Coste da participación:
Trail 17km: 15 € + 5 € camiseta conmemorativa, ata o 30/09/2026 – 20 € + 5 € camiseta conmemorativa,
dende 01/10/2026 ata o 08/10/2026.
Participantes: Estará limitado a 150 participantes.
➢ Dorsal: Cada persoa participante disporá dun dorsal con número para a súa identificación.
➢ Aceptación das bases: a inscrición en calquera das probas anteriores supón a aceptación deste
regulamento por parte das persoas participantes, así como a publicación tanto do nome e apelidos como
da súa imaxe, ben nas clasificacións da proba, nos medios de comunicación e internet, ou en calquera
outro medio que a organización estime oportuno para a publicidade desta proba. O descoñecemento
deste regulamento non exime do seu cumprimento.
8- AVITUALLAMENTO
➢ TRAILS:
• Trail 17 km: Dous avituallamientos. O primeiro en km 9 (liquido e sólido), 2º avituallamento en meta
(líquido e sólido).
➢ Recoméndase o uso de cinto portabidóns ou mochila con auga (especialmente se fai calor).
9- SINALIZACIÓN
O percorrido estará debidamente balizado. Do mesmo xeito, en diferentes puntos haberá persoal de axuda así
como persoas da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, tanto a disposición das persoas participantes
como exercendo tarefas de control de seguridade no percorrido. Aínda tendo en conta a sinalización,
recoméndase que as persoas participantes extremen as precaucións, especialmente en pistas asfaltadas, ante a
posibilidade de que algún vehículo faga caso omiso dos controis da proba.
10-PREMIOS
Haberá premios para as tres primeiras persoas clasificadas en cada categoría, e tamén podium categoría
absoluta. A entrega dos mesmos terá lugar ao remate das carreiras.
Os vencedores absolutos, masculino e feminina, terán un obsequio do patrocinador do circuito
“ASOPORCEL”, que tamén obsequiará ós vencedores desta proba na categoría de equipos.
11-DEPORTIVIDADE
Toda persoa participante debe prestar axuda a outra participante e/ou voluntaria accidentada e comunicalo no
punto de control máis próximo ou a calquera outra persoa da organización. Igualmente, deberán acatarse as
normas establecidas pola organización e as recomendacións da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil.
11-OUTROS
➢ A organización non se fai responsable dos danos físicos, morais, materiais ou económicos, tanto dos
participantes como dos acompañantes, derivados da participación nesta proba.
➢ A organización poderá descalificar a toda aquela persoa participante que teña unha actitude antideportiva
ou que dificulte o bo desenvolvemento da proba.
➢ A proba contará con unha ambulancia medicalizada, seguro de accidentes e de Responsabilidade Civil
e servizos de protección civil.
➢ Servizo de duchas nos vestiarios do campo de fútbol das Valgas (preto da meta).
➢ Ao remate da carreira a organización ofrecerá pinchos para as persoas participantes e acompañantes.

[ Go Back ]