Calendario
Ver carrera

Iñás - Oleiros

18/10/2026 12:00 - 13:20

[ Go Back ]

Descripción CAPÍTULO I. DISPOSICIÓNS XERAIS
Artigo 1. Organización
1.1. O Concello de Oleiros, a través da Concellería de Deportes, organiza a Carreira
Popular Rego de San Pedro, coa colaboración das entidades e organismos que figuren
como colaboradores oficiais da proba.
1.2. A dirección técnica da proba corresponderalle ao persoal designado polo Concello
de Oleiros, que asumirá a planificación, coordinación, organización e control do
desenvolvemento da carreira, así como a adopción das decisións necesarias para
garantir o seu correcto desenvolvemento.
1.3. A organización disporá das autorizacións administrativas preceptivas, dos seguros
obrigatorios, do dispositivo sanitario, do Plan de Autoprotección e dos demais medios
humanos e materiais esixidos pola normativa vixente.
Artigo 2. Obxecto do regulamento
O presente regulamento ten por obxecto establecer as normas que rexerán a
organización e o desenvolvemento da Carreira Popular Rego de San Pedro, así como
regular as condicións de participación das persoas inscritas.
A inscrición na proba implica o coñecemento e a aceptación íntegra do presente
regulamento, así como das instrucións e decisións que poidan adoptar a organización e
a Dirección de Carreira para garantir a seguridade, a igualdade entre as persoas
participantes e o correcto desenvolvemento da competición.
Artigo 3. Normativa aplicable
A Carreira Popular Rego de San Pedro desenvolverase de conformidade co disposto:
a) No presente regulamento.
Ojo morado Na normativa deportiva da Federación Galega de Atletismo e da Real Federación
Española de Atletismo que resulte de aplicación ás carreiras populares.
c) Nas autorizacións outorgadas polas administracións competentes para a utilización
das vías e espazos públicos incluídos no percorrido.
d) No Plan de Autoprotección da proba e nos protocolos de seguridade establecidos pola
organización.
e) Na normativa vixente en materia de tráfico e seguridade viaria, protección civil,
espectáculos públicos, protección de datos persoais e demais disposicións legais que
resulten de aplicación.
Calquera aspecto non previsto neste regulamento será resolto pola Dirección de
Carreira, cuxas decisións serán de obrigado cumprimento durante o desenvolvemento
da proba.
Artigo 4. Denominación, data, horario e lugar de celebración
A proba deportiva denomínase I Carreira Popular Rego de San Pedro e celebrarase o
domingo 18 de outubro de 2026, con saída ás 12:00 horas, no termo municipal de
Oleiros.
A saída e a meta estarán situadas na Casa do Pobo de Iñás
(https://maps.app.goo.gl/M4kzq4WCn1pXNidY8), na parroquia de Iñás en Oleiros. O
recinto de saída e meta estará debidamente sinalizado e contará cos servizos previstos
para a celebración da proba.
A localización exacta da saída e da meta, así como o plano do recinto e os accesos
recomendados para persoas participantes e público asistente, figurarán nos anexos do
presente regulamento e na información oficial difundida pola organización.
Artigo 5. Descrición da proba
A I Carreira Popular Rego de San Pedro é unha carreira popular a pé cun percorrido
aproximado de 8,5 quilómetros, que discorre por vías urbanas, camiños e sendeiros do
municipio de Oleiros, combinando distintos tipos de firme e espazos naturais de elevado
interese ambiental e paisaxístico.
O percorrido estará debidamente sinalizado e controlado pola organización, contando
coa colaboración da Policía Local, Protección Civil, persoal auxiliar e voluntariado, co fin
de garantir a seguridade das persoas participantes e o correcto desenvolvemento da
proba.
As características técnicas do percorrido, incluíndo o plano, perfil altimétrico, puntos de
avituallamento, servizos e demais información de interese, incorporaranse como anexos
ao presente regulamento.
CAPÍTULO II. PARTICIPACIÓN
Artigo 6. Persoas participantes
Poderán participar na I Carreira Popular Rego de San Pedro todas aquelas persoas que
cumpran os requisitos establecidos no presente regulamento e formalicen
correctamente a súa inscrición dentro dos prazos e condicións fixados pola organización.
A proba estará aberta ás categorías comprendidas entre Sub-14 e Máster, de acordo
coa distribución de categorías establecida no artigo seguinte.
As persoas menores de idade deberán presentar, no momento da inscrición ou da
recollida do dorsal, a correspondente autorización asinada polo pai, nai, titor ou titora
legal, conforme ao modelo facilitado pola organización.
Todas as persoas participantes deberán atoparse en condicións físicas adecuadas para
afrontar a distancia e as características da proba, participando baixo a súa exclusiva
responsabilidade ou, no caso das persoas menores de idade, baixo a responsabilidade
dos seus representantes legais.
A organización resérvase o dereito de impedir a participación ou retirar da proba a
calquera persoa que presente un estado físico que poida comprometer a súa propia
seguridade, a das demais persoas participantes ou o normal desenvolvemento da
carreira.
Artigo 7. Categorías
A I Carreira Popular Rego de San Pedro contará coas seguintes categorías de
participación, establecidas en función do ano de nacemento das persoas participantes
e diferenciadas nas modalidades feminina e masculina:
Categoría Anos de nacemento
Sub-14 2013 e 2014
Sub-16 2011 e 2012
Sub-18 2009 e 2010
Sub-20 2007 e 2008
Sub-23 2004, 2005 e 2006
Sénior 1992 a 2003
Máster 35 1982 a 1991
Máster 45 1972 a 1981
Máster 55 1962 a 1971
Máster 65 1961 e anteriores
A asignación á correspondente categoría realizarase en función do ano de nacemento
da persoa participante.
A organización poderá agrupar, modificar ou suprimir categorías cando concorran
circunstancias excepcionais de participación ou organización que así o aconsellen,
comunicándoo previamente a través dos medios oficiais da proba.
As clasificacións e os premios outorgaranse de acordo co establecido no Capítulo V do
presente regulamento. A carreira contará cunha clasificación xeral absoluta, tanto
feminina como masculina, así como coas correspondentes clasificacións por categorías.
Artigo 8. Inscricións
A inscrición na I Carreira Popular Rego de San Pedro realizarase exclusivamente a través
da plataforma electrónica carreiraoleiros.ccnorte.com habilitada pola organización.
O prazo de inscrición permanecerá aberto desde o luns 21 de setembro ata o martes 13
de outubro de 2026, ambos incluídos, ou ata completar o número máximo de
participantes admitidos, se este se acadase con anterioridade.
O número máximo de participantes para a edición de 2026 será de 800 persoas.
Para formalizar a inscrición será necesario facilitar os datos persoais requiridos pola
organización, que deberán ser veraces e completos. No caso das persoas menores de
idade, será obrigatoria a autorización da nai, pai, titor ou titora legal, nos termos
establecidos no presente regulamento.
A inscrición considerarase definitivamente formalizada unha vez completado o
formulario correspondente e, se é o caso, efectuado o pagamento da cota de inscrición.
A organización resérvase o dereito de pechar anticipadamente o prazo de inscrición
unha vez acadado o límite máximo de participantes ou cando concorran circunstancias
organizativas que así o xustifiquen.
As inscricións son persoais e intransferibles. Non estará permitido participar utilizando
o dorsal asignado a outra persoa nin realizar cambios de titularidade da inscrición, salvo
autorización expresa da organización dentro dos prazos e condicións que esta estableza.
A formalización da inscrición implica a aceptación íntegra do presente regulamento e
das normas ditadas pola organización para o correcto desenvolvemento da proba.
Artigo 9. Cota de inscrición
A participación na I Carreira Popular Rego de San Pedro estará suxeita ao aboamento
dunha cota única de inscrición de 5,00 euros (€) por persoa participante.
A cota de inscrición inclúe, como mínimo, os seguintes servizos:
 Dereito de participación na proba.
 Dorsal oficial e sistema de cronometraxe.
 Seguro de accidentes e de responsabilidade civil, conforme á normativa vixente.
 Avituallamento ao remate da carreira.
 Agasallo conmemorativo ou bolsa da persoa participante, se a organización así o
establece.
 Acceso aos servizos habilitados pola organización para o desenvolvemento da
proba.
Unha vez formalizada a inscrición, non se procederá á devolución da cota aboada, salvo
no caso de suspensión da proba por causas imputables á organización.
No suposto de suspensión, modificación ou interrupción da proba por causas de forza
maior alleas á organización, non existirá dereito á devolución da cota de inscrición, sen
prexuízo das medidas alternativas que, se é o caso, poida adoptar a organización.
A inscrición terá carácter persoal e intransferible, sen prexuízo do disposto no artigo 8
do presente regulamento sobre os supostos excepcionais de cambio de titularidade
autorizados pola organización.
Artigo 10. Dereitos e obrigas das persoas participantes
As persoas participantes terán dereito a:
a) Participar na proba nas condicións establecidas no presente regulamento.
Ojo morado Dispoñer dos servizos previstos pola organización para o correcto desenvolvemento
da carreira.
c) Figurar nas clasificacións oficiais, sempre que completen o percorrido conforme ás
normas da proba.
d) Presentar reclamacións de acordo co procedemento establecido neste regulamento.
As persoas participantes estarán obrigadas a:
a) Coñecer e cumprir o presente regulamento, así como as instrucións ditadas pola
organización, a Dirección de Carreira, os membros da Policía Local, Protección Civil,
persoal sanitario, voluntariado e demais persoal autorizado.
Ojo morado Levar o dorsal oficial colocado de forma visible na parte dianteira durante todo o
desenvolvemento da proba, sen manipulalo nin dobralo.
c) Completar integramente o percorrido oficial, respectando a sinalización e os controis
establecidos pola organización.
d) Manter en todo momento unha actitude deportiva, respectuosa e de colaboración co
resto das persoas participantes, coa organización, co voluntariado e co público asistente.
e) Respectar o medio natural e urbano polo que transcorre a carreira, evitando
abandonar residuos fóra das zonas habilitadas para tal fin.
f) Comunicar á organización, sempre que sexa posible, o abandono da proba.
g) Participar baixo a súa propia responsabilidade, manifestando que reúnen as
condicións físicas e de saúde necesarias para afrontar a proba.
O incumprimento das obrigas recollidas no presente artigo poderá dar lugar á
descualificación da persoa participante ou á adopción das medidas disciplinarias
previstas neste regulamento.
CAPÍTULO III. DESENVOLVEMENTO DA PROBA
Artigo 11. Percorrido
A I Carreira Popular Rego de San Pedro desenvolverase sobre un percorrido urbano de
aproximadamente 8,5 quilómetros, integramente sinalizado e balizado pola
organización.
A saída e a meta estarán situadas no mesmo recinto, discorrendo o percorrido por vías
públicas, camiños e espazos do termo municipal de Oleiros, previamente autorizados
para a celebración da proba.
As persoas participantes deberán seguir en todo momento o itinerario oficial,
respectando a sinalización instalada e as indicacións da Dirección de Carreira, do persoal
da organización, da Policía Local, de Protección Civil e do resto de persoal autorizado.
Queda prohibido abandonar o percorrido oficial, utilizar atallos ou recibir axuda externa
que supoña unha vantaxe deportiva, salvo nos casos autorizados pola organización por
razóns de seguridade ou asistencia sanitaria.
A organización resérvase o dereito de modificar o percorrido por causas de forza maior,
por razóns de seguridade ou por indicación das autoridades competentes, comunicando
as modificacións coa maior antelación posible.
Artigo 12. Saída
A saída da I Carreira Popular Rego de San Pedro efectuarase ás 12:00 horas, na Avenida
das Mariñas (N-VI), fronte á Casa do Pobo de Iñás, no lugar sinalizado pola organización.
As persoas participantes deberán acceder á zona de saída con antelación suficiente,
recomendándose a súa presenza, cando menos, 15 minutos antes da hora prevista para
o inicio da proba.
A organización poderá establecer unha cámara de chamadas, así como caixóns ou zonas
de saída diferenciadas en función do número de persoas participantes, das categorías,
das marcas acreditadas ou doutras necesidades organizativas. As persoas participantes
deberán situarse no espazo que lles sexa asignado e seguir en todo momento as
indicacións do persoal da organización.
Unha vez dada a saída, non se permitirá a incorporación á proba por un punto distinto
ao establecido, nin o acceso ao percorrido sen portar o correspondente dorsal oficial.
A organización poderá atrasar, modificar ou suspender a saída cando concorran
circunstancias meteorolóxicas adversas, incidencias de seguridade, emerxencias ou
outras causas de forza maior que poidan comprometer a seguridade das persoas
participantes ou o correcto desenvolvemento da proba.
As persoas participantes deberán atender en todo momento as indicacións da Dirección
de Carreira, do persoal da organización e das forzas e corpos de seguridade presentes
no dispositivo da proba.
Co fin de facilitar o acceso das persoas participantes e do público asistente, a
organización habilitará unha zona de estacionamento recomendada nas inmediacións
da saída e da meta. Na seguinte figura indícase a súa localización, así como os principais
accesos peonís ata a área de competición.
Figura 3 Zona de Aparcadoiro
Figura 2 Detalle servizos zona de Saída/meta
Artigo 13. Dorsal e cronometraxe
Todas as persoas participantes deberán portar obrigatoriamente o dorsal oficial
facilitado pola organización, que deberá colocarse na parte dianteira do tronco,
completamente visible durante toda a proba e sen sufrir manipulacións, recortes,
dobras ou alteracións que dificulten a súa correcta identificación.
O dorsal é persoal e intransferible, polo que non poderá ser cedido, intercambiado nin
utilizado por unha persoa distinta daquela á que foi asignado, salvo autorización expresa
da organización conforme ao establecido neste regulamento.
A cronometraxe da proba realizarase mediante sistema electrónico, sendo rexistrado o
tempo oficial de cada participante segundo os procedementos establecidos pola
empresa encargada deste servizo. Para figurar na clasificación oficial será imprescindible
completar integramente o percorrido, pasar por todos os puntos de control establecidos
e cruzar a liña de meta co dorsal e o dispositivo de cronometraxe correctamente
colocados.
A perda, deterioración ou utilización incorrecta do dorsal ou do sistema de
cronometraxe poderá impedir a obtención do tempo oficial e dar lugar á descualificación
da persoa participante cando así o determine a Dirección de Carreira.
Recollida de dorsais
Os dorsais poderán recollerse durante a semana previa á celebración da proba nos
seguintes puntos e horarios:
-Oficinas do Servizo Municipal de Deportes – A Fábrica
(https://maps.app.goo.gl/phNScKQNRiPh6tfYA):
Mércores 14, xoves 15 e venres 16 de outubro, en horario de 9:00 a 14:00 horas.
- Casa do Pobo de Iñás:
xoves 15 e venres 16 de outubro, en horario de 17:00 a 19:00 horas.
Así mesmo, o día da proba, domingo 18 de outubro, habilitarase a recollida de dorsais
na zona de saída/meta, na Casa do Pobo de Iñás, desde as 9:00 ata as 11:15 horas.
Para a retirada do dorsal poderá requirirse a acreditación da identidade da persoa
participante. No caso das persoas menores de idade, deberá terse presentada a
correspondente autorización da nai, pai, titor ou titora legal nos termos establecidos
neste regulamento.
Artigo 14. Controis de carreira
Co fin de garantir o correcto desenvolvemento da proba e a igualdade entre todas as
persoas participantes, a organización establecerá os controis de saída, paso e meta que
considere necesarios ao longo do percorrido.
Todas as persoas participantes deberán completar integramente o itinerario oficial e
pasar por todos os puntos de control establecidos, seguindo en todo momento o
percorrido sinalizado e as indicacións da Dirección de Carreira, do persoal da
organización, do voluntariado e das forzas e corpos de seguridade.
A omisión dalgún control, o abandono do percorrido oficial, a utilización de atallos ou
calquera outra actuación que supoña unha vantaxe indebida poderá dar lugar á
descualificación da persoa participante.
A organización poderá establecer controis manuais, electrónicos ou mediante calquera
outro sistema de verificación que considere adecuado para garantir a correcta
clasificación da proba.
As persoas participantes deberán facilitar, cando sexan requiridas, a comprobación da
súa identidade e do dorsal por parte do persoal autorizado.
Artigo 15. Tempo máximo de realización da proba
Co fin de garantir a seguridade das persoas participantes e posibilitar a reapertura ao
tráfico das vías afectadas, establécese un tempo máximo de 1 hora e 30 minutos para
completar o percorrido oficial da proba.
A organización poderá establecer tempos de referencia en distintos puntos do
percorrido para comprobar que as persoas participantes manteñen un ritmo compatible
co desenvolvemento da carreira e co dispositivo de seguridade previsto.
As persoas que superen o tempo máximo establecido ou que, por criterio da Dirección
de Carreira, non poidan finalizar a proba dentro do tempo previsto, deberán abandonar
a competición cando lles sexa indicado polo persoal da organización, polos servizos de
seguridade ou polos servizos sanitarios.
Figura 4 Punto de control e tempo de peche.
Nestes casos, as persoas participantes poderán continuar o percorrido baixo a súa
exclusiva responsabilidade, respectando en todo momento as normas de circulación
viaria, ao considerarse finalizada a súa participación na proba e sen dereito a figurar na
clasificación oficial.
A Dirección de Carreira poderá adoptar as medidas necesarias para garantir a
seguridade das persoas participantes e o normal desenvolvemento do operativo de
tráfico e emerxencias.
Artigo 16. Avituallamentos
Co obxecto de garantir unha adecuada hidratación das persoas participantes, a
organización establecerá os puntos de avituallamento que considere necesarios en
función das características da proba, das condicións meteorolóxicas e da normativa
vixente.
Na I Carreira Popular Rego de San Pedro habilitaranse os seguintes puntos de
avituallamento:
 Avituallamento líquido aproximadamente no quilómetro 5, con subministración
de auga.
 Avituallamento final, situado na zona de meta, con auga, bebida isotónica, froita
e outros produtos de recuperación que determine a organización.
A localización exacta dos puntos de avituallamento figura no plano oficial da proba.
Os avituallamentos estarán destinados exclusivamente ás persoas participantes
debidamente acreditadas co dorsal oficial.
Co fin de reducir o impacto ambiental da proba, as persoas participantes deberán
depositar os envases, vasos e demais residuos nas zonas habilitadas para tal fin,
colaborando no mantemento da limpeza do percorrido e dos espazos naturais polos que
discorre a carreira.
Artigo 17. Asistencia sanitaria e emerxencias
Figura 5 Puntos de Avituallamento
Co fin de garantir a seguridade das persoas participantes, a organización establecerá un
dispositivo sanitario permanente integrado polos recursos asistenciais previstos no
Plan de Autoprotección da proba.
O dispositivo sanitario estará composto, como mínimo, polos seguintes recursos:
 Posto sanitario principal, situado na zona de saída e meta, dotado dos medios
asistenciais previstos para a atención sanitaria da proba.
 Posto sanitario intermedio, situado aproximadamente no PK 3,65, destinado a
reducir os tempos de resposta ante calquera incidencia producida na primeira
metade do percorrido.
 Os medios de evacuación e asistencia sanitaria necesarios para garantir a
atención inmediata das persoas participantes, de acordo co dispositivo aprobado
para a proba.
Figura 6 Dispositivo sanitario da proba
Co obxecto de facilitar unha evacuación rápida cara aos centros sanitarios de referencia,
establécense cinco puntos de evacuación distribuídos ao longo do percorrido,
accesibles para ambulancias e vehículos de emerxencia, situados aproximadamente nos
seguintes puntos quilométricos:
 Punto de Evacuación 1: PK 4,40
 Punto de Evacuación 2: PK 5,25
 Punto de Evacuación 3: PK 5,83
 Punto de Evacuación 4: PK 6,27
 Punto de Evacuación 5: PK 7,65
En caso de incidencia sanitaria, a organización activará o procedemento establecido no
Plan de Autoprotección, mobilizando o recurso asistencial máis próximo ao lugar do
incidente e empregando, se fose necesario, o punto de evacuación que ofreza un acceso
máis rápido para os servizos de emerxencia.
Figura 7 Puntos de evacuación para vehículos de emerxencia
As persoas participantes deberán atender en todo momento as indicacións do persoal
sanitario, da Dirección de Carreira, de Protección Civil e das Forzas e Corpos de
Seguridade, podendo ser retiradas da competición cando o persoal sanitario considere
que continuar a proba supón un risco para a súa saúde ou para a seguridade da propia
proba.
A localización dos postos sanitarios, dos puntos de evacuación e dos accesos para
vehículos de emerxencia recóllese nas seguintes figuras.
CAPÍTULO IV. NORMAS DE COMPETICIÓN
Artigo 18. Descualificacións
A Dirección de Carreira poderá descualificar a calquera persoa participante que
incumprise o presente regulamento ou que realice actuacións contrarias ao xogo limpo,
á seguridade da proba ou ás indicacións da organización.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes supostos:
a) Non completar integramente o percorrido oficial ou abandonar o itinerario sinalizado,
utilizando atallos ou calquera outro medio que supoña unha vantaxe deportiva.
Ojo morado Non pasar polos puntos de control establecidos pola organización.
c) Participar cun dorsal que non lle corresponda, manipular o dorsal oficial ou o sistema
de cronometraxe, ou permitir o seu uso por outra persoa.
d) Recibir axuda externa que altere o desenvolvemento normal da competición, agás a
asistencia sanitaria prestada pola organización.
e) Participar acompañado por bicicletas, patíns, vehículos ou animais non autorizados
pola organización.
f) Non respectar as indicacións da Dirección de Carreira, do persoal da organización, dos
servizos sanitarios, de Protección Civil, da Policía Local ou das demais autoridades
presentes no operativo.
g) Manter unha actitude antideportiva, ofensiva ou irrespectuosa cara ao resto das
persoas participantes, voluntariado, organización ou público asistente.
h) Arroiar residuos fóra das zonas habilitadas para tal fin ou provocar danos no medio
natural ou urbano polo que discorre a proba.
i) Continuar en competición despois de ser retirado polos servizos sanitarios ou pola
Dirección de Carreira.
A descualificación poderá implicar a exclusión da clasificación oficial, a perda dos
premios obtidos e, de ser o caso, a imposibilidade de participar en futuras edicións da
proba cando a gravidade dos feitos así o aconselle.
Artigo 19. Clasificacións e resultados
A clasificación oficial da I Carreira Popular Rego de San Pedro elaborarase a partir dos
rexistros obtidos polo sistema oficial de cronometraxe empregado pola organización.
Estableceranse, como mínimo, as seguintes clasificacións:
 Clasificación xeral absoluta masculina.
 Clasificación xeral absoluta feminina.
 Clasificación por categorías, tanto masculina como feminina, conforme ao
establecido no presente regulamento.
Para figurar na clasificación oficial será necesario:
a) Completar integramente o percorrido oficial.
Ojo morado Pasar por todos os puntos de control establecidos pola organización.
c) Cruzar a liña de meta co dorsal oficial correctamente colocado e identificado polo
sistema de cronometraxe.
Non figurarán na clasificación oficial as persoas participantes que resulten
descualificadas conforme ao disposto no artigo anterior ou que abandonen a
competición antes de finalizar o percorrido.
Os resultados provisionais publicaranse unha vez finalizada a proba a través dos medios
oficiais da organización e da empresa de cronometraxe.
As clasificacións adquirirán carácter definitivo unha vez resoltas, se é o caso, as
reclamacións presentadas dentro dos prazos establecidos.

[ Go Back ]