Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Brión
03/10/2026
18:00 - 19:00
[
Go Back
]
Descripción
BASES DA XLIII CARREIRA PEDESTRE POPULAR DA AMAÍA
O Concello de Brión, coa colaboración do Club Deportivo Brión Hyupersa Santiago,
organiza a XLIII edición da Carreira Pedestre Popular da Amaía o sábado 3 de outubro
de 2026 a partir das 16:30 h nas inmediacións do Parque de Pedrouzos (ao lado do
Campo de Fútbol Municipal de Brión) co control técnico do Comité Galego de Xuíces da
Federación Galega de Atletismo (Delegación de Santiago). Trátase dunha proba oficial
da FGA, cunha distancia non homologada, pertencente ao XII Circuíto de Carreiras
Deputación da Coruña.
PRIMEIRA. NORMATIVA XERAL
A XLIII Carreira Pedestre Popular da Amaía rexerase pola normativa vixente en materia
de seguridade viaria do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia aplicable á
celebración de probas deportivas na vía pública, en particular polo Real decreto
1428/2003, do 21 de novembro, e polo Real decreto 849/1993, do 4 de xuño, polo que
se determinan as prestacións mínimas do Seguro Obrigatorio Deportivo, nos supostos
en que resulte aplicable.
A proba estará cuberta por unha póliza de responsabilidade civil e por outra de
accidentes deportivos, ambas subscritas pola Federación Galega de Atletismo.
No caso de accidentes deportivos, quedan excluídos da cobertura os supostos
derivados de padecementos latentes, imprudencias ou incumprimentos das leis ou da
normativa aplicable á competición, así como aqueles outros expresamente excluídos
nas condicións da póliza.
Tamén quedan excluídos os accidentes ou incidencias producidos durante o
desprazamento ao lugar de celebración da competición ou desde este.
Así mesmo, a proba contará cun servizo médico-sanitario composto por unha
ambulancia e persoal médico.
A organización resérvase o dereito de modificar os horarios e/ou os percorridos, así
como de aprazar ou suspender a carreira cando resulte necesario por razóns de
seguridade. Estas circunstancias serán comunicadas ás persoas participantes coa
maior antelación posible.
No caso de que para o día da proba se decrete unha alerta meteorolóxica de nivel
laranxa ou superior que afecte ao concello de Brión durante o horario previsto para a
carreira, a proba será suspendida automaticamente.
SEGUNDA. PARTICIPACIÓN
Nesta proba poderán participar persoas federadas e non federadas.
Todas as persoas participantes declaran, ao formalizar a inscrición, atoparse nun estado
físico e de saúde adecuado para participar na proba.
Calquera persoa participante que presente algunha circunstancia médica relevante,
como alerxias ou necesidades especiais de atención, deberá facelo constar no reverso
do dorsal.
O persoal médico poderá determinar a retirada da proba de calquera persoa participante
cando considere que a súa continuidade pode supoñer un risco para a súa saúde.
Toda persoa que participe sen estar inscrita farao baixo a súa responsabilidade, non
poderá figurar nas clasificacións nin optar a premios ou trofeos e non estará amparada
polos seguros da proba.
As persoas participantes deberán manter durante a proba unha conduta deportiva e
respectuosa co resto das persoas participantes, co equipo arbitral, co persoal da
organización e co público asistente.
As persoas con licenza da FGA deberán competir coa camiseta oficial do seu club e
cumprir o Regulamento de Disciplina Deportiva vixente.
Durante a proba non se permite o acompañamento das persoas participantes mediante
vehículos alleos á organización, bicicletas ou patíns, nin por persoas non inscritas que
lles proporcionen avituallamento ou lles marquen o ritmo.
A participación de atletas procedentes do estranxeiro ou doutras federacións
autonómicas rexerase polo disposto nos artigos 16, 17 e 18 da sección terceira do
Regulamento de Competición da Real Federación Española de Atletismo, que se pode
consultar na seguinte ligazón: https://i.gal/0U5aF
TERCEIRA. CATEGORÍAS, DISTANCIAS, HORARIOS E CIRCUÍTO
Na presente edición da proba establécense as seguintes categorías, distancias e
horarios:
CATEGORÍA SEXO IDADE DISTANCIA HORARIO
MENORES SEN
CLASIFICACIÓN
INICIACIÓN Mixto 2021 e posteriores 100 m 16:30 h
SUB 8 Mixto 2019·2020 400 m 16:45 h
MENORES
SUB 10 Masculino
Feminino 2017·2018 700 m 17:00 h
SUB 12 Masculino
Feminino 2015·2016 700 m 17:15 h
SUB 14 Masculino
Feminino 2013·2014 2.000 m 17:30 h
SUB 16 Masculino
Feminino 2011·2012 2.000 m 17:30 h
SUB 18 Masculino
Feminino 2009·2010 6.000 m 18:00 h
ABSOLUTA
SUB 20 Masculino
Feminino 2007·2008 6.000 m 18:00 h
SUB 23 Masculino
Feminino 2004·2005·2006 6.000 m 18:00 h
SÉNIOR Masculino
Feminino 1992·2003 6.000 m 18:00 h
MASTER 1 Masculino
Feminino 1986·1991 6.000 m 18:00 h
MASTER 2 Masculino
Feminino 1976·1985 6.000 m 18:00 h
MASTER 3 Masculino
Feminino 1966·1975 6.000 m 18:00 h
MASTER 4 e seguintes Masculino
Feminino 1965 e anteriores 6.000 m 18:00 h
A recollida de dorsais poderá realizarse o venres 2 de outubro, opción recomendada, na
Casa da Cultura do Concello de Brión, en horario de 9:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 h.
O propio día da carreira poderán recollerse desde as 15:30 h e ata 30 minutos antes do
inicio de cada proba, nas inmediacións da liña de saída.
A proba absoluta da XLIII Carreira Pedestre Popular da Amaía realizarase sobre un
novo circuíto duns 3.000 m ao que se darán dúas voltas para completar un total
de 6.000 m. Este circuíto presenta un menor desnivel que o empregado en
edicións anteriores. Os percorridos das categorías de Iniciación a Sub 16
desenvolveranse nas inmediacións do Campo de Fútbol Municipal de Brión.
Toda a información sobre os distintos percorridos pode consultarse na seguinte ligazón:
https://i.gal/FAJI3
Ao finalizar a proba, todas as persoas participantes recibirán un avituallamento líquido
na liña de meta.
CUARTA. INSCRICIÓN, COTAS E SISTEMA DE CRONOMETRAXE
As inscricións realizaranse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com, ata o 30
de setembro ás 23:59 h. Non se admitirán inscricións fóra do prazo establecido nin por
outros medios.
Para o control de tempos, todas as persoas participantes deberán levar o dorsal con
chip facilitado pola organización correctamente colocado e nun lugar ben visible á altura
do peito.
As cotas de inscrición serán as seguintes:
- Iniciación, Sub 8, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16: inscrición gratuíta
- De Sub 18 a Máster: 5 €
A persoa participante que non porte o dorsal durante a proba non poderá figurar na
clasificación.
O dorsal é persoal e intransferible. A súa utilización por unha persoa distinta da titular
suporá a descualificación da proba e a perda dos dereitos derivados da inscrición.
A formalización da inscrición implica a lectura e aceptación destas bases.
QUINTA. CLASIFICACIÓNS E PREMIOS
Establecerase unha clasificación individual segundo o tempo empregado en completar
o circuíto da proba e unha clasificación por categorías. As diversas clasificacións
poderán consultarse na páxina web: www.carreirasgalegas.com.
Outorgaranse trofeos ás tres primeiras persoas clasificadas de cada categoría,
tanto na clasificación feminina como na masculina.
Así mesmo, recibirán trofeo e premio en metálico as tres primeiras persoas da
clasificación absoluta masculina e as tres primeiras da feminina. Tamén haberá
premios para os tres clubs federados mellor clasificados. Os premios económicos
establécense da seguinte maneira:
CLASIFICACIÓN
MASCULINA
CLASIFICACIÓN
FEMININA
CLUBS
FEDERADOS
1ª POSICIÓN 300 € + TROFEO 300 € + TROFEO 300 € + TROFEO
2ª POSICIÓN 250 € + TROFEO 250 € + TROFEO 250 € + TROFEO
3ª POSICIÓN 150 € + TROFEO 150 € + TROFEO 150 € + TROFEO
Na carreira absoluta tamén recibirán trofeo as tres primeiras persoas da clasificación
masculina e as tres primeiras da feminina que estean empadroadas no Concello
de Brión no momento de formalizar a inscrición.
Os premios non serán acumulativos. Ningunha persoa participante poderá acumular
dous premios correspondentes á clasificación xeral e á súa categoría, agás os
recoñecementos correspondentes á clasificación de persoas empadroadas no Concello
de Brión.
A cerimonia de entrega de premios terá lugar nas inmediacións da zona de saída e
meta, unha vez que a última persoa participante complete a proba absoluta e logo de
que a organización dispoña dos resultados oficiais facilitados pola entidade responsable
da cronometraxe.
Todas as persoas participantes recibirán como agasallo conmemorativo unha camiseta
técnica, cortesía da organización.
Sistema de puntuación e clasificación por equipos
Para optar á clasificación por clubs será necesario que polo menos seis integrantes do
equipo completen a proba.
A clasificación establecerase mediante a suma dos postos obtidos polas seis primeiras
persoas integrantes de cada club que crucen a liña de meta. Resultará gañador o equipo
que obteña a menor puntuación. En caso de empate, terá preferencia o equipo cuxa
sexta persoa integrante figure mellor clasificada.
Os equipos poderán ser mixtos.
Só os clubs federados poderán optar aos premios en metálico. Para formar parte dun
mesmo equipo, todas as persoas integrantes deberán figurar inscritas baixo a mesma
denominación. Para establecer a clasificación de cada club non se computarán persoas
pertencentes a outros clubs nin a clubs filiais.
SEXTA. RECLAMACIÓNS
As reclamacións deberán formularse verbalmente ante a persoa que exerza a función
de xuíz árbitro da competición, na zona de meta, nun prazo máximo de 30 minutos desde
a publicación dos resultados oficiais. Estes serán expostos nun lugar visible pola
organización.
SÉTIMA. DESCUALIFICACIÓNS
O equipo arbitral e o persoal da organización poderán descualificar calquera persoa
participante que incumpra a normativa da FGA ou da RFEA ou que incorra nalgunha
das seguintes condutas:
- Non leve o dorsal correctamente colocado.
- Manipule ou modifique o dorsal.
- Participe cun dorsal correspondente a outra persoa.
- Non pase polos controis de carreira establecidos.
- Non realice o percorrido da carreira completo.
- Non atenda as indicacións do persoal da organización ou do equipo arbitral.
- Pretenda participar na carreira popular sen terse inscrito previamente.
- Se inscriba alterando de forma maliciosa os datos que figuren no DNI ou na ficha
federativa.
- Adopte unha conduta antideportiva, groseira, violenta ou irrespectuosa co resto das
persoas participantes, co equipo arbitral, co persoal da organización ou co público.
- Non facilite á organización a documentación que se lle requira.
- Incumpra calquera outra disposición da normativa de competición vixente da FGA ou
da RFEA aplicable á proba.
Tamén serán descualificadas as persoas participantes que non respecten as indicacións
da Policía Local, de Protección Civil, da Garda Civil, do equipo arbitral, dos servizos
médicos ou do persoal da organización debidamente identificado.
As persoas descualificadas perderán o dereito a recibir calquera premio en metálico ou
trofeo.
OITAVA. PROTECCIÓN DE DATOS
Os datos persoais facilitados con motivo da inscrición na XLIII Carreira Pedestre Popular
da Amaía serán tratados pola Federación Galega de Atletismo coa finalidade de
xestionar a inscrición e participación na proba, elaborar e publicar as clasificacións,
tramitar a licenza de día cando corresponda, xestionar as coberturas aseguradoras
vinculadas á participación na proba e realizar as demais actuacións necesarias para o
desenvolvemento da competición.
O responsable do tratamento é a Federación Galega de Atletismo, con CIF G15103500
e domicilio no Complexo Deportivo de Elviña, Praza Agustín Díaz, s/n, Salas 15-16-17,
15008 A Coruña. Pódese contactar coa Federación no teléfono 981 291 683 ou no
enderezo electrónico federacion@atletismo.gal.
O delegado de protección de datos da Federación Galega de Atletismo é Nós Solucións.
Pódese contactar a través do enderezo electrónico ramon@nossolucions.es.
Os datos persoais poderán ser comunicados ás entidades que deban intervir na
organización e desenvolvemento da proba cando resulte necesario para a súa correcta
xestión, para o cumprimento das obrigas legais aplicables ou para a prestación dos
servizos vinculados á competición.
As persoas interesadas poderán exercer os dereitos de acceso, rectificación, supresión,
oposición, limitación do tratamento e, cando proceda, portabilidade dos seus datos,
dirixíndose á Federación Galega de Atletismo a través dos datos de contacto indicados
anteriormente.
Así mesmo, poderán presentar unha reclamación ante a Axencia Española de
Protección de Datos se consideran que o tratamento dos seus datos persoais non se
axusta á normativa vixente.
A información adicional e detallada sobre o tratamento dos datos persoais estará
dispoñible no momento de formalizar a inscrición a través da plataforma Carreiras
Galegas.
[
Go Back
]