Calendario
Ver carrera

Lestrobe

12/10/2026 11:00 - 12:20

[ Go Back ]

Descripción Artigo 1. Normativa xeral
• A Carreira Pedestre de Lestrobe 2026 rexerase polas actuais regulamentacións
de Seguridade Vial do Estado e da Comunidade Autónoma de Galicia, que
establece os requisitos esixidos para a celebración de probas deportivas na vía
urbana.
• A proba contará con un seguro de responsabilidade civil e tamén contará con
un seguro de accidentes.
• Así mesmo a proba contará cun servizo médico-sanitario, que constará dunha
ambulancia e un médico.
• A organización resérvase o dereito a modificar horarios e ou percorridos, así
como aprazar ou suspender a carreira se así o estima oportuno por razóns de
seguridade, circunstancias que serán comunicadas aos participantes con tempo
suficiente. No caso de que para o día de celebración da proba se decrete unha
alerta laranxa a proba será suspendida automaticamente. Buscarase unha data
adecuada para desenvolvela e non se devolverán os cartos da inscrición.
• Os participantes na carreira terán á súa disposición o Pavillón Polideportivo de
Padrón para que se poidan duchar.
• Así mesmo tamén poñerase a disposición dos corredores un servizo de
gardarroupa situado na Unitaria de Lestrobe.
• Os participantes deberán colocarse na liña de saída cando o estableza a
organización e os xuíces da competición.
• A participación de atletas estranxeiros e de outras federacións autonómicas
rexerase de acordo co disposto no artigo 3.4. do "Regulamento para las
competicións de la temporada de campo a través, marcha, carreras en
carretera, y reuniones de pista cubierta y aire libre” da tempada que
corresponde.
• Reclamacións: deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non máis tarde
de 30 minutos despois de comunicarse oficialmente os resultados.
• Os únicos vehículos que poderán seguir a proba, serán os autorizados pola
organización.
• O peche do control na carreira absoluta, producirase ó cabo de 40 minutos a
contar desde que o primeiro participante cruce a liña de meta.
Artigo 2. Participantes e control técnico
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación
conxunta.
O control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de
Atletismo.
Artigo 3. Categorías
• Pavón 2021-2022-2023.
• Pé de Millo 2019-2020.
• Benxamín (sub 10) 2017-2018.
• Alevín (sub 12) 2015-2016.
• Infantil (sub 14) 2013-2014.
• Cadete (sub 16) 2011-2012.
• Xuvenil (sub 18) 2009-2010.
• Júnior (sub 20) 2007-2008.
• Promesa (sub 23) 2004-2005-2006.
• Sénior de 1992 a 2003.
• Veterán/a A: Atletas nados/as entre 1986 e 1991
• Veterán/a B: Atletas nados/as entre 1976 e 1985
• Veterán/a C: Atletas nados/as entre 1966 e 1975
• Veterán/a D: Atletas nados/as antes do 1966
• Participante 4K: Atletas nados ata o 2010
Artigo 4. Distancias e horarios
CATEGORÍA HORARIO DISTANCIA PERCORRIDO Nº VOLTAS
ÚNICA
CATEGORÍA 11.00 H 4.000 M AMARELO 1
SUB 18, SUB
20, SUB 23,
SÉNIOR,
VETERÁN A,
B, C e D
11.00 H 8.000 M AMARELO 2
SUB 14, SUB
16 12.00 H 2.200 M LARANXA 2
SUB 12 12.20 H 1.100 M VERMELLO 1
SUB 10 12.35 H 900 M NEGRO 1
PÉ DE MILLO 12.45 H 800 M VERMELLO 1
PAVÓN 12.55 H 100 M VERDE 1
Artigo 5. Lugar de saída e percorrido
Saída e chegada
Rúa Fortunato Cruces (Lestrobe)
Establécense 5 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de
distancias.
1. Percorrido verde: 100 M.
2. Percorrido vermello: 800 M.
3. Percorrido negro: 900 M.
4. Percorrido laranxa: 1.100 M.
5. Percorrido amarelo 4.000 M.
Artigo 6. Inscricións
Prazo:
Ata o mércores 7 de outubro de 2026 ás 23.59 h. Non se aceptarán inscricións fora de
prazo ou con datos incompletos.
Onde:
www.carreirasgalegas.com
Prezo:
Os prezos de inscrición aprobaranse no Pleno municipal do Concello de Dodro.
• Gratuíto para as categorías de pavóns a cadete (Sub 16).
• 6 € nas categorías xuvenil (Sub 18), júnior (Sub 20), promesa (Sub 23), sénior e
veteráns e na proba 4K.
Límite prazas: Haberá un límite de 200 inscritos na carreira de 4K e de 10K.
Artigo 7. Chips, cronometraxe e retirada de dorsais e chips.
Retirada de dorsais:
Na unitaria de Lestrobe (sita na R/Fortunato Cruces) o mesmo día da proba a partir
das 9 h. e ata o inicio da mesma.
Cronometraxe e control por chip
Agás os participantes nas categorías pavóns e pés de millo (non competitivas), os
demais participantes estarán controlados a través dun chip que se entregará a cada
participante xunto co dorsal. (non retornables).
Artigo 8. Premios
Na Carreira Pedestre de Lestrobe 2026 outorgaranse os seguintes:
Camisetas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Pavón, Pé
de Millo, Benxamín, Alevín, Infantil e Cadete.
Trofeo para os/as tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba
absoluta 8k, tanto en categoría feminina coma masculina.
Trofeo para os/as tres primeiros/as corredores/as en cruzar
a liña de meta na proba absoluta de 4K, tanto en categoría feminina como masculina.
Medalla Podium para os/as tres primeiros/as clasificados/as de cada categoría
feminina e masculina. Excepto categorías Pavón e Pé de Millo (non competitivas), e na
proba de 4K que so terán premiacións os/as tres primeiros/as corredores/as.
Trofeo para os/as 3 primeiros/as corredores/as locais masculinos e femininos na proba
absoluta. ( locais serán aqueles empadroados en Dodro ).
Trofeo ao club con mais participantes.
Agasallos. Os participantes nas categorías xuvenil (Sub 18), júnior (Sub 20), promesa
(Sub 23), sénior e veteráns recibirán un agasallo técnico.
As persoas premiadas deberán presentarse na zona de entrega de premios ( na
entrada do Centro de Saúde ) ó redor das 13.00 horas. En todo caso está previsto
comezar coa entrega de premios en torno ás 13.15 horas aproximadamente.
Artigo 9. Servizos
Servizo de gardarroupa
Unitaria de Lestrobe
Vestiarios e Duchas
Pavillón Polideportivo de Padrón
Aparcadoiros:
Zona da feira xunto ó río Sar. ( 42º 44´02.13” N, 8º 39´44.37” O )
Publicación Resultados
carreirasgalegas.com
Facebook Concello de Dodro
Artigo 10. Outras consideracións
Non estará permitido o acompañamento dos participantes mediante o uso de
vehículos de apoio. A non observancia desta norma implicará a descualificación dos
atletas acompañados.
O dorsal deberá ser colocado visiblemente na parte dianteira do/a corredor/a, sen
poder facer ningunha modificación no mesmo.
A organización e os seus colaboradores non se fan responsables dos danos morais ou
materiais que a si mesmos ou a outras persoas ocasionen os participantes nas
carreiras.
A organización da proba reservarase a facultade de decidir sobre calquera aspecto ou
circunstancia non contemplada neste regulamento.
Artigo 11. Aviso Legal
L.O.P.D.
Todos os corredores/as ó realizar a inscrición aceptan a publicación do seu nome e
imaxe nas clasificacións, medios de comunicación e/ou internet.
NOTA
Este circuíto pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e
mediante a súa inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos
básicos sexan cedidos a esta entidade para a tramitación, ante a compañía de seguros,
dos seguros obrigatorios de accidentes e Responsabilidade Civil así como a xestión da
licenza de día e ranking popular de probas de ruta. En todo caso e tal como establece a
lei de Protección de Datos, o/a interesado/a pode exercer no futuro os seus dereitos
de acceso, rectificación, cancelación e oposición mediante escrito ou correo
electrónico á Federación Galega de Atletismo. Avenida de Glasgow ,13 - 15008 A
Coruña.
Todo o non reflectido no presente regulamento rexerase polas normas vixentes da
FGA e RFEA.

[ Go Back ]