Calendario
Ver carrera

Vigo - Cáncer

18/10/2026 10:00 - 11:30

[ Go Back ]

Descripción I EDICIÓN VIGO EN MARCHA CONTRA O CANCRO – 2026
1. PRESENTACIÓN:
A Asociación Española Contra o Cancro en Vigo organiza o domingo 18 de outubro
de 2026, ás 10:00 horas, a I edición da marcha/proba deportiva “Vigo en marcha
contra o cancro” a beneficio desta entidade e coa finalidade de apoiar a investigación
contra o cancro.
A saída estará situada diante da sede da Asociación Española Contra o Cancro en
Vigo, a altura da rúa Venezuela 34 e o percorrido constará de tres modalidades:
o Andaina: distancia de 5 km. Saída ás 11:15 horas.
o Carreira 5K: non competitiva. Saída ás 11:15 horas.
o Carreira 10K: competitiva. Saída ás 10h.
A chegada será no mesmo lugar da saída.
2. CARACTERÍSTICAS:
A Asociación Española Contra o Cancro en Vigo organiza esta marcha/proba
deportiva co fin de destinar o recadado a financiar todos os programas gratuitos de
Prevención, Atención Psicolóxica e Social, Logopedia, Fisioterapia e Exercicio Físico
Oncolóxico, acompañamento a pacientes e familiares, ademais de a fomentar e
apoiar proxectos de INVESTIGACIÓN en cancro. Actualmente a Asociación é a
entidade social e privada que máis fondos destina a investigación oncolóxica en
España.
o Andaina e Carreira 5K: esta proba ten carácter lúdico-deportivo e non
competitivo. Está aberta a todas aquelas persoas que queiran colaborar coa
Asociación Española Contra o Cancro.
o A Carreira de 10K: é de carácter competitivo e está aberta á participación de
persoas maiores de 16 anos.
3. REGULAMENTO:
3.1. - Data e hora
Celebrarase o domingo 18 de outubro, coas seguintes horas de saída:
o 10:00hrs. → Carreira 10K (competitiva)
Os participantes que corran nesta proba terán 60 minutos para completala.
As persoas deberán dirixirse á zona dos arcos de meta/saída ás 09:45hrs.
(quince minutos antes da saída).
o 11:15hrs. → Andaina e Carreira 5K
Os participantes que fagan a carreira deberán poñerse nas primeiras filas, e
en segundo lugar os participantes que vaian realizar a proba andando, así
como aquelas persoas que por motivo dalgunha limitación de mobilidade
2
precisen de cadeiras de rodas para desprazarse e os que leven carriños de
bebé ou similares.
As persoas deberán estar preparadas ás 11hrs. (quince minutos antes da
saída).
Todos/as os/as participantes na marcha teñen a obrigación de obedecer as
indicacións que a organización (voluntarios, Protección Civil e Policía Local) co fin de
garantir o correcto funcionamento do evento, así como a seguridade dos propios
participantes e dos membros da organización.
3.2.- Entrega de dorsais e camisetas
Terá lugar os días 16 e 17 de outubro en El Corte Inglés de Vigo (Av. da Gran Vía, 25,
36203) na 4ª planta de Deportes, no seguinte horario:
• Venres 16 de outubro: de 17:00 horas a 21:00 horas.
• Sábado 17 de outubro: de 10:00 horas a 21:00 horas.
Tamén se realizará a entrega o propio día da carreira (domingo 18 de outubro)
exclusivamente para as persoas que veñan de fóra de Vigo, que deberán indicalo
no momento da inscrición. Esta medida establécese para evitar aglomeracións ese
día. A entrega farase de 8:30 a 10:30 horas nos soportais da porta principal do Corte
Inglés Vigo.
A asignación dos dorsais realizarase por orde de inscrición. No caso de que a talla
de camiseta solicitada se esgote, entregaráselle ao/á participante outra talla
dispoñible, segundo a súa elección.
3.3.- Distancia e percorrido
A proba consta dun percorrido de 5 km, que no caso da modalidade de 10 km se
completará dando dúas voltas ao mesmo circuíto. Só a carreira de 10 km é
competitiva, e a idade mínima de participación para esta distancia é de 16 anos.
3
SAÍDA: rúa Venezuela á altura do número 34 - rúa Pizarro - Travesía de Vigo - Vía
Norte – Urzaiz – rúa do Príncipe - Porta do sol – Elduayen - Paseo de Alfonso XII –
Falperra – Cachamuíña - Ronda don Bosco - Enrique Blein Budiño- Venezuela ata o
punto de saída.
4. INSCRICIÓNS:
Toda a recadación da marcha destinarase ao financiamento de proxectos de
investigación oncolóxica e servizos gratuítos para pacientes oncolóxicos e
familiares.
ADULTO:
o Inscrición adulto ANDAINA (17 anos en diante): 10€ con camiseta sublimada.
o Inscrición adulto CARREIRA 5k: 10€ con camiseta sublimada.
o Inscrición adulto CARREIRA 10K (16 anos en diante): 13€ con camiseta
sublimada.
NENOS/AS:
o Inscrición nenos/as de 4 a 16 anos ANDAINA: 8€ con camiseta sublimada.
o Inscrición nenos/as de 4 a 16 anos CARREIRA 5K: 8€ con camiseta
sublimada.
o Inscrición nenos/as 0 a 3 años: de balde (non inclúe camiseta).
*se se esgotan as existencias da talla de camiseta solicitada, entregaráselle outra
talla elixida polo/a participante.
Poderase formalizar a inscrición por calquera dos seguintes modos:
o A través da web: https://magmasports.es/es/eventos
o Na sede da Asociación en Vigo (Rúa Venezuela, 34, baixo, 36203 Vigo)
o Na planta 4ª de Deportes El Corte Inglés Vigo.
o Nas mesas que a delegación da Asociación Española Contra o Cancro situará
nas rúas de Vigo.
O límite de participación será de 4.700 participantes.
As INSCRICIÓNS EN LIÑA PECHARANSE o mércores 14 de outubro ás 23:59 ou ata
completar a cota de 4.700 participantes.
As INSCRICIÓNS PRESENCIAIS PECHARANSE o xoves 15 de outubro.
Existe un DORSAL SOLIDARIO para que todas as persoas que non podan participar
na marcha poidan realizar unha achega económica á conta da Asociación Española
4
Contra o Cancro da entidade Abanca cuxo número é o ES76 2080 5401 5430 4020
3035 ou a través da pasarela de inscricións: https://magmasports.es/es/eventos
5. CATEGORÍAS PARA A MODALIDADE COMPETITIVA DE 10K:
Femeninas Masculinas Ano nacemento
F-0 M-0 Entre 2007-2011 (ambos incluídos)
F-1 M-1 Entre 1987-2006 (ambos incluídos)
F-2 M-2 Entre 1977-1986 (ambos incluídos)
F-3 M-3 Entre 1967-1976 (ambos incluídos)
F-4 M-4 Entre 1962-1966 (ambos incluídos)
F-5 M-5 1961 ou anteriores
6. ASISTENCIA MÉDICA:
A organización facilitará un servizo de ambulancia e de asistencia médica e sanitaria
durante a carreira, desde o inicio da proba e até media hora despois de pecharse o
control de chegada, así como ao longo de todo o percorrido. Non se permitirá,
durante o percorrido, ningún vehículo alleo á organización.
7. CRONOMETRAXE CARREIRA 10K:
O sistema de cronometraxe será facilitado por “Magma Sports” establecendo como
puntos de control a saída e a meta.
Os resultados oficiais publicaranse na páxina web www.magmasports.es, non
estando autorizado ningún medio a difundilos sen a previa e expresa autorización da
organización

[ Go Back ]