Calendario
Ver carrera

O Corgo

24/10/2026 17:35 - 19:05

[ Go Back ]

Descripción XVII CARREIRA E ANDAINA POPULAR CONCELLO DE O
CORGO-MEMORIAL QUIQUE CASANOVA
REGULAMENTO
Artigo 1: Organización:
O Concello do Corgo organiza a XVII Carreira Popular e Andaina Concello do Corgo- Memorial Quique
Casanova, patrocinada por Limpergal. A proba organizarase o vindeiro Sábado 24 de Outubro, con
saída e meta nas instalacións da Praia fluvial do Río Chamoso do Concello do Corgo.
Artigo 2: Participación:
A proba estará aberta a tódolos atletas, federados ou non, sen distinción de sexo ou nacionalidade. Cada
atleta participa baixo a súa responsabilidade e dispón de unha condición física suficiente para rematar a
proba.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios:
O circuito de 10.5 km será sobre terra na súa maioría e estará pechado a todos os vehículos agás os
autorizados pola organización. O percorrido estará controlado por vehículos da organización. A saída da
proba e a meta será na Praia fluvial do Río Chamoso.
CATEGORÍA ANO NACEMENTO HORARIO DISTANCIA
PITUFOS (2020 e posteriores) 17.00 h 150m
PROMOCIÓN (2017-2019) 17.05 h 500m
SUB 12 (2015-2016) 17.10 h 1100m
SUB 14 (2013-2014) 17.20 h 2200m
XUVENIL (2009-2012) 17.20 h 2200m
SENIOR (1990-2008) 17.35 h 10500m
MÁSTER A (1982-1989) 17.35 h 10500m
MÁSTER B (1974-1981) 17.35 h 10500m
MÁSTER C (1973 e anteriores) 17.35 h 10500m
ANDAINA (Tódalas categorías) 16,30h 9000m
Artigo 4: Peche de control:
O control de chegada na proba absoluta pecharase 80’ despois da saída da mesma.
Artigo 5: Inscrición:
A inscrición farase exclusivamente a través da páxina de championchipnorte www.ccnorte.com
Os dereitos de inscrición nas probas de menores serán gratuítos, na carreira/andaina de adultos terá un
custe de 5€ ata o 17 de outubro; e dende o 18 ata o 21 de outubro o custe será de 10€. Cobrarase 1€ de
aluguer de chip.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de nacemento, enderezo,
concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e club. Tamén deberán sinalar se corre
como popular ou federado, e neste caso facilitarase o número de licenza e o clube.
Artigo 6: Condicións de Participación:
As inscricións faranse a través da paxina web www.ccnorte.com
A inscrición pecharase o mércores 21 de outubro ás 23:59 horas.
A inscrición na proba é persoal e intransferible.
A inscrición implica ler, entender e adquirir o compromiso que a continuación se expón:
Certifico que estou en bo estado físico. Eximo de toda responsabilidade que da participación
no evento puidese derivarse, á organización, patrocinadores comerciais ou sponsors,
empregados e demais organizadores. Coa realización da inscrición, todo participante cede os
seus dereitos de imaxe á organización, que utilizará as imaxes de acordo coa Lei de Protección
de Datos.
No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a decisión
quedará en mans da organización.
.
Serán motivo de descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
 Non respectar as indicacións dadas pola organización.
 Non realizar todo o circuíto da carreira.
 Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
 Falsificar datos persoais.
Todo o non disposto neste regulamento rexerase polas normas de Competición da FGA, RFEA e
IAAFpara a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
Artigo 7: Retirada de Dorsais:
Os dorsais retiraranse o venres pola tarde na tenda de deportes de “A Chaira” sita na rúa Salvador de
Madariaga e o día da proba pola tarde na zona habilitada pola organización na zona de saída, ata 45’ antes
da saída da proba.
Artigo 8: Premios:
 Trofeo aos tres primeiros clasificados masculinos e femininos da carreira absoluta.
 PREMIOS EN METÁLICO:
- Primeiro:150 €
- Segundo: 100 €
- Terceiro: 75 €
 Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría tanto masculinos como femininos.
 Na categoría de PITUFOS darase medalla a todos os participantes. Non haberá trofeos para esta
categoría nin se farán clasificacións.
 Na categoría de PROMOCIÓN darase medalla a todos os participantes, así como trofeo aos tres
primeiros clasificados tanto masculinos como femininos.
 Entregarase un trofeo conmemorativo ao primeiro home e a primeira muller de cada categoría
empadroado no Concello do Corgo.
 Os premios NON SON ACUMULATIVOS
 A entrega de premios será na zona de meta. A cerimonia de premiación das carreiras de menores
serán ás 17.40h. A cerimonia das carreiras de adultos será ás 19.00h.
Artigo 9: Servizos para os participantes:
Os participantes gozarán dos seguintes servizos antes, durante e despois da carreira.
1. Aperitivos ao finalizar a proba de adultos
2. Aparcadoiro.
3. Baños na zona de saída-chegada.
4. Camiseta para todos os participantes.
5. Recollida de dorsais, imperdíbeis e chips.
6. Vestiarios e duchas nas instalacións da praia fluvial.
7. Avituallamento ao final de cada carreira para todos os participantes.
8. Avituallamento líquido no 4km e o 6km para a carreira de adultos.
9. Ambulancia (todos os accidentes acontecidos deberán ser previamente informados ao
organizador da proba e o traslado do ferido, se fose necesario, será para os centros sanitarios que
teñan convenio ca compañía de seguros que corresponda).

[ Go Back ]