Calendario
Ver carrera

Rianxo

31/10/2026 17:50 - 19:20

[ Go Back ]

Descripción BASES DE ORGANIZACIÓN DA “XII CARREIRA POPULAR “CONCELLO DE RIANXO”.
Artigo 1.
O Concello de Rianxo organiza a XII Carreira Popular Concello de Rianxo, o 31 de outubro de
2026. A proba está incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e no XII
Circuíto Provincial de Carreiras Populares, promovido pola Deputación da Coruña, rexido polo seu
propio regulamento, que complementa a estas bases.
Artigo 2.
Poderán participar atletas federados e non federados; haberá unha clasificación conxunta. O
control da carreira estará a cargo do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Artigo 3. Categorías
Menores:
1. Xoubas H/M: 2021-2022-2023. 3 saídas, agrupadas por ano de nacemento.
2. Sardiñas H/M: 2019-2020.
3. Sub 10 H/M 2017-2018.
4. Sub 12 H/M 2015-2016.
5. Sub 14 H/M 2013-2014.
6. Sub 16 H/M 2011-2012.
7. Sub 18 H/M 2009-2010.
Absoluta:
8. Sub 20 H/M 2007-2008.
9. Sub 23 H/M 2004-2005-2006.
10. Sénior H/M 1992-2003.
11. Master 1 H/M 1986-1991.
12. Master 2 H/M 1976-1985
13. Master 3 H/M 1966-1975
14. Master 4 H/M e seguintes 1965 e anteriores.
Este documento asinado por medios electrónicos pode ser cotexado co seu orixinal co Código de Verificación Dixital (CVD) que se indica á marxe
na Sede Electrónica do Concello de Rianxo https://sede.concelloderianxo.gal (artigo 27.3.c da Lei 39/2015).
Identificador do documento: 905.667 Expediente: 2026/D002/000016 Páxina 1 de 5
15. “Sapatilla” inclusiva. Categoría única absoluta para persoas con diversidade funcional.
Artigo 4. Lugar de saída e percorrido
Saída e chegada
Praza Castelao
Establécense 4 percorridos, aos que se darán as voltas indicadas na táboa de distancias.
• Percorrido amarelo: 100 m.
• Percorrido verde: 500 m.
• Percorrido azul: 750 m.
• Percorrido vermello: 3.333 m.
Artigo 5. Distancias e horarios
Categoría Distancia Horario Percorrido Nº voltas
Xoubas 100 m. 16:30 h. Amarelo - 100 m. 1
Sardiñas 500 m. 16:45 h. Verde - 500 m. 1
Sub 10 1.000 m. 16:55 h. Verde - 500 m. 2
Sub 12 1.500 m. 17:10 h. Azul - 750 m. 2
Sub 14 2.250 m. 17:30 h. Azul - 750 m. 3
Sub 16 e “Sapatilla
inclusiva”
6.600 m.
17:50 h.
Vermello -3.333 m. 2
Sub 18, Sub 20, Sub
23, Sénior e Master
10.000 m. Vermello -3.333 m. 3
Artigo 6. Inscricións
Lugar e prazo:
En emesports.es ata o martes 27 de outubro de 2026 ás 23:59 h. Non se aceptarán inscricións
fora de prazo ou con datos incompletos.
Prezo inscrición:
Os prezos de inscrición aprobaranse na Xunta de Goberno Local do Concello de Rianxo.
• Gratuíto para as categorías de xoubas a sub 16 e “sapatilla inclusiva”.
• 8 € nas categorías Sub 18, Sub 20, Sub 23, Sénior e Master.
Identificador do documento: 905.667 Expediente: 2026/D002/000016 Páxina 2 de 5
Límite prazas: Haberá un límite de 500 inscritos na proba absoluta (de Sub 18 a Master).
Artigo 7. Chips, cronometraxe e retirada de dorsais.
Retirada de dorsais:
• Na oficina do servizo de deportes (Cuartel Vello)
• Venres, 30 de outubro, de 10 a 14 h.
• Sábado, 31 de outubro, de 10 h. a 13 h.
• Praza Castelao: a partires das 15:00 e ata o inicio da proba.
Cronometraxe e control por chip:
Agás os participantes nas categorías xoubas e sardiñas, os demais participantes estarán
controlados a través dun chip integrado no dorsal.
Artigo 8. Premios
O acto da entrega dos premios comezará unha vez que o/a ultimo/a participante na proba dos
10.000 metros cruce a liña de meta, sempre despois da entrega á organización dos resultados
polos xuíces da proba, do Comité de xuíces da Federación Galega de Atletismo.
Na XII Carreira Popular “Concello de Rianxo” outorgaranse os seguintes:
Medallas
Medallas para todos os participantes (ata fin de existencias) nas categorías Xoubas,
Sardiñas, Sub 10, Sub 12, Sub 14 e Sub 16.
Trofeos
Trofeo para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba absoluta,
tanto en categoría feminina coma masculina.
Trofeo aos tres primeiros clasificados de cada categoría feminina e masculina establecida
no presente regulamento
Trofeo “Xosé Neira Hermida” ao primeiro e primeira corredor/a local.
Trofeo ao club con mais participantes na proba.
Os premios serán acumulativos.
Premios Económicos
Identificador do documento: 905.667 Expediente: 2026/D002/000016 Páxina 3 de 5
Premio para os tres primeiros/as corredores/as en cruzar a liña de meta na proba
absoluta, tanto categoría feminina coma masculina, cos seguintes premios:
• 1º/1ª - 150 € 2º/2ª - 100 € 3º/3ª - 50 €.
Agasallos
Os participantes nas categorías “sapatilla inclusiva”, Sub 18, Sub 20, Sub 23, sénior e
master recibirán un agasallo técnico.
Artigo 9. Participación de atletas de outras federacións autonómicas e
estranxeiros.
A proba está incluída no calendario autonómico da Federación Galega de Atletismo, co cal a
participación de atletas estranxeiros e doutras federacións autonómicas rexerase polo disposto
no regulamento de competicións da Real Federación Española de Atletismo, que se pode
consultar na seguinte ligazón:
https://atletismo.gal/normativa/normativa-tecnica-e-de-competicion/
Artigo 10. Servizos
Servizo de gardarroupa
Pavillón Municipal J.M. Abuín “Chema” de Rianxo.
Vestiarios e Duchas
Pavillón Municipal J.M. Abuín “Chema” de Rianxo (homes) e Piscina Municipal (mulleres).
Aparcadoiros:
Aparcadoiro Público Municipal (gratuíto), arredores do pavillón polideportivo e nas inmediacións
da zona portuaria.

[ Go Back ]