Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Santa Cruz
28/11/2026
Evento todo el día
[
Go Back
]
Descripción
Reglamento
1 DATOS XERAIS
A A SANTA RUNNIG CLUB, en colaboración co Concello Oleiros e cos patrocinios de:
CARREFOUR
MAN
THE RUNNING BOY
CENTRO DEPORTIVO 3 SALAS 3 LETRAS
Organiza o domingo 29 de novembro de 2026 a I Carreira Popular Castelo de Santa Cruz
A competición está aberta á participación de persoas de todas as idades, tanto nenos/as como adultos/as, conforme aos requisitos establecidos nas presentes bases.
2. CATEGORÍAS, ANOS DE NACEMENTO, HORARIOS E PREZOS
Todolos menores de idade deberán estar autorizados polos pais ou titor, e deberán acudir a recollida do dorsal cun responsable maior de idade.
CATIVAS E CATIVOS de 0 a 11 anos: NON COMPETITIVAS
ESQUIAS E ESQUIOS
de 0 a 3 años
100 m 12:00 h
3,00 €
RAPOSIÑAS E RAPOSIÑOS
de 4 a 6 anos
400 m 12:00 h
3,00 €
CORCIÑAS E CORCIÑOS
de 7 a 9 anos
600 m 12:00 h
3,00 €
XABARINS (Mixta)
de 10 a 11 anos
1000 m 12:00 h
3,00 €
ABSOLUTA
Pendiente de delimitar categorias.
de 12 AÑOS EN ADIANTE
7 KM m 10:00 h
8,00 €
3. NORMATIVA XERAL
1. Control técnico: A carreira estará controlada mediante cronometraxe electrónica con chip e persoal técnico de Cronotec na carreira de 7 km ( ABSOLUTA) en colaboración co comité organizador de A SANTA RUNNIG CLUB.
2. Saída e meta:
A saída e a meta estarán situadas na Plaza de Ester Pita para a carreira de 7 km
https://maps.app.goo.gl/RkZ49iVnipkxnuwR6
A saída e a meta estarán situadas no Parque Luis Seoane para a carreira das Cativas e cativos.
https://maps.app.goo.gl/YfMLgFGQVnSQn4PJ9
3. Seguridade Viaria: Os/as participantes deberán seguir en todo momento o percorrido sinalizado e as indicacións do persoal da organización. Quen abandone o percorrido establecido ou circule fóra das zonas controladas pola organización será considerado usuario normal da vía pública, asumindo integramente a súa responsabilidade.
4. Dorsais: O dorsal deberá colocarse de forma visible na parte dianteira do corpo durante toda a proba, sen manipulalo, dobralo nin recortalo.
5. Descalificacións: Será descalificado/a calquera participante que non complete o percorrido oficial, non leve o dorsal visible, tire algun refugallo ao chan, participe sen chip (nas categorías onde sexa obrigatorio), mostre un comportamento antideportivo ou non respecte as indicacións da organización.
6. Participación sen inscrición: Queda prohibida a participación de persoas non inscritas. Quen participe sen estar oficialmente inscrito farao baixo a súa exclusiva responsabilidade e non estará cuberto polos seguros da proba nin terá dereito a clasificación, premios ou agasallos.
7. Responsabilidade e seguro: A organización contará cos correspondentes seguros de responsabilidade civil e accidentes conforme á normativa vixente. Cada participante toma parte na proba baixo a súa propia responsabilidade, declarando atoparse en condicións físicas adecuadas para a súa realización.
8. Condición física e info. médica: Recoméndase comunicar á organización ou indicar no dorsal calquera información médica relevante que poida ser necesaria en caso de emerxencia.
9. Atención médica: A organización disporá de servizo de ambulancia e persoal sanitario durante o desenvolvemento da proba para atender as incidencias que poidan producirse.
10. Instalacións e servizos: A organización poderá habilitar servizos complementarios de gardarroupa, aseos e duchas, que serán comunicados previamente ás persoas participantes.
11. Límite de participantes: Establécese un máximo de 500 participantes entre todas as categorías da proba. As carreiras de cativ@s o máximo sera de 150 inscripcións.
12. Límite de tempo (Carreira 7K): O control de chegada pecharase 40 minutos despois da entrada en meta do primeiro clasificado absoluto.
13. Avituallamento: Na carreira de 7 km haberá un punto de avituallamento líquido intermedio situado na zona de …………….., ademais do avituallamento final en meta.
14. Vehículos autorizados: Unicamente poderán seguir a proba os vehículos autorizados pola organización.
15. Retiradas: En caso de abandono da proba, a persoa participante deberá comunicalo o antes posible ao persoal da organización.
16. Participación con animais: Non estará permitida a participación acompañada de animais durante o desenvolvemento da proba.
17. Protección de datos (RGPD): En cumprimento do Regulamento (UE) 2016/679 e da normativa vixente en materia de protección de datos, os datos persoais facilitados serán tratados pola A SANTA RUNNIG CLUB coa finalidade exclusiva de xestionar as inscricións, a cronometraxe, a clasificación e a seguridade da proba.
18. Dereitos de imaxe: A inscrición na proba implica a autorización para a captación e utilización de fotografías e vídeos realizados durante o evento para a súa difusión en medios de comunicación, páxinas web e redes sociais oficiais coa finalidade de promocionar a actividade deportiva
19. Aceptación do regulamento: A participación na proba implica a aceptación íntegra do presente regulamento e das decisións adoptadas pola organización para a súa correcta aplicación.
20. Modificacións e forza maior: A organización resérvase o dereito de modificar horarios, percorridos ou calquera aspecto relacionado coa proba, así como de suspendela temporal ou definitivamente, cando existan causas de forza maior, condicións meteorolóxicas adversas ou circunstancias que poidan comprometer a seguridade das persoas participantes ou da organización.
4. INSCRICIÓNS
1. Plataforma de inscrición: Realizarase exclusivamente en liña a través da páxina oficial: CRONOTEC
2. Prazo de inscrición: O prazo estará aberto ata o Domingo 22 de Novembro de 2026 ás 23:59 h ou ata completar o límite de prazas.
Non se admitirán inscricións fóra de prazo nin o propio día. Unha vez formalizada a inscripcion non se realizarán anulaciones nin cesions de dorsais por ningún motivo.
3. Custos de inscrición:
– Carreiras CATIVOS : 3,00 €
– Categorías ABSOLUTA , CARREIRA DE 7 KM: 8,00 €
4. A inscrición inclúe agasallo oficial do evento, ademáis do dorsal, auga e froita a modo de avituallamento. 5. Recollida de Dorsais: Entregaranse na carpa 9:00 h do día da proba. As carreiras de Cativas entregaranse dende as 11:15 horas , no Parque Luis Seoane.
5. CLASIFICACIÓNS, PREMIOS E TROFEOS
As carreiras de cativas e cativos ata 11 anos non son competitivas , todolos participantes recibiran unha medalla.
CARREIRA DE 7 KM . A entrega farase as 11 horas na zona de Meta.
Categoria Absoluta masculina : 3 primeiros
Categoria Absoluta femenina: 3 primeiras
[
Go Back
]