Calendario
Ver carrera

O Barco

22/11/2026 11:00 - 12:00

[ Go Back ]

Descripción 18ª Carreira Popular 5 KM dos SANTIÑOS
COPA DIPUTACION 5 KM RUTA
22/11/2026 O BARCO DE VALDEORRAS
O CLUBE ADAS CUPA coa colaboración do Concello de O Barco de Valdeorras, a Delegación da F.G.A en
Valdeorras e a Excma. Deputación de Ourense organiza a 18ª CARREIRA POPULAR 5 KM DOS SANTIÑOS,
que se desenrolará o vindeiro 22 de Novembro do 2026 .
Proba incluída no Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e controlada a cargo do Comité
de Xuíces da Federación Galega de Atletismo.
INSCRICIÓNS
1º.- As inscricións absoluta para a carreira popular se realizará a través a web de
http://www.carreirasgalegas.com/
2º.- As INSCRICIONS deberán estar no poder da Organización antes das 23.00 h.do mércores 18 de
Novembro.
3º.- A inscrición estará limitada a 300 participantes para a carreira absoluta e terán un costo de 8 €.
4º.- As inscricións dos cativos Prebenxamín, SUB 10, SUB 12, SUB14 e SUB 16, faranse a través de
http://www.carreirasgalegas.com/ preferentemente. Tamén se poderán facer no correo electrónico
tinin_adas@hotmail.com, sendo esta inscrición gratuíta.
5º.- A retirada de dorsais realizarase na mesa habilitada para tal fin no ESTADIO DE CALABAGUEIROS o día
21 de novembro de 19.00 h a 20.00 h. e o 22 de novembro de 9.30 h a 10.30 h. Para a carreira absoluta.
Os dorsais dos cativos/as pódense recoller ata 30 minutos antes da súa carreira
Non se admitirán inscricións fora do prazo.
18ª CARREIRA POPULAR DOS SANTIÑOS 2026
A Cruz Vermella de Valdeorras en colaboración co Club ADAS-CUPA e a Delegación da F.G.A
en Valdeorras, organizan unha recollida de "Xoguete Solidario".
O stand para a recollida do "Xoguete Solidario" estará no Estadio Municipal de Calabagueiros
onde os atletas ou calquera outra persoa, poderán doar o seu xoguete.
O xoguete debe ser novo, educativo e non bélico nin sexista.
COLABORA.
GRACIAS.
CIRCUITO
1º.- DISTANCIA HOMOLOGADA, o circuíto urbano consta de unha volta de 2.500 mts. totalmente chairo,
que transcorrerá polas seguintes rúas:
SAIDA PABELLON DE CALABAGUEIROS (diante) - Rúa Río Mariñán - Rúa Barco de Avila - Paseo do Malecón
(control de paso) - Paseo do Malecón - Rúa A Coruña - Rúa Calabagueiros e META PABELLON DE
CALABAGUEIROS (diante) VER ANEXO 1.
os/as atletas poderán participar nas seguintes carreiras:
- 2.500 mts. 1 VOLTA (Sub 16)
- 5.000 mts. 2 VOLTAS (dende Sub 18 ata Master)
Os/As atletas terán que presentarse á porta da zona de presaída 10 minutos antes da súa saída para ser
ubicados nun lugar axeitado, para non ter acumulacións de persoas.
REGULAMENTO
1º.-Tódolos participantes terán asignado un dorsal, este irá situado no peito e terá que ser visible no
desenrolo da proba.
2º.-Faranse control de paso en varios puntos do circuíto que a organización establecerá durante o
transcurso da proba polos cales terán que pasar os participantes para non ser descalificados.
3º.-As reclamacións deberán ser feitas verbalmente ao xuíz árbitro, non más tarde de 40 minutos despois
de comunicarse oficialmente os resultados.
4º.-Será motivo de descalificación, entre outros, os seguintes aspectos: non realizar todo o circuíto da
carreira, manipular o dorsal, falsificar datos persoais.
5º.-Todos os participantes o fan baixo a súa propia responsabilidade e polo feito de saír acepta o presente
regulamento.
6º.- Seguro: todos os participantes estarán amparados por unha póliza de Responsabilidade Civil e
accidentes deportivos, excluídos os casos derivados de un padecemento latente, imprudencia o
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os casos producidos
polo desprazamento; o lugar da competición ou dende o mesmo. Non se permitirá a existencia no
percorrido de ningún vehículo axeno a organización, estando estes últimos debidamente identificados.
7º.- A organización dispoñerá de SERVICIOS MÉDICOS E AMBULANCIA dende una hora antes do comezo
da carreira e ata media hora despois de pechar o acto. Os Servicios médicos, están facultados para retirar
da carreira a calquera participante que manifestase un mal estado físico durante o desenvolvemento da
mesma.
Así mesmo, recomendase a todos os inscritos, leven a cabo antes de tomar parte na carreira un
recoñecemento de aptitude médico-deportivo que descarte calquera patoloxía que impida a súa
participación.
8º.- O descoñecemento de este regulamento non exime do seu cumprimento.
9º.- Todo o non previsto na presente normativa se rexerá polas normas de competición da FGA, RFEA e
WA para a presente tempada, así como todo o regulamentado por instancias superiores.
NOTA: Esta proba pertence ao Calendario Oficial da Federación Galega de Atletismo e mediante a súa
inscrición o corredor consente expresamente que os seus datos básicos sexan cedidos a esta entidade
para a tramitación, ante a compañía de seguros, dos seguros obrigatorios de accidentes e
Responsabilidade Civil así como a xestión da licencia de día de ranking popular e probas de ruta.
PREMIOS E TROFEOS
- Haberá trofeos para os tres primeiros clasificados na categoría absoluta homes e mulleres.
- Haberá trofeo os primeiro clasificado e medallas para o segundo e terceiro nas categorías sub-14, Sub
16, Sub 18/Sub 20, sub-23/sénior e todas a categorías master homes e mulleres.
- Nas carreiras de Sub 14, sub 12, sub 10 e Prebenxamíns entregaranse medallas ATA OS 15 PRIMEIROS
DE CADA CATEGORIA
- Obsequiarase cunha bolsa do corredor os participantes na carreira absoluta, que contendra bebida,
camiseta e outras cousas.
- Os trofeos da categoría absoluta, non serán acumulables coas outras categorías.
HORARIO E DISTANCIAS
11.00H .
SUB 18/20 MASC. Nados en ,2007, 2008 e 2009 e 2010 5.000 M 2 voltas
SUB 23/ SENIOR MASC. Nados desde 2006 ata 34 anos
ABSOLUTO MASC. Dende o 2010 ata Master
MASTER MASC.“A” 35 A 44 ANOS
MASTER MASC.“B”
MASTER MASC “C”
MASTER MASC “D”
MASTER MASC “E”
45 A 54 ANOS
55 A 64 ANOS
65 A 74 ANOS
75 ANOS EN ADIANTE
11.00H
SUB 18/20 FEM 2007 E 2008, 2009 E 2010 5.000 M 2 voltas
SUB 23/SENIOR FEM 2006 ATA 34 ANOS
ABSOLUTO FEM DESDE 2010 ATA MASTER
MASTER FEM.“A” 35 A 44 ANOS
MASTER FEM.“B” 45 A 54 ANOS
MASTER FEM.”C” 55 A 64 ANOS
MASTER FEM.“D” 65 A 74 ANOS
MASTER FEM “E” DE 75 ANOS EN ADIANTE
11.00H
SUB 16 MASC. e FEM 2011/2012 2.500 M 1 volta
1.- As inscricións dos cativos Prebenxamín, SUB 10, SUB 12, SUB14 e SUB 16, faranse a través DA PAXINA
DE CARREIRAS GALEGAS OU BEN A TRAVES do correo electrónico tinin_adas@hotmail.com , sendo esta
inscrición gratuíta.
2.- A retirada de dorsais realizarase na mesa habilitada para tal fin no ESTADIO DE CALABAGUEIROS o día
- 21 de Novembro de 19.00 h a 20.00 h.
- 22 de Novembro de 9.30 h a 10.30 h
OS DORSAIS DOS CATIVOS PODERAN RECOLLERSE O SABADO DE 19 A 20 OU O
DOMINGO ATA 30´ANTES DA SUA CARREIRA
4.- Os/As deportistas terán que presentarse á porta da zona de presaída 10 minutos antes da súa saída
para ser ubicados nun lugar axeitado, para non ter acumulacións de persoas. (ver Horario)
5.- O formato empregado nas probas dos cativos/as será de CARREIRAS NA PISTA DE ATLETISMO
- Haberá trofeo os primeiro clasificado e medallas para o segundo e terceiro nas categorías sub-14.
- Nas carreiras de Sub 14, Sub 12, Sub 10 e Prebenxamíns entregaranse medallas ATA OS 15 PRIMEIROS DE
CADA CATEGORIA.
12.00H
SUB 14 MASC. e FEM. 2013/2014 600 M Pista
12.10H
SUB 12 MASC. e FEM. 2016/2015 500 M Pista
12.20H
SUB 10 MASC. e FEM. 2018/2017 300 M Pista
12.30H
PREBENXAMÍNS MASC. e FEM. 2019 en adiante 100 M Pista
12.45H
ENTREGA DE TROFEOS

[ Go Back ]