Home
My Account
Calendario
Community Forums
Todos
Carreras Populares
Montaña
Triatlón
Circuito
Diarios
Kedadas
Fotos
Fuera de Galicia
Pista
Andainas
Canicross
Lesiones
Entrenamientos
Zapatillas
Planos
Otros temas
Utilidades
Mapa
Calculadora
O Tempo
Circuíto
Contacto
My Account
Calendario
Ver carrera
Ferrol
22/11/2026
11:10 - 12:10
[
Go Back
]
Descripción
REGULAMENTO DE PARTICIPACIÓN NA VII CARREIRA E ANDAINA CONTRA A
VIOLENCIA MACHISTA
Artigo 1: Organización:
A VII CARREIRA E ANDAINA CONTRA A VIOLENCIA MACHISTA, organizada pola
Concellería de Igualdade e Xuventude do Concello de Ferrol co control técnico da
Delegación en Ferrol da Federación Galega de Atletismo, terá lugar o domingo 22 de
novembro de 2026 a partir das 11:00. A proba está suxeita ás seguintes normas:
Artigo 2: Participación:
Participación: As probas estarán aberta a todos os atletas, ATA UN MÁXIMO DE 1000
participantes adultos e 200 menores, federados ou non, sen distinción de sexo ou
nacionalidade.
Participación na carreira: Establécense as seguintes categorías masculinas e
femininas.
Sub 18 Nacidos/as no 2010 - 2009
Sub 23: Nacidos/as no ano 2008 - 2007 - 2006 – 2005 - 2004
Sénior: Nacidos/as no ano 2003 ata o 1991
Master Nacidos/as en 1990 anteriores
Participación na andaina: Poderán participar todas as persoas que o desexen, non
haberá clasificacións nin categorías nin tempos finais.
Menores Nacidos no 2009 e posteriores
Maiores Nacidos no 2008 e anteriores.
Cada inscrito/a participa baixo a súa responsabilidade entendendo que dispón de unha
condición física suficiente para rematar a proba. A Organización ten subscrito un seguro
colectivo de accidentes e responsabilidade civil. De todos os xeitos, a Organización
recoméndalles aos participantes que, con anterioridade á proba, efectúen un
recoñecemento médico específico e que realicen un adestramento axeitado para as
características desta competición.
Artigo 3: Percorrido, categorías, distancias e horarios.
1.- O percorrido tanto da carreira como da andaina 5.000 metros aproximadamente, e
discorrerá polo Concello de Ferrol. A saída e a chegada situaranse nas proximidades do
Cantón de Molins.
2.- A proba discorrerá por un circuíto de acordo co plano deseñado anexo a este
regulamento.
3.- A organización contará coa axuda da Policía Local, Protección Civil, persoal do Servizo
de Deportes e voluntarios, que regularan o tránsito o longo do percorrido.
4.- Prohíbese o acompañamento dos participantes da carreira con vehículos alleos a
organización: nin bicicletas, nin patins ou persoas non inscritas na proba que poidan
acompañar, avituallar ou marcar ritmos. O incumprimento desta norma implicará a
inmediata descualificación dos corredores que a infrinxisen. Os únicos vehículos
autorizados que poderán seguir a proba serán os das forzas de seguridade e os de apoio
a organización, que irán debidamente identificados.
5.- A proba estará controlada polo Comité Galego de Xuíces, que establecerá os
correspondentes controis ao longo do circuíto
6.- Horarios:
7.1.- Carreira: Saída as 11:00 horas
7.2.- Andaina: Saída continuación da carreira.
Artigo 4: Peche de control da carreira:
O control de chegada pecharase para a carreira unha hora despois de que entre en
meta o primeiro clasificado. Cando un participante exceda o tempo previsto de peche de
control (unha hora dende que entre o primeiro clasificado), será avisado pola organización
e deberá subir ao coche oficial que pecha a carreira e abandonar a proba coa fin de non
entorpecer o tráfico automobilístico e o desenvolvemento da propia actividade. No caso
de continuar, farao baixo a súa responsabilidade, debendo cumprir as normas e sinais, e
considerarase un usuario máis da vía, e quedará eximida a organización de toda
responsabilidade do que puidese acontecer (Regulamento xeral de circulación R.D.
1428/2003).
Artigo 5: Inscricións e retirada de dorsais.
• Inscricións. As inscricións poderán efectuarse ata as 22.00 h do día 19 de
novembro de 2026 a través da páxina www.carreirasgalegas.com
• A inscrición é de balde.
• Retirada de dorsais:
Inscripción ata: Entrega a partir de:
Martes 17 Xoves 19 e venres 20 na Casa da Muller de 10:00 a
14: 00 horas
Resto Domingo no Palco da música do Cantón de Molins
a partir das 9:00 horas
Prégase retiren o dorsal na Casa da Muller para facilitar as labores do persoal voluntario o
dia da carreira
Inscrición obrigatoria e participación co dorsal. A participación na proba estará
condicionada á formalización previa da inscrición nos termos establecidos pola
organización e á utilización visible do dorsal oficial asignado a cada participante durante
todo o percorrido.
As persoas que participen sen estar debidamente inscritas ou sen portar o dorsal
correspondente non terán a consideración de participantes oficiais e estarán incumprindo
o presente regulamento. En consecuencia, non terán dereito a figurar na clasificación
oficial nin a acceder aos servizos, beneficios ou prestacións que a organización reserve
ás persoas inscritas, incluídas as coberturas do seguro de accidentes de participantes.
A organización poderá requirirlles que abandonen o percorrido da proba, adoptando as
medidas necesarias para garantir a súa seguridade e a do resto das persoas
participantes. Todo iso sen prexuízo das responsabilidades legais que, de ser o caso,
puidesen corresponder á organización conforme á normativa aplicable e ás condicións
das pólizas de seguro contratadas.
Os datos necesarios para a inscrición son: nome e apelidos, NIF, sexo, data de
nacemento, enderezo, concello de empadroamento, teléfono móbil, correo electrónico e
club. Asimesmo, no momento da inscrición, os participantes deberán poñer un teléfono e
persoa de contacto en caso de emerxencia.
Tamén deberán sinalar se corre como popular ou federado, e neste caso facilitarase o
número de licenza e o club.
No caso dos menores de idade, o pai/nai ou titor legal deberá asinar a autorización da
inscrición da carreira do menor.
Non se admitirá outra vía de inscrición que a sinalada anteriormente.
Artigo 6: Premios: A organización premiará aos tres primeiros clasificados masculinos e
femininos de cada unha das categorías ( Sub 18; Sub 23; Sénior e Master)
Artigo 7: Seguro: Todos os participantes estarán amparados por unha póliza de
Responsabilidade Civil e accidentes deportivos, que cubrirá os accidentes que se
produzan como consecuencia directa do desenvolvemento da proba.
Quedan excluídos os casos derivados dun padecemento latente, imprudencia ou
inobservancia das leis, da normativa da competición, etc. Tamén quedan excluídos os
casos producidos polo desprazamento ao lugar da competición ou desde o mesmo.
Artigo 8: Condicións de Participación
1.- Coa inscrición na proba enténdense aceptadas todas as normas e demais
consideracións reflectidas neste regulamento. A inscrición implica ler, entender e adquirir
o compromiso que a continuación se expón: Certifico que estou en bo estado físico.
Eximo de toda responsabilidade que da participación no evento puidese derivarse á
organización, patrocinadores comerciais ou sponsors, empregados e demais
organizadores.
2.- No caso de que xurda algunha dúbida ou discrepancia acerca do regulamento, a
decisión quedará en mans da organización. Dado o espírito estritamente deportivo e
popular desta proba, non se admitirán reclamacións.
3.- A proba estará controlada pola Federación Galega de Atletismo, e estarán capacitados
para descualificar a calquera atleta que incumpra o regulamento. Serán motivo de
descualificación, entre outros, os seguintes aspectos:
Non respectar as indicacións dadas pola organización.
Non realizar todo o circuíto da carreira.
Non levar o dorsal ou a manipulación do mesmo.
Falsificar datos persoais ou correr co dorsal de outra persoa
[
Go Back
]