Foros ›
Una Maratón en Santiago de Compostela
Foros de debate / Carreiras Populares en Galicia
Respostar ao tema

Autor
Mensaxe
Convidado




0 Carreiras


Respostar citando Envío Mar, 19 Abr 2005, 13:59
Asunto: maraton en galícia

porque terminou a maratona de tui (baixo miño)?
Carlos Vispo

Convidado


0 Carreiras


Respostar citando Envío Ven, 22 Abr 2005, 17:57
Asunto: Maratón en Galicia

Tendo peso os argumentos das comunicacións e infraestructuras, non estades dacordo con que nun país coma España só caben 2/3 maratóns ao xeito multitudinario. Este fín de semana corrín o de Londres e lóxicamente non vou pretender comparar un maratón en Xinzo co de Londres. Como dícía caro lles costa aos cataláns, e fun a Donosti os anos 2003 e 2004 e organización deriva en lamentable.

Teño entendido que dun xeito moi peculiar e personalizado en Toral de los Vados teñen os seus 800/1000 participantes que é ao que podemos aspirar en Galicia.

Eu prefiro correr pola limia con 4.000 animando (por dicir algo) ca na Coruña ou Vigo con 20.000 e subindo e baixando costas.

Temos que mentalizarnos que e moi difícil acadar cifras que impidan que o corredor se atope só. Eu isto só o vivín no MAPOMA, en París e en Londres.

A propósito: A organización, o ambiente, o percorrido, a xente, a cidade, todo o que acontece ao redor do maratón de Londres non ten comparación.
El Chechouj

Convidado


0 Carreiras


Respostar citando Envío Mar, 26 Abr 2005, 15:32
Asunto: MAraton en Santiago de Compostela

Hola!

Aproveito para preguntarche acerca da maratón de Londres xa que vexo que eres un bo coñecedor do tema. Eu fixen o Mapoma por segunda vez este domingo e volvín a quedar encantado con ambiente. Os compañeiros empezaron a falar de optar por outras citas, e xurdiron os nomes de Londres por suposto, Amsterdam, Roma, Paris e remotamente Berlin.
Que aspectos atopas en Londres que superen ao Mapoma?
Gracias pola túa información.
E todos a entrenar!!
Forlan

Convidado


0 Carreiras


Respostar citando Envío Mér, 27 Abr 2005, 1:51
Asunto: Maraton en Santiago de Compostela

Eu a verdade é que penso que fai realmente falla unha maraton en Galicia Xa. O lugar? non o teño claro, pero sen dúbida debe de ser un sitio ben accesible e fácil de recoñecer fora da nosa terra. Quizais Santiago sexa a mellor candidata. Máis conocida imposible. Temos que copiar dos outros países. En Francia hay moitas maratóns, pero cando nos falamos de ir a ese país a facer unha todos comentamos París, o mesmo pasa en Italia con Roma, en en Inglaterra ca de Londres. Non podemos facer unha proba de calidade mundial nun sitio só porque teña 42 kilómetros planos. A de Madrid está homologada pola IAAF e ten os últimos 7 kilómetros de 3 pares de narices de pendiente, pero correr en Madrid ten un plus que supera calquera cousa. Santiago, Vigo ou Coruña tamén o teñen......
Carlos Vispo Basalo

Convidado


0 Carreiras


Respostar citando Envío Ven, 29 Abr 2005, 14:34
Asunto: Maratón en Galicia

Antes de nada Londres: Fun alí coa pretensión de correr o meu 8º maratón, mellorar algo o tempo, e correr en compañia dos meus amigos do Clube Pato Blanco, sabendo que era un dos mellores organizados do mundo.
Se ben me sorprendeu a organización, o que destacaría é a xente, animante coma se fose un circuito de Formula 1, Wimbeldom, ou Anfield Road. A urbe multicultural que é Londres vótase á rua. A organización, ademáis de precisa e detallista, pón todo en función do atleta: areas de bebidas quentes e descanso antes da proba, espacios moi abertos na saida, sen esperas, nin apretóns (coma en Madrid, e sobre todo París).
Xa en carreira, parece que máis que correr asistes á exhibición dun documental no que eres o protagonista. A pel permanece de pita dende a Milla 1. Auga cada milla, ou cada menos, bebidas isotónicas, e vaselina cada duas, chocolate, frutas, e ata chocolates.
Pero o que nunca esquecerei é a xente. Un corredor popular recibe un trato de respeto, cariño, admiración e ata emoción, por parte de máis de 3 millóns, dos aparentemente fríos londinenes.
Se ben o MAPOMA ten ese aire especial e síntome orgulloso de tela corrido 3 veces, Londres, ademáis dun percorrido casi, repito, casi chán, é outra cousa, nas últimas 2 millas, o Big Ben, a Abadía de Wethmister, e o Pazo de Buckinham. E 37.000.- igual de tolos ca un correndo.
En setembro espera Berlín.

Eu, polo feito de ser galego, teríalle cariño e defendería calquera maratón que se celebrase en Galicia, pero, sen ser pesimista, véxoo difícil. Do mesmo xeito que non estando dacordo con moitas cousas do VIg Bay, falo del coa xente de fora de Galicia como un medio maratón extraordinario, fermoso e con unha excelente organización.
Convidado




0 Carreiras


Respostar citando Envío Mér, 31 Ago 2005, 10:22
Asunto:

Les recuerdo a los amigos foristas , que en año el 87 u 88 (no lo recuerdo bien)
se corrió el primer maratón de Galicia en Vilagarcía, organizado por el Correo Gallego.
Yo participé y fue mi primer maratón. El recorrido muy llano: Vilagarcía, Vilanova, Illa de Arousa, Cambados y vuelta directamente a Vilagarcía. Numeroso público en todos los núcleos de población por los que se pasó. Yo creo que fue un éxito.
El año siguiente el Correo Gallego organizó otro maratón en Santigo, el cual también corrí, pero ya no me gustó tanto.
Después nada de nada, hasta los maratones del Baixo Miño.
picheleiro

Convidado


0 Carreiras


Respostar citando Envío Ven, 02 Set 2005, 14:31
Asunto: maraton en Compostela

pois eso que son de Santiago e sinceramente non vexo como se pode facer unha marathon medianamente atractiva en Santiago. que son o primeiro que di que é unha cidade moi bonita e todo iso. pero se nunha crreira de 12 km xa hai que subir a costa de vite.
Eu buscaría un sito sen costas e de ser posible con pouco vento. tampouco vexo a necesidade de facer máis dunha maratón en Galicia, estou de acordo en que minimo unha ten que haber. pero, se Acoruña, SAntiago, Vigo... teñen candansúa Marathon quen carallo as vai ir correr? que participacións nos atopariamos? mellor unha boa e consolidada que 5 malas.
por outro lado creo que o mási importante seria un circuito no que se puidesen facer boas marcas que é o que quere todo o mundo. e logo de ser posible que veña algún dos bós a facer unhas boas marcas( anqe pra iso fan falta cartos e diso non hai moito)
Medias e carreiras de 10 km son boa cousa pero unha por vila aldea ou cidade e suficiente, que tampouco somos tantos a correr en Galicia.
XelaBlan

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
12/09/05
0 Carreiras
278 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Mar, 13 Set 2005, 19:58
Asunto:

Eu corrín tanto a de Vilagarcí no 88 como a de Santiago no 89. E máis, era membro da organización e, entre outras cousas encargueime do trato cos corredores, cousa que tamén fixen durante moitos anos na Carreira Pedestre de Santiago ata que o deixei por certas discrepancias das que non falaréi aquí. A de Santiago foi unha maratón durísima en extremo. Non cabe a posibilidade de facer unha carreira medianamente suave pola orografía da zona. Poderíase decir que Mapoma é totalmente plana ó carón da de Santiago e eso o sei ben eu que a corrín dúas veces (7º no 79 e 33º no 84). Na miña opinión a de Vilagarcía tivo un encanto difícil de igualar ( exactitude ou inexactitude da medición aparte, que esa é outra e triste historia...). Pero cruzar dúas veces a ponte da Illa (na segunda vez que se cruzaba, despóis de dar unha voltiña pola Illa, na metade da ponte aproximadamente, pasabas debaixo da pancarta da media maratón...) foi algo increible. Algo seguramente similar ó que se sinte cando cruzas as pontes en Lisboa ou Nova Iorque. No vran, sin ter unha climatoloxía excesivamente calurosa, nunha época na que non abundan as carreiras de maratón, sería ideal. Ademáis o acceso dende Vilanova á Illa agora é máis plano que de aquela. Si se fixese o tantas veces prometido paseo marítimo que uniría Carril, Vilagarcía e Vilaxoán coa pista das Sinas, Vilanova e o acceso á Illa sería planísimo (sin ir á Cambados), ainda que se desen dúas voltas.
Outro sitio moi boo sería no Grove e a Illa da Toxa. Eu nacín no Grove ainda que dende os 4 anos vivo en Santiago e lembro con morriña a carreira que se facía en Novembro, con un nivel moi alto e que eu corría tódolos anos. Ademáis sacaba xeneralmente dous trofeos, un correspondente ó primeiro atleta grovense para cabreo do meu amigo Juan Figueiro Meis, excelente fondista meco no seu tempo. Ainda que me conformaría con que no Grove se fixese esa media maratón da que se fala noutra discusión deste foro. Esta é a miña primeira intervención, pero non será a última, seguro. Saludos a tódolos/as foreiros/as.

Alejandro.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos