Ven, 29 Abr 2005, 14:34
Asunto: Maratón en Galicia
Antes de nada Londres: Fun alí coa pretensión de correr o meu 8º maratón, mellorar algo o tempo, e correr en compañia dos meus amigos do Clube Pato Blanco, sabendo que era un dos mellores organizados do mundo.
Se ben me sorprendeu a organización, o que destacaría é a xente, animante coma se fose un circuito de Formula 1, Wimbeldom, ou Anfield Road. A urbe multicultural que é Londres vótase á rua. A organización, ademáis de precisa e detallista, pón todo en función do atleta: areas de bebidas quentes e descanso antes da proba, espacios moi abertos na saida, sen esperas, nin apretóns (coma en Madrid, e sobre todo París).
Xa en carreira, parece que máis que correr asistes á exhibición dun documental no que eres o protagonista. A pel permanece de pita dende a Milla 1. Auga cada milla, ou cada menos, bebidas isotónicas, e vaselina cada duas, chocolate, frutas, e ata chocolates.
Pero o que nunca esquecerei é a xente. Un corredor popular recibe un trato de respeto, cariño, admiración e ata emoción, por parte de máis de 3 millóns, dos aparentemente fríos londinenes.
Se ben o MAPOMA ten ese aire especial e síntome orgulloso de tela corrido 3 veces, Londres, ademáis dun percorrido casi, repito, casi chán, é outra cousa, nas últimas 2 millas, o Big Ben, a Abadía de Wethmister, e o Pazo de Buckinham. E 37.000.- igual de tolos ca un correndo.
En setembro espera Berlín.
Eu, polo feito de ser galego, teríalle cariño e defendería calquera maratón que se celebrase en Galicia, pero, sen ser pesimista, véxoo difícil. Do mesmo xeito que non estando dacordo con moitas cousas do VIg Bay, falo del coa xente de fora de Galicia como un medio maratón extraordinario, fermoso e con unha excelente organización.