Foros ›
Autor
Mensaxe
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Xov, 22 Abr 2010, 21:09
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA

Agradezo a suxerencia, levo tempo dándolle voltas a esto e, a verdade é que para o ano haberá que ser algo mais estrictos co tema do prazo... por exemplo a de Fisterra de pasadomañan esperamos ata o peche de inscripcions para ver si respostaban e cecais debemos dala por NON PUNTUABLE dende hai 1 mes...

O tema non é tanto a data da proba (que tamén) senon a imprescindible resposta da organización aceptando a súa inclusión e que a proba se disputa na mesma distancia para tódolos maiores de 18 anos e cunha clasificación xeral (ademais de outras que se queiran facer).

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Migueliño

Foreiro Senior
Foreiro Senior
6/07/09
100 Carreiras
721 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 26 Abr 2010, 13:34
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA

Kandpalleiro escribió:

Vou discrepar lixeiramente de Krrkrrktpillo e de kandepalleiro, evidentemente hai que avisar con certa anticipación da inclusión de carreiras no circuito, especialmente no casos de medias e maratóns, pero coido que un mes ou dous de antelación pode ser excesivos, quizáis 15 días pode ser abondo. E poño 2 exemplos para ilustrar a miña argumentación:
- O 22 de marzo deste ano aprazouse a media de Vilagarcía (que se ía celebrar o 25 de abril).
- E o 16 de abril confirmouse a celebración da media da coruña o 16 de maio (faltaba segundo parece atar os patrocinadores, entre cousas e non se abriría o prazo de inscripción ata o 19 deste mes).
Poderíamos lembrar outros casos (como o ano pasado co baile de datas da media de Pontevedra, que tamén se tivo que pospoñer), co cal supoño que é moi complicado, a nível organizativo, a inclusión de carreiras no circuito con tanto adianto se aínda non está confirmada a súa celebración.
E no que sí vou discrepar abertamente é na inclusión de carreiras de fóra de Galicia, polo menos cando coincida con outras galegas (caso da meia maratona Manuela Machado do 24 de xaneiro, que coincidía ca de Rábade) ou A Tebaida Berciana deste domingo 25 que conicidía ca de Fisterra. Porque supoño que un dos obxetivos fundamentais deste circuíto e deste foro é a de fomentala práctica deportiva na nosa tera. E porque para moita xente, nestes tempos de crise, desplazarse tan lonxe (combustíble, peaxes, etc) é un gasto inasumible.
Outro aspecto que había que mellorar era a coordenación entre probas, para que nun mesmo día non coincidan 2 ou 3 ou 4 ou 5 na mesma fin de semana, dado que sempre quedan datas libres. Pero supoño que isto xa será algo máis complexo e de dificil realización.
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Lun, 26 Abr 2010, 14:51
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA

O obxectivo é fomenta-la práctica deportiva fomentando a participación. Por ningures figura onde; de feito, volto a repetir, nas primeiras edicions puntuabase a participación en tódalas probas fosen onde fosen e si se abandoou aquelo non foi por un tema de localizacions senon por operatividade.

As distancias... de O Barco a Fisterra ou de Verín a Viveiro son similares á que estaban aducindo alguns dos membros do foro respecto á porba de Ponferrada ou á de Viana.

No que respecta a un calendario equilibrado...remítoche ó escrito nun fío sobre un circuito de carreiras..
Kandpalleiro escribió:
Supoño que jesusb se afana tanto nelo por aquelo de que exista un calendario coordinado... antes de nada xa lle digo que é IMPOSIBLE. Cada concello, asociación ou clube celebra as populares cando "cadra"; explicome. Alguén se imaxina a carreira de "Pascua de Padrón" o Domingo de ramos porque é que o domingo de pascua é a Vig-Bay? Ou a carreira das festas partronais dunha vila corrida 3 semanas antes ou dempois por non cadrar cou outras probas? (bueno, en Lalín SI porque son así; si lles das un pao danche un peso... Guiño ) Ademais, é mais que necesario que existan alternativas para tódolos gustos e localizacions...non a todos lles gusta correr mais de 10 km ou as probas con ascensions fortes.

Só o calendario de carreiras feitas "ex-profeso" podería ser coordenado (ou nin eso; que en CCN tiveron problemas por poñer unha proba cadrando co MAPOMA vai uns anos).

O tema dos prazos. Vexo que non se notou a sorna na anterior mensaxe...

En serio, tentamos avisar con tempo pero 1º hai imponderables (como os exemplos que pos) e 2º debemos agarda-la contestación das organizacions.

Porqué queremos ese consentimento...Cómo pedir algo de rigor nas clasificacions ou modificacions nas mesmas en postos que non implicaron premios si non se pediu o consentimento para incluila no circuito?

No que respecta ó tipo de probas só dicir que aínda que moitos populares temos a maratón como proba obxectivo o certo é que tanto a maratón como as probas de montaña non serían en sentido estricto probas "populares"... cecais ahí (outra vez) está o erro; deberíamos escomenzar por definir o que é "corredor popular".

Solucions: limita-la porcentaxe do total de puntos que se podan acadar en certos tipos de proba ou distancia?

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Migueliño

Foreiro Senior
Foreiro Senior
6/07/09
100 Carreiras
721 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 26 Abr 2010, 16:19
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA

OOOOla de novo, efectívamente por ningures pon o regulamento do circuíto onde se pretende fomenta-la práctica deportiva, pero isto, se non me equivoco, é o foro de mellora continua de "Correr en Galicia" e sigo mantendo como idea que en vindeiras edicións deberiamos fomentar/potenciar as carreiras de aquí (por exemplo Rábade ou Fisterra) e non outras (Ponferrada ou Viana);porque teño claro que os patrocinadores e entidades públicas poden retirar ou diminuir as súas axudas as nosas probas se estas diminúen na súa partipación ou impacto popular (nestes tempos de crise, todo o mundo decide optimizalos seus escasos recursos en función da súa rendabiidade publicitaria/eleitoral).
En canto as distancias, por poñer un exemplo, dende A Coruña o máis lonxano é Tui (184,3 qms.) e se falamos de Viana (238,2), falamos de 100 qms. máis entre ida e volta; e se o comparamos ca distancia con Rábade (81,6qms.), que coincidía con Viana, a diferencia é maior. Ti podes retrucar que, plantexando o tema con antelación, a xente pode decidir se acudir a unha ou outa carreira, pero eu tamén che digo que a limitación económica sería a preponderante:quen se puidera permitir facer 300 qms. máis entre ida e volta , xantar fóra de casa, etc., iría á Manuela Machado e quen non a Rábade. Ca consecuencia en puntos que iso significa.
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Lun, 26 Abr 2010, 17:36
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA

Ser é o fio de mellora do circuito si, e sermpre agradezo as aportacions e penso nelas para mellorar na seguinte edición.

O tema dos desparazamentos...Que temos, que escoitar á xente do sitio onde mais inscritos hai?...Coido que Vigo e Ourense levan a palma...véxonos correndo en Viana (do bolo) ou en A Gudiña....que, por certo, é mais lonxe (246 km pola ruta mais curta) dende A Coruña que Tui e está dentro da 'Galicia políticamente correcta'.

Ah, eu o día de Viana (do castelo) fun a Rábade...e foi a miña derradeira participación (polo de agora) no circuito. Os números mostraron que Rábade non perdeu participación (pasou de 238 chegados en 2009 a 342 no 2010) pero non che nego que, chegado o caso, o circuito "tire" de xente dunha a outra proba.

Agora mais en serio; quen lle dera ás organizacions que a Xunta puxera cartos en función da porcentaxe de participación popular (particpantes/poboación da localidade); por desgracia os criterios non son nada matematicos.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Migueliño

Foreiro Senior
Foreiro Senior
6/07/09
100 Carreiras
721 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 26 Abr 2010, 18:38
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA

Kandpalleiro escribió:

O tema dos desparazamentos...Que temos, que escoitar á xente do sitio onde mais inscritos hai?...Coido que Vigo e Ourense levan a palma...véxonos correndo en Viana (do bolo) ou en A Gudiña....que, por certo, é mais lonxe (246 km pola ruta mais curta) dende A Coruña que Tui e está dentro da 'Galicia políticamente correcta'.
Agora mais en serio; quen lle dera ás organizacions que a Xunta puxera cartos en función da porcentaxe de participación popular (particpantes/poboación da localidade); por desgracia os criterios non son nada matematicos.
¿Qué significa estar dentro da "Galicia políticamente correcta"? ¿Estamos falando de política ou de deporte?
Pola miña banda, deixo morrer o tema aquí, para non enlearnos máis, pero que conste que a proposta segue en pé: se queredes considerar o circuito só circunscrito a carreiras galegas para o vindeiro circuíto, perfecto; argumentos creo que se deron para iso (non só eu). En todo caso, seguirei participando.
Ah! Eu sempre argumento en serio, non unhas veces máis e outras menos, non sei ti, jejeje.
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Lun, 26 Abr 2010, 19:07
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA

Migueliño escribió:
sigo mantendo como idea que en vindeiras edicións deberiamos fomentar/potenciar as carreiras de aquí

un dos obxetivos fundamentais deste circuíto e deste foro é a de fomentala práctica deportiva na nosa terra

Si optamos por incluir probas convidadas foi xustamente porque coidamos que a experiencia de ir correr fora é moi gratificante e, inclusive, gracias ás conversas que se teñen neses desparazamentos outra xente acude ás carreiras do pais...como vai se-lo caso da media de Betanzos este ano.

Facendoo polo sistema de "convidadas" tentouse, xustamente, non penalizar á xente que non pode ir ás grandes maratons / probas por ahí adiante como se facía antes.

De tódolos xeitos neste fío mais que replicar ás vosas argumentacions o que se percura (e recoñezo que me trabuquei nesta intervención) é crear unha "treboada de ideas" para telas en conta cara a vindeiras modificacions.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
Migueliño

Foreiro Senior
Foreiro Senior
6/07/09
100 Carreiras
721 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 26 Abr 2010, 20:40

O remarcado en negrita e teu, non meu. Non queiras ver onde non hai nada máis, non desconfíes que os meus tiros non van por aí: van porque xa é unha lata desprazamentos a, por exemplo Tui ou Viveiro ou Xinzo ( eu que vivo en Coruña e non teño coche, e coma min máis xente que tampouco ten como desprazarse ás carreiras, algunhas xa lonxanas abondo (ao mellor 360 qms. emtre ida e volta)), demasido longos eses desprazamentos como xa digo para facer nun día ( e ademais correr, que non ímos de turismo), como para aínda por riba meterlle un desprazamento, por exemplo de 480 qms. ata Viana. Iso é claramente desicentivador, cando (e por aí tamén ían os meus tiros) aquí temos carreiras igual de boas e que non desmerecen.
Espero ter aclarado algo mellor a miña argumentación, e non busques 3 pés ao gato, que mira que ten 4 Guiño .
Un saúdo.
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Lun, 26 Abr 2010, 20:50
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA

Agora o que non entende nada son eu...que non puntúen probas "de fora" é unha opinión pero o que estás a pedir debes dirixirllelo ó teu concello que debera ter capacidade para organizar un circuito como o Corre con Nós de Lugo... Porque polo de agora só quedaron fora dúas probas; unha en Vigo por vontade da organización da proba e outra a de Fisterra por falta de resposta da organización ós nosos requerimentos.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
corvo

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
14/05/07
100 Carreiras
1773 Mensaxes
Viana do Bolo
Respostar citando Envío Lun, 26 Abr 2010, 22:20
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA

Ufff... como nos gusta queixarnos Indiferente
Eu non vin por ningún lado que sea obligatorio acudir a todas as probas . Pero claro, aquí todo o mundo di que o importante é participar pero despois todos somos moi competitivos ( eu tamen).
E xa postos si facemos unha fácil suma, danos que os coeficientes das carreiras puntuables ata a data de hoxe, por provincias son:
-A Coruña: 23,5
-Pontevedra: 14
-Ourense : 10,5
-Lugo: 10

...ohh Avergoñado ... que nos vamos a queixar tamen por iso.? Nono .. apaga e vámonos, si empezamos asi

Bueno, para rematar vou chorar eu tamen un pouquiño Mr. Green :
que se eliminen as medias porque son moita distancia e non me gustan para nada, que se poñan as carreiras pola semana porque traballo por turnos e non libro sempre Sabado e Domingo ,e que non se deixe correr os que andan por debaixo de 3:30 porque asi non hai maneira de gañarlles Ríndose Ríndose Ríndose
Migueliño

Foreiro Senior
Foreiro Senior
6/07/09
100 Carreiras
721 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Mar, 27 Abr 2010, 6:31
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA

Pregunta
Kandpalleiro escribió:
Agora o que non entende nada son eu...que non puntúen probas "de fora" é unha opinión pero o que estás a pedir debes dirixirllelo ó teu concello que debera ter capacidade para organizar un circuito como o Corre con Nós de Lugo... Porque polo de agora só quedaron fora dúas probas; unha en Vigo por vontade da organización da proba e outra a de Fisterra por falta de resposta da organización ós nosos requerimentos.
Pregunta
Muro Muro E agora o que non entende nada son eu, non sei que quere significar que me dirixa ao meu concello para que organice un circuíto de carreiras: ao mellor é que non me queres ver por aí correndo, que vou ser peroa non grata fóra da miña cidade? Non creo Disimulando .
Exclamación
Cita:
corvo Publicado: Lun, 26 Abr 2010, 23:20 Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA
Ufff... como nos gusta queixarnos
Eu non vin por ningún lado que sea obligatorio acudir a todas as probas . Pero claro, aquí todo o mundo di que o importante é participar pero despois todos somos moi competitivos ( eu tamen).
E xa postos si facemos unha fácil suma, danos que os coeficientes das carreiras puntuables ata a data de hoxe, por provincias son:
-A Coruña: 23,5
-Pontevedra: 14
-Ourense : 10,5
-Lugo: 10
...ohh ... que nos vamos a queixar tamen por iso.? .. apaga e vámonos, si empezamos asi
Bueno, para rematar vou chorar eu tamen un pouquiño :
que se eliminen as medias porque son moita distancia e non me gustan para nada, que se poñan as carreiras pola semana porque traballo por turnos e non libro sempre Sabado e Domingo ,e que non se deixe correr os que andan por debaixo de 3:30 porque asi non hai maneira de gañarlles
Exclamación Que se argumente, está ben, agora que me chamen chorón, non, non me gusta.
Nono Nono
Quizáis non me explico ben ou non se me queira entender, e se sae cos coeficientes das probas puntuabeis por provincias (ao mellor porque exemplifiquei poñendo o desprazamento Coruña-Viana, pero podemos falar de moverse dende Viveiro a Viana ou a Ponferrada (Viveiro, localidade no extremo do mapa e na provincia co peor coeficiente de carreiras, a ver se así se entende)) para remarcar a miña argumentación: coa inclusión de probas de fóra de Galicia dificultase a participación no circuíto. Porque creo que sigue sendo un obxetivo importante del o fomento da práctica deportiva.
E sí, son competitivo ,como todo o mundo que teña algo de amor propio, aínda que a nível modesto, porque o meu obxetivo, vendo como está a clasificación, é non descender.
En todo caso, pola miña banda espero ter aclarado todo, e que se me entenda ben e que non haxa polémicas estériles, que si algo comento é en clave positiva e para mellorar e porque realmente sigo pensando que incluíndo carreiras de fóra restase afluencia ás de aquí (Rábade incrementou participación, pero seguramente en menor medida que se non tivera coinicidido ca de Viana).

Última edición por Migueliño o Lun, 03 Mai 2010, 18:51; editado 2 veces
runrunpabli

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/02/09
0 Carreiras
1237 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 27 Abr 2010, 17:00
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA

pois eu tamen son dos que non pode gastarse os carto desplazandome a
todalas carreiras que me gustaria, pero gracias a este circuito metinme nun
equipo e agora a unha carreira levo eu o meu coche, e pagan os peaxes e mailo gasoil os invitados e asi alternando, tamen teño familia e despois de chegar escangallado dunha media de montaña collo a familia a saimos a dar unha volta cos nenos, as que podo ir vou e sinon quedo na casa e saoi a correr cediño pola mañan antes de que se levanten todos e estou de volta para desayunar todos xuntos, e todo isto porque o que mais me gusta e
correr, enchelo peito de aire, sentilo corazon a toda pastilla, saber que esa costa non me vai tirar cara atras.correr e disfrutar Ríndose Ríndose
Lois

Foreiro Senior
Foreiro Senior
22/10/07
0 Carreiras
472 Mensaxes
Ourense, A Valenzá
Respostar citando Envío Sáb, 01 Mai 2010, 9:47
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA

A min gustariame propor que o circuito non se restrinxa a certos meses do ano.

Esto provoca que:
* certas localidades que organizan tradicionais carreiras de verán queden fora do circuito
*As únicas maratons de Galiza (Penedos do Lobo e Maratón do Miño) queden foro do circuito, cousa que para min e inaceptable
*Penaliza a Provincia de Ourense, que concentra boa parte das suas populares nos meses "excluidos", e coido que a nosa (de todos) provincia de Ourense débese ter en conta para o circuito, considerando as suas caracteristicas, a hora de definir un "periodo competitivo".

Un saúdo.
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Mai 2010, 19:46
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA

Migueliño escribió:
OOOOla de novo, efectívamente por ningures pon o regulamento do circuíto onde se pretende fomenta-la práctica deportiva, pero isto, se non me equivoco, é o foro de mellora continua de "Correr en Galicia" e sigo mantendo como idea que en vindeiras edicións deberiamos fomentar/potenciar as carreiras de aquí (por exemplo Rábade ou Fisterra) e non outras (Ponferrada ou Viana);porque teño claro que os patrocinadores e entidades públicas poden retirar ou diminuir as súas axudas as nosas probas se estas diminúen na súa partipación ou impacto popular (nestes tempos de crise, todo o mundo decide optimizalos seus escasos recursos en función da súa rendabiidade publicitaria/eleitoral).
En canto as distancias, por poñer un exemplo, dende A Coruña o máis lonxano é Tui (184,3 qms.) e se falamos de Viana (238,2), falamos de 100 qms. máis entre ida e volta; e se o comparamos ca distancia con Rábade (81,6qms.), que coincidía con Viana, a diferencia é maior. Ti podes retrucar que, plantexando o tema con antelación, a xente pode decidir se acudir a unha ou outa carreira, pero eu tamén che digo que a limitación económica sería a preponderante:quen se puidera permitir facer 300 qms. máis entre ida e volta , xantar fóra de casa, etc., iría á Manuela Machado e quen non a Rábade. Ca consecuencia en puntos que iso significa.

hombre,que os quejeis los de La Coruña de los desplazamientos.Si quieres te paso los datos del circúíto del año pasado que yo gané para que compruebes el nº de km de desplazamiento a pruebas de La Coruña.

Por no citar el nº de carreras que puntuan este año de La Coruña en comparación con otras provincias.

Las matemáticas no fallan correlega
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 02 Mai 2010, 19:48
Asunto: Re: MELLORA CONTÍNUA

corvo escribió:
Ufff... como nos gusta queixarnos Indiferente
E xa postos si facemos unha fácil suma, danos que os coeficientes das carreiras puntuables ata a data de hoxe, por provincias son:
-A Coruña: 23,5
-Pontevedra: 14
-Ourense : 10,5
-Lugo: 10

pon o número de carreiras tamén corvo

Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos