Mar, 10 Ago 2010, 17:29
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto
O tema da diferencia entre
monte e montaña xa o teño plantexado eu repetida e cansinamente.
O que si que me "alucina" e que algúns que nunca correron unha de montaña se alporicen cando eu pido coeficientes tales coma os que vou a propoñer:
Penedos do Lobo - 42km de montaña : A dureza desta carreira ben dada pola distancia , polos tremendos cortalumes con rampas de ate o 65% , e sobre todo, porque a partires do km25 chega o pior da proba ca mítica subida ós Penedos. Solicito un
coeficiente 8
Parada do Sil - 33km de montaña : Dureza de
coeficiente 69, mais cas 4 probas que iste ano compoñen a Copa de España de carreiras por montaña. Pra carreira longa pido un
6 "mínimo" e pra "curta" de 16km un
3
Esgos- 13km de montaña : Sempre pra riba , cun par de cortalumes duros de caraio ó final da proba . Poríalle un coeficiente
2.5
Xalo - montaña : non podo opinar, non a corrín...Outros si se permiten opiñar de carreiras nas que nunca estiveron....Dixéronme que é dura, quizais un
3.5 non estaría mal por ser 21km.
Agora as de monte: Paderne, Boborás, Tangaraño,Cross ambiental Ordes.....etc....por normal xeral aplicaríalle un 0.5 a maiores sobre o coeficiente asignado as carreiras de asfalto cá mesma distancia.
Iso sí, ollo, que non é o mesmo Carral que o Tangaraño, xa sabades por onde van os tiros.....
Apertas e saúdos pra Lander, Iker e Unai