Foros ›
Carreiras de montaña no Circuíto
Foros de debate / O Circuito 2009-10
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

¿Queres que as carreiras de montaña puntúen no Circuíto?
Si, quero que puntúen
70%
70% ( 45 )
Non, prefiro que non puntúen
7%
7% ( 5 )
Non, pero facemos un circuíto de montaña
21%
21% ( 14 )

Votos Totais : 64

Autor
Mensaxe
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Xov, 12 Ago 2010, 15:29
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

A cal decisión te refires? a incluilas ou ó xeito de puntualas?

Co curso actual da votación non semella que as carreiras de monte vaian quedar fora...

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Ago 2010, 16:02
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

Kandpalleiro escribió:
A cal decisión te refires? a incluilas ou ó xeito de puntualas?

Co curso actual da votación non semella que as carreiras de monte vaian quedar fora...

a de incluílas claro!!!

E porque non abrides unha enquisa pra que a xente vote que tipo de puntuación prefire???
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Xov, 12 Ago 2010, 17:13
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

Como xa indiquei
Kandpalleiro escribió:
Veremos si xurde algunha mais e logo podemos consensuar cal aplicar ou, se é o caso votar (os participantes nesta discusión).

Dado o escaso nº de votantes e o ainda menor nº de participantes no fío penso que é mais coherente chegar a unha solución por consenso e "en aberto" porque non me soe parecer ben que un 15% decida por todo o grupo pero tamén penso que os que se molestan en participar manifestando a súa opinión merecen un respeto.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Ago 2010, 17:28
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

kande, nesto úlitmo estou dacordo contigo, semella increible que ca cantidade de participantes do circuíto que iste ano participaron en carreiras de montaña en monte a participación neste "post· resulte tan excasa.

Pois non sei moi ben coma podemos consensuar o tema a verdade Pregunta Pregunta .
runrunpabli

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
3/02/09
0 Carreiras
1237 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Ago 2010, 18:38
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

xabi escribió:
kande, nesto úlitmo estou dacordo contigo, semella increible que ca cantidade de participantes do circuíto que iste ano participaron en carreiras de montaña en monte a participación neste "post· resulte tan excasa.

Pois non sei moi ben coma podemos consensuar o tema a verdade Pregunta Pregunta .
pasame o mismo estou pasmado da pouca xente que participa, pero logo cando as decisions estean tomadas veredes como escomenzan a piar, e xa
podemos prepararnos co as escusas que van dar para non ter participado.
con respecto a puntuacion se non hai quorum pois decision salomonica ou deixar coma o ano pasado, ou como apunta kande darlle un 0'5 mais que a mesma distancia en asfalto.
si se fai abstencion e despois non estamos contentos non temos dereito a protestar e asi de sencillo aqui todos somos adultos e coñecemos as regras do xogo.
eu xa espresei a miña opinion e non quero enredar mais, eu son de aceptar o que decidades e parecerame ben calquera opcion.
alber

Super Veterano
Super Veterano
31/07/08
194 Carreiras
2632 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Ago 2010, 20:38
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

Xa que a proposta inicial de +0.5 creo que foi miña, propoño retocala un chisco, co permiso de Kandpalleiro, para que sexa algo mais xenerosa. Propoño +0.5 para as probas de <21km, e +1.0 para as probas de >= 21km. Sempre con respecto ó coeficiente dunha proba de asfalto da mesma distancia.

Los Perros del Anuncio - 2014/15
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 12 Ago 2010, 22:33
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

a miña derradeira proposta como experimentado en carreiras de montaña:

Penedos: 7, 2 puntos mais que unha maratón de asfalto. Repito, pra que vos fagades unha idea:

esguellao: 1h21 en media de asfalto, 4h10 en Penedos
xabi : 1h24 en media de asfalto, 4h20 en Penedos

Parada do Sil : 5 . E mais dura que Penedos, unha das probas mais duras de España, palabras de Tofol Castanyer

Xalo: 1,5 punto mais que unha media de asfalto, total 4

Esgos: case 14km de subida sen cesar,rampas do 23% , 2.5

Tangaraño: case 11km, rampas do 22%, coeficiente 2

...Pensades que non son obxetivo?
alber

Super Veterano
Super Veterano
31/07/08
194 Carreiras
2632 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 6:30
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

Xabi, non o tomes a mal, pero non me gustan este tipo de criterios porque me parecen arbitrarios e subxetivos. Comparando os coeficientes que decías no teu post anterior cos coeficientes de esta última rebaixa, vexo que lle rebaixas 1 punto a Penedos, pero súbeslle 0.5 a o Xalo Pregunta ... non entendo...

Por outra parte, os tempos que me das de referencia de Penedos non me parecen tan altos. Pola dureza que explicabas, e pola miña curta experiencia en carreiras de monte, facíame á idea de peores tempos.

E por último, lémbroche que o circuito é para todos, non se trata de que os coeficientes satisfagan ós experimentados en montaña, trátase tamén de que non perxudique moito ós corredores de asfalto (maioría neste circuito).

Vai a ser difícil chegar a un consenso, porque diferencia entre as propostas non son tanto os puntos en sí, senon que uns queremos un criterio obxetivo e uniforme e outros queren criterios específicos para cada proba. De tódolos xeitos, pola miña parte, acepto de bo grado o que sexa que se decida.

Los Perros del Anuncio - 2014/15
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 8:14
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

Alber,discrepar é bo, coma cho vou a tomar a mal, pra nada.

Si, no Xalo estaba a pensar nun 3.5 , un punto mais que unha media de asfalto, foíseme o 4, trabuqueime.

Resumo, haber que vos parece:

Pra Penedos un 7 : 2 puntos mais que unha maratón de asfalto
Pra O Xalo un 3.5 : 1 punto mais que unha media de asfalto
Pra Parada un 5 : a medio camiño entre media e maratón (ainda que mais dura que Penedos, pero non imos a liarnos de novo con iso)
Pra Esgos un 2.5 : son 14km sempre pra riba, xa a coñecedes

Pras de monte (Tangaraño, Boborás, Cross Ordes, Paderne,etc...) por norma xeral 0.5 puntos a maiores que unha carreira de mesma distancia en asfalto, explícome:

Se unha carreira en asfalto de 7km ten un 1, pois a de monte 1.5 ; e si a de asfalto de 10km ten 1.5 pois entón un 2. Estades de acordo?

Por iso a Esgos lle poría un 2.5 ,porque con un 2 tería o mesmo coeficiente que por exemplo o Tangaraño (11km) e non sería xusto (debate que xa tivemos na pasada edición do circuíto)

Outro caso especial sería Paderne, 20km, pero pouco duros, coido que non merecería mais de un 3 (pra que vexades que son obxetivo,jeje)

Que vos semella o razoamento?
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 13:29
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

Entón tí propós unha variante do que propuxo alber; un incremento no coeficiente mais no canto de ser lineal (0,5 para todas as probas) un incremento variable coa distancia (0,5 para as curtas, 1 para as medias e 2 para a maraton) si se pode afinar mais, mellor (por exemplo; 0,75 para probas entre 10 e media).

Dádelle unha volta.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
alber

Super Veterano
Super Veterano
31/07/08
194 Carreiras
2632 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 14:45
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

Esta ultima proposta tal e como a plantexa kandpalleiro semella aceptable para todos, non satisface plenamente a ninguen (7 pareceme moito para calquera proba) pero é aceptable.

Los Perros del Anuncio - 2014/15
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 15:51
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

Kandpalleiro escribió:
Entón tí propós unha variante do que propuxo alber; un incremento no coeficiente mais no canto de ser lineal (0,5 para todas as probas) un incremento variable coa distancia (0,5 para as curtas, 1 para as medias e 2 para a maraton) si se pode afinar mais, mellor (por exemplo; 0,75 para probas entre 10 e media).

Dádelle unha volta.

Correcto amigo, un coeficiente progresivo en función da distancia.

Simpremente matizar o tema de Esgos e Parada polas distancias (o da dureza esquecémelo se vos parece ben) :

Esgos : case 14km ---- sería 1.5+0.75 ou 1.5+1 ? Coido que calquera das 2 opciós iría ben

Parada : coma deixariades os coeficientes ? 33km --- 5 e 16km --- 2.5 ?

De verdade que co de Parada son obxetivo!!! Prométovolo !!! Aínda que na carreira curta "quitaron" os 2 tramos de subida infernais, tranquilos que a que arrinca dende a miña aldea Rabacallos (Chandrexa) ate Entrambosríos ten "miga ,jejeje...e tamén fan a subida final dende o Mosteiro de Santa Cristina.

Vedes como falando nos entendemos? Mr. Green Mr. Green
alber

Super Veterano
Super Veterano
31/07/08
194 Carreiras
2632 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 16:17
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

xabi escribió:

Vedes como falando nos entendemos? Mr. Green Mr. Green

Cómo que nos entendemos? Dis que é correcto pero despois volves a poñer o que che da a gaña. Muro Muro

Os coeficientes por asfalto, a dia de hoxe, son así:

<10km --- 1.0
>= 10km e < MM --- 1.5
>= MM e < Maraton --- 2.5
>= Maraton --- 5

Entón, según a ultima proposta de kand, os coeficientes para monte serían:

<10km --- 1.0 + 0.5 = 1.5
>= 10km e < MM --- 1.5 + 0.75 = 2.25
>= MM e < Maraton --- 2.5 + 1 = 3.5
>= Maraton --- 5 + 2 = 7

... e xa me parece un pouco de máis o +2 para Maraton.

Ahora colle os km da prova, mira donde encaixa, e tes o coeficiente.
Esto habería que revisalo se hai trocos nos coeficientes por asfalto.

Da a impresión que teño algo en contra das carreiras de monte, pero non é eso, o que pasa é que a maioría da xente corre máis por asfalto, e tampouco deberían quedar discriminados...

Los Perros del Anuncio - 2014/15
Kandpalleiro

Experto no foro
Experto no foro
17/12/03
142 Carreiras
3200 Mensaxes
Ponferrada
Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 16:29
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

A ver, que hai un bó camiño; non se precipitar.

Persoalmente levo tempo dándolle voltas ó tema dos coeficientes por aquelo de "quitame uns metros de ahí" e o plantexamento sería non descabalar este acordo que en esencia é engadir un plus no coeficiente ás carreiras de montaña segundo a súa distancia.

Maraton de montaña só hai 1 e está homologada (coido) non vai ser ese o problema.

O asunto pode ser "Qué unha carreira de montaña?"; só as que teñen percorrido non-asfalto, non-cemento? é cuestión da presencia de desniveis? un acordo así (só sobre baremo) tería este flanco aberto.

Eu polo de agora estou satisfeito; hai dialogo (entre poucos eso si) pero imos avanzando.

Fas exercicio ou deporte?
acarreiradunkan.blogsp...porte.html
xabi

Montañés
Montañés
31/07/07
159 Carreiras
5372 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 13 Ago 2010, 16:41
Asunto: Re: Carreiras de montaña no Circuíto

alber escribió:

Cómo que nos entendemos? Dis que é correcto pero despois volves a poñer o que che da a gaña. Muro Muro

Os coeficientes por asfalto, a dia de hoxe, son así:
<10km --- 1.0
>= 10km e < MM --- 1.5
>= MM e < Maraton --- 2.5
>= Maraton --- 5
Entón, según a ultima proposta de kand, os coeficientes para monte serían:
<10km --- 1.0 + 0.5 = 1.5
>= 10km e < MM --- 1.5 + 0.75 = 2.25
>= MM e < Maraton --- 2.5 + 1 = 3.5
>= Maraton --- 5 + 2 = 7

Precisamente comenteille a kande que estaba dacordo co coeficiente progresivo!!! Non me entendiches!!! Mr. Green

alber escribió:
... e xa me parece un pouco de máis o +2 para Maraton. 7 Puntos é un 40% máis de puntuación con respecto ó asfalto, ou sexa qué é como se fose un esforzo equivalente e igual de meritorio acabar unha maratón por asfalto en 3h que acabar unha de monte en 4h12m e [s]non estou convencido diso[/s], non menospreciemos as carreiras de asfalto.

Quen menospreza o asfalto ??? eu no 2009 realizei 48 carreiras en estrada. Mira as clasificaciós de Penedos do Lobo dalgúns foreiros coma tonio, lalo, vicenzutto,esguellao ou eu mesmo...No dos méritos non entro, sería outro debate

alber escribió:
... Da a impresión que teño algo en contra das carreiras de monte, pero non é eso, o que pasa é que a maioría da xente corre máis por asfalto, e tampouco deberían quedar discriminados...

O que sí que é increible é que digas sen nengún tipo de rubor que os corredores de asfalto están discriminados!!! Avergonzado arredemo !!! Enfadado perdóa pero agora si que non entendo nada Muro





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos