Mar, 02 Xan 2007, 18:38
Asunto:
Quero escomenzar esta crónica, dandolle un "cum laude" a organización. Saleu todo perfecto, magnífico.
Record de participación de inscriptos. O 100% dos inscriptos presentaronse na línea de saida; eramos dous, xá o sei, pero aquí apuntouse quen quixo e apareceu quen quixo, polo que coidadiño cos comentarios, que o falar non ten cancelas e aljún podese atrajantar cas verbas......moita envexa é o que ai.
As 11 en punto, saimos rumbo a cima, eu era a primeira vez que o subía correndo. Moi boa estrada, con bó pavimento e moi ancha. A medición do percorrido co coche dounos uns 9,150 kms. e a pendente media eu creo que non vai máis ala de un 6%.
Temos dous descansos, un deles no km. 4 aprox; descanso xeneroso por certo; o outro xá na parte final.
Saimos co cú en sichos co medo a algún Fitipaldi, pero a verdá é que non apareceu nadie, ou porque xa estaban a dormir (que pode ser), ou porque ainda era moi cedo (que tamén), ou porque cada vez temos máis sentidiño (que vai ser que non). O único que atopamos foi unha tatanua de esas sin carnet; detectada; tomamos as medias precisas para non levala por diante (nós non entendos que fan estes chismes na estrada, conducidos por xente maior que non ten os mínimos coñecementos do código de circulación...............e que caros son, que dixo Barbanzón).
O ritmo da carreira foi a trote chochinero, de feito fomos falando practicamente toda a subida, sinal de que o esforzo non nos ia herniar.
O final, nunha lixeira baixada de uns 300 mts, nun sprint desigualado, foi para Barbanzón, utilizando malas artes ¿que é iso de gañarlle a un home con gafas?. Hubo podium e tamén trofeo, ¡que carallo!.
¿En que tempo o fixemos? temos que decir que o fixemos nun tempo bó, saimos con 14º e ceo despexado, e rematamos con 10º arriba, con nubes baixas e un viruje que pá que.
Queremos agradecer a presencia de Pachicho de Ribeira, vello amigo (o de vello non seu sentido máis amplio), que enterado por terceiras persoas do tema, tuvo os santos collons de presentarse en meta para estar con nós.
Listo, rematou, que xá me aburro.