Foros ›
Autor
Mensaxe
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2013, 17:55
Asunto: Diario de Meigalicix

Síntome un pouco fora de lugar abrindo este fío, vendo tantos e tantos diarios que tedes abertos por aqui, de xente que leva correndo tanto tempo e a tanto ritmo... Pero será polo pasamento da atleta navarra onte na Behovia San Sebastián, ou porque nesta sección creo que só hai outro diario aberto por unha muller. Asi que aproveitando esta especie de punto sentimental, paso a compartir a miña minúscula experiencia , por se lle vale de algo a alguén.

O de reivindicar o 10% está claro. Calquera carreira popular ten por termo medio, coma se fose unha lei matemática, só un 10% de mulleres inscritas, agas rarísimas excepcións. Escoitei moitas teorías: Que se somos mais pijas e marujas e preferimos o ximnasio e o pilates, que se somos menos picadas e competitivas e nos van mais os deportes de grupo... Ningunha delas me convence, evidentemente. Non entro en polémicas inútiles sobre machismos, e feminismos. So quero reivindicar, en positivo, o valor e o convencemento que lle poñemos este 10% de participantes habituais das carreiras populares.

Comecei neste mundo hai 3 anos, de casualidade. O corpo enferruxábase de tantas horas de traballo sentada, e algo habia que facer que non me sentase mal á miña alerxia, ás miñas varices e outras cousas de mediana idade.

As primeiras tiradas non pasaron dos 5 kilómetros, circuito pechado sen sair dos limites da mazá de casas onde vivo. De abondo para descubrir a importancia dun calzado axeitado e unha roupa cómoda, de que era mellor correr antes de almorzar, antes de xantar, ou pola tarde antes de cear.

A importancia de engancharse ben a esa rutina de sair 3 ou 4 días á semana. Un bo dia comecei a aumentar as tiradas (simplemente aumentando mais voltas ó meu circuito pechado) e vin que case chega ós 10 km...Foi cando comecei en pensar en apuntarme na Pedestre de Santiago, 25 anos despois (nunca fixera atletismo, pero na época santiaguesa eramos moitos os que nos apuntabamos por facer o tolo un día, e morrer de maniotas logo unha semana)... Daquela rodei cun ritmo de 6:10, unha miseria, pero quedara contenta de tela rematado sen ter que pararme, nin na costa de San Francisco nin na de Vite. Probei logo na Nocturna de Corre con Nos, e xa lograra un discreto 5:45... E xa foi cando me atacou o virus sen remedio, pois de alí a pouco comecei a pensar na Vig Bay... Polo medio cruzouseme algún colega con revistas de runnig, e as súas ideas. O caso é que pasei a facer tiradas de 17 km con demasiada frecuencia, por circuitos moi duros (quen coñeza a Guía e arredores por Vigo sabe de que falo), e acabei con fascitis plantar e a cadeira dereita feita unha desgracia .

Tocou fisio, quiropráctico, podólogo, alzas de 7milimetros, pantillas a medida, correr con tobilleiras. Pero fixen a miña primeira Vig Bay sen lesionarme mais,iso si, nun tempo de 2:06, pero enteira. A anécdota foi que adiantei á altura de Praia América a un dos fisios que me atendeu naquelas semanas, que quedou ali parado coa lingua de fora.

Non me dan as fins de semana como para telas libres e ir a moitas carreiras ( 4 ou 5 competiciòns no ano como moito). Sigo sen facer mais de 32 km semanais de media, nunca fago tiradas de máis de 55 minutos, procuro non facer a subida e baixada da Guía mais de 1 vez ó mes. Sei que debería facer estiramentos 15 minutos antes, e 15 despois de cada tirada, pero ó final só fago os de despois... Algún colega díxome que tiña cualidades para ir a 5 minutos km, pero confórmome cos 5:14 ou os 5:18 que fago nas carreiras de 10km, e facer a Vig Bay en 1:57 ou 1:58 xa o considero unha melloría. Tamén me dixeron que se non pensaba nunha maratón...e teño clarísimo que non.

Totalmente de acordo co que dicides sobre a técnica de respiración. Non é que siga unha académica aprendida a conciencia, pero algo lle queda a unha das clases de preparación ó parto: Non abusar das inspiraciòns curtas e frecuentes, adaptar o esforzo a ritmo elevado pero con intervalos de inspiración espiración longas (aínda que se colla o aire e se deixe a golpes pequenos, alguén llo explicaba moi ben a Tomatecolorado, creo).

A cadeira dereita da problemas cada certo tempo, pero a base de masaxes, estiramentos e pasos puntuais polo quiropráctico imos tirando.

Nuns días a miña 3ª San Martiño, e espero sacar o meu aprobado raspado de sempre, é dicir, que se corren 40 da miña categoría, quedarei de 20 aproximadamente. En definitiva, manter ese rimto de 5:14 nunha de 10 km, e sobre todo disfrutar moitísimo coas rúas sen coches, como se os seres humanos normais e corrientes fosemos os verdadeiros donos do mundo por unhas horas. Esa sensaciónde libertade que so os que padecen esta tolemia poden comprender.

Menuda chapa que veño de escribir... Espero que mo perdoedes por ser a primeira entrada. Se escribo algo mais, serei mais breve.


Última edición por Meigalicix o Dom, 02 Ago 2020, 20:05; editado 19 veces
pazolesky

Maratoniano
Maratoniano
14/01/13
0 Carreiras
688 Mensaxes
Fenés de adopción, pero de Ferrol
Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2013, 20:12
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Fermosa historia, co teu permiso voume facer asiduo deste diario Guiño
pablocf

Foreiro infantil
Foreiro infantil
4/11/12
0 Carreiras
80 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2013, 20:46
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

¡¡¡bravooo!! eu tamen colareime de cando en vez por aquí, mais que nada por que tocaches as cinco teclas que para mi son o pilar dos meus entrenos " A GUIA".este e o meu ximnasio ,o meu fisio e, as veces tamen o meu sicòlogo. Aquí fago dende cross , series e tiradas longas, por iso despois cando escoito que alguna carreira ten costas se me pon un sorriso na faciana.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2013, 21:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Moitas grazas ós dous, Pazolesky e Pablocf... A verdade que me saiu un texto tan longo que pensei que ninguén se ía animar a ler.

Alégrame saber que alguén corre pola Guía tamén, se cadra ata nos temos cruzado algunha vez. Ultimamente, para non ter problemas coa cadeira e non forzar moito fago o que lle chamo a "versión reducida", que me leva mais ou menos media hora: Subo por Dr Corbal e Avda de Doña Fermina, ó chegar ó aparcamento collo a pista da esquerda que leva á Carballeira, dou unha volta completa e saio medio facendo cross por un atallo lateral que hai a un lado do muro, que leva ata uns chalets e o comezo da Baixada a Punta. De novo á dereita Dr Corbal costa abaixo ata coller á esquerda unha das travesias da Oliveira, logo rúa Oliveira cara a dereita e para abaixo, e xa a tope pola Avenida da Marina Española ata a ETEA. Xa no muelle tiro á dereita para Ríos, e a guinda final é facer toda a Baixada a Ríos subindo, ata a Avenida de Galicia e volta para casa... E si, eu tamén boto algunha sonrisa cando alguen fala de costas nas carreiras. Silbar

Unha vez máis, graciñas polas vosas respostas,e xa nos seguiremos vendo por aqui, ou nalgunha carreira se cadra. Xa contarei nuns días como me foi na San Martiño. Angel
AUGUSTI

Foreiro Senior
Foreiro Senior
25/03/12
2 Carreiras
529 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2013, 21:44
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Hola, muy interesante todo lo que cuentas y como lo cuentas. Seguiré este diario. Saludos
actv

Montañés
Montañés
16/10/11
90 Carreiras
45 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2013, 21:55
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

comparto el sentimiento muy bueno.
Darreina

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
26/09/11
5 Carreiras
258 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2013, 22:20
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

A min xa me tiñas ganada dende o 10% jeje. O resto: Emotivo, cercano e ameno. Noraboa pola valentia de abrirnos os teus pensamentos e sentimentos e grazas pola xenerosidade de compartilos.
joselug

Maratoniano
Maratoniano
13/09/09
170 Carreiras
425 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2013, 22:33
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

A min tamén me gustou moito o que escribiche, unha experiencia persoal moi ben contada. Pasareime máis veces por este fío do foro. Sorte na san martiño Guiño

MMP:
Milla: Sada(15) 5:48
5K: Ferrol(18) 20:44
10K: Coruña(22) 42:55
MM: Ferrol(14) 1:33:54
Maratón: Coruña(13) 3:33:45
Tri Sprint: Ferrol(14) 1:16:19
Tri Olímpico: Baiona(16) 2:29:26
Tri MD: Vigo(17): 5:05:20
Mariquiña

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
28/08/12
0 Carreiras
180 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2013, 22:40
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Moi bó, a verdade é que si que somos moi moi pouquiñas as que nos decidimos a ir as carreiras. Eu tampouco creo nos tópicos... supoño que pouco a pouco seremos máis.

A verdade é que os meus tempos son discretos discretos(peores cos teus, algún xa me chama " la chica de los 6 minutos") pero sempre, sempre intento disfrutalos, e o máis bonito é que o consigo. O día que acabei a miña primeira carreira sen ter que parar nin un segundo, ese dia creo que me sentín máis ganadora que o que entrou primeiro.

Ultimamente ía bastante mellor, xa baixando dos 6, 5:45, e así pero o día que máis ilusión tiña, na pedestre de Compostela "rompín", tendinitis na zona doa isquios, dende enton non puden rodar nin un sólo día, pero xa me tarda!

Seguirei o teu diario con interese. Saúde e kms!
serea

Maratoniano
Maratoniano
16/04/12
14 Carreiras
22 Mensaxes
Oleiros
Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2013, 22:41
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Curioso, porque ese 10% sempre me chamou a atención, dá igual que sexa unha maratón,unha media, unha 10.000 que sexa en Coruña, Santiago, Oleiros ou Fisterra......a porcentaxe case sempre permanece imvariabel.
Si que é certo que cada vez coñezo a máis mulleres que corren e si que vexo que teñen paixon, enerxía e forza de abondo, quizáis non teñan tantas horas para sí mesmas e para adestrar, quizais elas reparten as horas de maneira diferente e ao final do día, xa non hai, non o sei, pero ese 10% é moi Válido, moi forte e moi importante. Sigoche Meigalicix e parabéns polo teu diario!
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2013, 22:43
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Enhorabuena por animarte a abrir este diario Aplauso Aplauso Aplauso

Ahora a seguir disfrutando de este vicio Mr. Green

Saludos
carcu

Foreiro infantil
Foreiro infantil
15/05/11
3 Carreiras
102 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2013, 23:28
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Al final a todos nos engancha felicidades por abrir este diario me ha encantado lo que sientes . Los tiempos los podemos mejorar pero las sensaciones de cada carrera y entrenamientos no te las quita nadie eso debe ser siempre lo importante para los corredores populares. Saludos
Adroq

Maratoniano
Maratoniano
27/06/10
5 Carreiras
765 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 11 Nov 2013, 23:37
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Aquí hay otro que se convertirá en asiduo de este diario. Ahora tienes un compromiso con nosotros y estarás obligada a contarnos tus novedades. Mr. Green Mr. Green
Mucho ánimo y la mejor de las suertes en tus próximas carreras. Aplauso Aplauso

Saludos.
Meigalicix

Experto no foro
Experto no foro
19/02/12
59 Carreiras
3257 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 12 Nov 2013, 5:25
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Pois moitas grazas outra vez ás persoas que entrastes onte pola noite... A verdade é que si me sinto agora un pouquiño máis "obrigada" a entrenar e escribir sabendo que tedes intención de seguir lendo/compartindo (tomo nota Hadroq)

Serea e Darreina, a ver se é verdade que cada día somos algunhas máis. Polo menos na Nocturna de Vigo, que foi en maio, aí si que subimos case ata o 20%... E Mariquiña, moito ánimo e a curar esa lesión, o de estar en dique seco é moi aborrecido.
Annie

Foreiro Senior
Foreiro Senior
14/10/09
86 Carreiras
697 Mensaxes
A Veiga e Ponferrada
Respostar citando Envío Mar, 12 Nov 2013, 8:48
Asunto: Re: Diario de Meigalicix (reivindicando o 10%)

Hola Meigalicix,

Coma Mariquiña, amiga e compañeira, son do clube dos 6'/km, se teño un día bo. Se o día é malo, pois achégome perigosamente os 6'30.

A nosa existencia atlética son pequenos retos que vamos cumprindo. Un 5K, un 10K, se cadra algunha carreira de 15kms, e plantámonos nas medias, o mellor porque o reto maratoniano non nos chama en exceso e preferimos que o corpo non sufra de máis.

Pasarei por aquí para ler as túas evolucións e espero coincidir contigo nalgunha carreira por ahí. Pásate pola Foto-Kedada de San Martiño!!

Unha aperta!!

Las aventuras y desventuras de la Cofradía del Trote Cochinero Sorriso

lacofradiadeltrotecoch...gspot.com/





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Non podes descargar arquivos