Mar, 17 Xul 2007, 21:42
Asunto:
sinto moitísimo o retraso desta crónica, pero é que me foi imposible sacarlle un rato libre a este foro nas últimas semanas... non é que estivera a preparar unha tese doctoral, como di castinheiras, simplemente é que non puiden entrar antes a lervos nin escribirvos...
en fin, pois quizais debería empezar dicindo e recoñecendo que a preparación non foi a idónea nin a desexada... tal vez me confiei un pouco pensando que mantendo e afinando a forma acadada para
Mapoma un chisco máis me ía chegar para, cando menos, terminar esta aventura con dignidade... pero nada diso.
pode que a clave estivera no que apunta
Marola, no relativo a que me faltaron as necesarias rodaxes largas... moito máis que para unha maratón, e por monte. Ahí fallei. Adiqueime a facer moito fondo, moita forza, moita piscina, pero nada de grandes marchas e moi pouquiño adestramento de trail... e iso nótase nunha historia destas, con calambres xa na 3ª hora de travesía...
o certo é que non me atopei agusto nin cómodo en ningún momento da carreira... non é que arrastrara problemas físicos previos, pero é que a propia hora de saída da carreira xa te limita nese aspecto... pensade que dan o pistoletazo ás 5 hs da madrugada, feito que te obriga a erguerte como mínimo ás 3 para desayunar ben con tempo e para subir ata a zona dos Lagos (dende Cangas de Onís, no meu caso), que é onde está a saída... sei de varios participantes que montaron a tenda de campaña para pernoctar arriba e estar máis descansados, cousa que non descarto para unha vindeira ocasión...
o caso é que erguerse ás 3 conleva descansar pouco e durmir menos, por moi pronto que trates de deitarte, e máis se se xuntan os nervios da primeira vez... e iso pasa factura, sobre todo muscularmente.
moita
néboa e bastante
frío na saída... non se vía un burro aos tres pasos, de feito case me peto con unha vaca que estaba chantada no medio do camiño... impresionante oir as esquilas na metade da noite...
moi recomendable levar unha boa
frontal (halóxena, a poder ser), con boas pilas (alcalinas, a poder ser)... eu paguei a novatada e tiven que ir case todo o rato seguindo a un grupo que levaba boa iluminación ata que empezou a clarexar e a néboa quedou atrás... ou embaixo, mellor dito.
moi recomendable facer o primeiro tramo da travesía (o que se fai de noite, ata que amañece)
en grupo, para evitar sustos e sorpresas desagradables...
a primeira subida, ao
Jou Santu, por
Vegarredonda, non é moi dura, pero xa vai poñendo a cada un no seu sitio... eu cheguei arriba xa un chisco tocado, con malas e raras sensacións, con sensación de moito peso na mochila... logo percateime de que tamén nese sentido paguei a novatada... demasiada comida, demasiado líquido, demasiada roupa... miraba para as mini-mochilas dos outros participantes e flipaba...
iso sí, ver amencer sobre un mar de nubes aló enriba xa merece a pena para pagar a inscripción e sufrir todo o que faga falta... realmente impresionante...
no comezo da baixada a
Caín por
Mesones, doume conta de que me adianta todo dios, de que esa xente voa subindo, pero moito máis baixando... eu teño que facer auténticos esforzos para non caer e manter un mínimo de estabilidade, e outros semella que non tocan nin o chan, baixan por pedreros e neveros como de fose asfalto...
a baixada por
Mesones está perigosa, moi esbaradiza, coa herba e o sendeiro mollado pola néboa.
intento ir bebendo e comendo, pero non me entra gran cousa.
empezo xa a acusar o cansancio e a presión mental de ir xa tan cascado a esas alturas da travesía... algunha caída e xa moitos
calambres nos cuádriceps.
chegada a
Caín en 3h50min. e avituallamento con calma... hai de todo... fruta, frutos secos, barriñas enerxéticas, auga, isotónicas... bótase en falta algo máis sólido, tipo bocatas... pero xa levaba eu algo na mochila...
encaro a seguinte subida con moita calma, e confiando en que o estado físico mellore... pero é bestial, inhumana... mesmo hai tramos de trepada ao principio. Ã? a subida polo canal de
Dobresengos ata o
Jou Grande e logo a
Horcada de Caín, salvando un desnivel de case 2000 metros (como quen sube un edificio de 600 pisos sen ascensor)...
aquí foi onde terminei de virme abaixo... e maís mental que físicamente... abúrrese un de subir, non se ve o final, e peor coa néboa... non me quero nin lembrar... tiven que pararme moitísimas veces para descansar, para comer, para beber... e seguían os calambres.
póñome como única meta chegar ao seguinte avituallamento e logo a ver... salgo da néboa e comprobo que o sol xa casca con forza... todo son problemas... excepto a paisaxe, o único que me fai disfrutar... realmente espectacular.
chego a
Horcada de Caín moi feito polvo, pero reconforta ver o
Urriellu, e saber que ás súas faldas está o avituallamento... a baixada dende este punto ata alí é moi técnica e moi dura, co camiño pouco definido, e atravesando abundantes neveros... doume conta de que o cansancio se vai transformando pouco a pouco en dor, e cada nova pisada é un suplicio muscular...
no avituallamento decido abandoar pensando en que xa pasei o peor, pero tamén en que o que me queda é case a metade da travesía, con zonas moi duras de subida e baixada... probablemente houbera chegado, pero de noite e sufrindo coma un can... penso que non merecía xa a pena, e que máis vale tentalo noutra ocasión.
moi recomendable, amigos
barbanzon e
castinheiras... sobre todo polo que a nivel organizativo se refire, moi ben sinalizada (case imposible perderse), pola xente da organización, moi amable e disposta a axudarche e indicarche, polo ambiente de compañeirismo entre os participantes, e sobre todo pola paisaxe...
asegúrovos que é toda unha experiencia facer esta travesía... ou intentalo, e que non quedaredes decepcionados, sexa cal sexa o resultado...
iso sí, preparadea ben e a conciencia... e tamén vos recomendaría que inspeccionásedes o percorrido todo o que puidésedes, en plan sendeirismo, para saber realmente a que vos enfrentades... pódese facer ben organizando as rutas...
e esquecédevos de correr... non é que non se poida, que hai zonas nas que sí, pero é mellor andar rápido nas subidas e baixadas, e trotar nas zonas de llano... para non castigar tanto as pernas, que en tantas horas de travesía calquera esforzo extra pasa factura...
bueno, salvo os primeiros clasificados, que eses non sei que gasolina levan... o que gañou fixo 9 hs escasas... un tal
Salvador, de León, máis coñecido por adxudicarse este ano contra todo pronóstico a
Maratón da Gran Muralla China...
espero haber saciado a vosa curiosidade e servirvos de axuda... a ver se vos animades con este par de enlaces a unhas coleccións de fotos da travesía que atopei por internet... son para flipar:
picasaweb.google.es/co...Europa2007
(nesta salgo nas fotos 12 e 13...)
picasaweb.google.es/PE...ISDEMALAGA
aconséllovos que vos paredes un rato a velas se tedes tempo, porque paga a
pena...
eu espero poder repetir o ano que ven, ou dentro de dous... xa veremos.
O caso é que dende o mesmo momento no que decidín abandoar non fago máis que pensar no xeito de terminala... en mellorar a preparación, en levar mellor equipo, en recoñecer a parte do percorrido que me falta por completar... menudo son eu cando se me mete algo na cabeza...
saúdos!!!
sexo, zume de melocoton & rock'n roll