Foros ›
Sorteo 1 dorsal para Carreira Corcubión (15/9/18): PECHADO
Foros de debate / Arquivo sorteos 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
sonsuso

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
9/10/11
0 Carreiras
1335 Mensaxes
Vigo - Compostela
Respostar citando Envío Dom, 19 Ago 2018, 10:11
Asunto: Sorteo 1 dorsal para Carreira Corcubión (15/9/18): PECHADO

Sorteo de dorsais para a carreira:
XVII Carreira Vila de Corcubión
Sábado 15 de setembro de 2018


Que se sortea?
1 dorsal

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Corcubión, sábado 15 de setembro de 2018.
Web da carreira: https://championchipnorte.com/evento/detalle/id/1418/xvii-carreira-popular-vila-de-corcubion-2018
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=5639&date=20180915
Enlace ao fío do foro:

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o domingo 19 de 2018 ao xoves 23 de agosto de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 23 de agosto. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio da data do sorteo e que estén dados de alta no Circuíto 2018-19. Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde os participantes deberán escribir cumprindo sempre os seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.
-Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 19 de agosto ata as 23:59 do 23 de agosto). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

9. A comunicación coas persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Contactarase con estas persoas exclusivamente a través dunha mensaxe privada no foro de Correr en Galicia para confirmar que aceptan o premio e solicitar os datos persoais necesarios para realizar efectiva a inscrición na carreira. É responsablidade de toda persoa participante comprobar a súa carpeta de mensaxes privados do foro nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por sonsuso o Xov, 23 Ago 2018, 23:58; editado 1 vez
Rouss

Novo foreiro
Novo foreiro
13/09/17
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 19 Ago 2018, 17:39
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Corcubión (15/9/18): ata

Quero participar neste sorteo Moi feliz Nunca estiven na carreira pero así teño a excusa perfecta para ir a Corcubión á praia e a gastar zapatilla Bailar

Born to lose, live to win
Davidi

Maratoniano
Maratoniano
2/08/10
90 Carreiras
678 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 19 Ago 2018, 22:01
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Corcubión (15/9/18): ata 23/8

Participo. Nunca he estado en esta carrera y si me toca iré con la familia a pasar el dia y comer bien
Muros

Novo foreiro
Novo foreiro
18/08/18
18 Carreiras
1 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 20 Ago 2018, 17:36
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Corcubión (15/9/18): ata 23/8

Quero participar neste sorteo, nunca corrin esta carreira e gustariame facelo asi volveria a visitar a fermosa vila de Corcubion
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1018 Mensaxes

Respostar citando Envío Mar, 21 Ago 2018, 14:54
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Corcubión (15/9/18): ata

Boas, estaría interesado en participar no sorteo.
Xa participeí faí anos cando eran 8 kms e me gustaría repetir, e é una boa oportunidade de visitar a Costa da Morte.
Saudos.
toril

Novo foreiro
Novo foreiro
7/11/11
0 Carreiras
12 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2018, 7:35
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Corcubión (15/9/18): ata 23/8

Participo
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2018, 10:11
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Corcubión (15/9/18): ata 23/8

toril escribió:
Participo

Ola toril.
Recorda que, segundo o punto 5 do regulamento, para poder participar no sorteo tes que "comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir". Podes facelo modificando a túa mensaxe ou escribindo unha nova. Senón, a túa mensaxe non sería válida e non participarías no sorteo.
Grazas por participar e un saúdo!
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
714 Mensaxes

Respostar citando Envío Mér, 22 Ago 2018, 16:56
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Corcubión (15/9/18): ata 23/8

Quero participar neste sorteo, corrin esta carreira e gustariame facelo de novo cun día menos cálido.
Gracias
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 23 Ago 2018, 22:01
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Corcubión (15/9/18): ata 23/8

Sorteo finalizado. Muchas gracias por participar. Publicaremos en breve los nombres de los ganadores. Saludos y mucha suerte!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 24 Ago 2018, 12:18
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Corcubión (15/9/18): PECHADO

Ganador: Rouss

Enhorabuena al ganador del dorsal para la XVII Carreira Vila de Corcubión del sábado 15 de septiembre de 2018

Necesitamos que envies un correo a la siguiente dirección de email: infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

• Nombre y apellidos
• Fecha de nacimiento
• DNI
• Localidad
• Talla de camiseta
• Email
• Teléfono
• Si estáis o no federados
• Nº de federado
• Club en el que estás federado
• Número de chip (para carreras de CCNorte)

Link al resultado: http://www.randorium.com/es/QtoWH2Kz


Rouss

Novo foreiro
Novo foreiro
13/09/17
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 24 Ago 2018, 15:12
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Carreira Corcubión (15/9/18): PECH

Ohhhh! Se a min nunca me toca nada Abraiado
En breves mándovos o email cos meus datos

Born to lose, live to win





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos