Foros ›
Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): PECHADO
Foros de debate / Arquivo sorteos 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 26 Ago 2018, 0:42
Asunto: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): PECHADO

Sorteo de dorsais para a carreira:
GMTA 3: VIII Trail Serra do Galiñeiro
(distancia a elixir)
Domingo 30 de setembro de 2018


Que se sortea?
1 dorsal

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Serra do Galiñeiro, domingo 30 de setembro de 2018.
Web da carreira: http://gmta.es/2018/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=5696&date=20180930
Enlace ao fío do foro:

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o domingo 26 de 2018 ao xoves 30 de agosto de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 30 de agosto. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio da data do sorteo e que estén dados de alta no Circuíto 2018-19. Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 26 de agosto ata as 23:59 do 30 de agosto). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Xov, 30 Ago 2018, 22:04; editado 1 vez
Nuruwe

Novo foreiro
Novo foreiro
18/11/13
120 Carreiras
20 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Ago 2018, 7:59
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): ata 30/8

Aparezco por primera vez en el foro para apuntarme al sorteo!

Espero estar en la salida de esta carrera este año. Con el cambio de fecha, es una prueba idónea para ver en qué nivel estoy después del verano de cara a un octubre y noviembre cargado de carreras.

Es una carrera técnica y algo durilla, pero muy bonita. Una fija en mi calendario desde que empecé a correr por el monte hace cinco años. Este año trae cambios importantes en su recorrido, y seguro que viene con alguna sorpresa de las que nos tiene acostumbrados ya Galicia Máxica.

Un saludo a todos.
Panchetti

Maratoniano
Maratoniano
3/03/14
0 Carreiras
68 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Ago 2018, 8:53
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): ata

Nunca corrí un trail en la provincia de Pontevedra, y éste cuadra muy bien por fechas... Jejeje, me acabo de dar cuanta que el año pasado corrí el trail dos Pendellos, en Agolada, organizado por el CAS... provincia de Pontevedra Moi feliz


Última edición por Panchetti o Lun, 27 Ago 2018, 11:11; editado 1 vez
Rufino

Montañés
Montañés
10/09/12
0 Carreiras
1020 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Ago 2018, 9:30
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): ata

Boas, estou interesado en participar no sorteo. Nunca participeí pero sempre me falaron bén déste trail.
Un saudo.
kosoto

Maratoniano
Maratoniano
27/05/10
0 Carreiras
74 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Ago 2018, 10:39
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): ata

Ola bo día a todos
Interesábame este dorsal xa que fai moito tempo que non vou correr a fermosa Serra do Galiñeiro cos amigos de GMTA, encantaríame repetir....haber se hai sorte.
Saúdos para todos/as
xabierdeparada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/15
666 Carreiras
174 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Lun, 27 Ago 2018, 11:37
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): ata 30/8

participo, xa fai 4 longos anos que non visito o Galinheiro
srocha

Novo foreiro
Novo foreiro
7/05/15
0 Carreiras
18 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 27 Ago 2018, 11:46
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): ata 30/8

Quero participar!! corrín este trail por primeira vez o ano pasado, nese caso foi no mes de marzo e as condicións meteoróloxicas impediron que puidesemos disfrutar das vistas. Aínda así, foi tan bonito como duro e esixente. Este ano gustaríame volver a facelo e probar o novo percorrido. A ver se hai sorte!
Lauren_Troy

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/01/14
580 Carreiras
129 Mensaxes
Pontevedra
Respostar citando Envío Lun, 27 Ago 2018, 21:33
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): ata 30/8

Hola!! Estou interesado en participar no sorteo. Participei duas veces e encantame o lugar mais a dureza de esta proba.
Un saudo
ÁdPV

Novo foreiro
Novo foreiro
1/07/18
0 Carreiras
27 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 28 Ago 2018, 13:36
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): ata 30/8

Ola, boas, estou interesado no sorteo. Nunca corrín este trail, pero é o meu concello, así que xa é hora. Grazas!
CARANQUEXO

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
3/06/10
0 Carreiras
161 Mensaxes
TOMIÑO
Respostar citando Envío Mér, 29 Ago 2018, 11:05
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): ata 30/8

Quiero participar aún que se me vaya la vida en el..... participé la última vez hace ya unos 8 años, cuando era más joven y me gustaría volver de nuevo a recordar aquella experiencia. A por muchos km.....
taurus2005

Foreiro infantil
Foreiro infantil
21/11/11
503 Carreiras
55 Mensaxes
Zas
Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 5:16
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): ata 30/8

... después de haber participado en las dos primeras ediciones, y de llevar un tiempo alejado, por problemas personales en principio y distintas lesiones a posteriori, de las competiciones y aunque falto de entrenamiento me atrevería a esos 22 Kms., esperando disfrutarlos Km. a Km., así que haber si hay suerte en el sorteo ...
cerqueiro9

Foreiro infantil
Foreiro infantil
13/10/11
0 Carreiras
68 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 10:03
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): ata 30/8

Ola! gustariame participar no sorteo. Encantame correr polo monte e esa zona é descoñecida para min. é una boa ocasión para probar. saudos!!
robertofg

Novo foreiro
Novo foreiro
11/04/12
10 Carreiras
6 Mensaxes
Ponteareas
Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 12:12
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): ata 30/8

Me gustaría participar en el sorteo.
Nunca he participado en esta carrera pero por los comentarios de increíbles vistas y dureza del circuito, me gustaría probarlo.
amalio

Novo foreiro
Novo foreiro
28/08/18
0 Carreiras
1 Mensaxes
Porriño
Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 16:35
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): ata 30/8

Hola. Llevo pocos meses con las carreras y me gustaría ir probando un poco de todo.
Casualmente el año pasado vi los rastros al día siguiente en una andaina, este año me gustaría poder vivir esa sensación.
Si no tengo suerte, me inscribiré Sorriso
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 30 Ago 2018, 22:01
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GMTA 3 - Galiñeiro (30/9/18): ata 30/8

Sorteo finalizado. Muchas gracias por participiar y mucha suerte a todos.

En breve publicaremos en este hilo los nicks de los ganadores y las instrucciones para hacernos llegar vuestros datos para la inscripción.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos