Mér, 05 Set 2018, 14:25
Asunto: Re: Zapatillas Kalenji, opiniós
Ola compañeiro!!.
Sí, é certo que quen corre eres tí, e non as zapas, pero tamén é verdade que hai uns modelos mais axeitados que outros para cada un de nos.
Se me decidín a coller este modelo foi porque pensaba, e penso, que me pode dar o que busco e todo iso gastando menos cartos, un 30-50% menos que outros modelos similares de marcas de mais prestixio.
Que tampouco é cuestión de irse a cousas mais económicas porque sí.
Pensa que, seguramente, sexa o calzado o punto no que menos deberíamos tratar de aforrar precisamente. É a peza mais importante de todo o equipamento que podes adquirir cando saes a correr, penso eu, por iso creo que débese mirar ben onde metemos os cartos.
As referenzas que teño destas zapas son boas, polo que decidín probalas a ver que tal.
De entrada teño que decir que ten unha horma moi ancha, tanto que nas Asics DS Trainer tiña que pedir un 44 é cando son novas non me entra calquer tipo de calcetín de correr, soamente cando van cedendo algo có paso do tempo.
Sen embargo con este modelo de Kalenji puden calzar un 42,5, axustando perfectamente.
Levo tan só 2 días con elas (hoxe sairei a facer fartlek), pero tanto en series como en tandas largas vense bastante ben.
Lóxicamente vense mais adaptadas a esa alta velocidade das series que non a largas distancias a ritmos mais moderados, pero cumplen para 10K.
Xa verei como segue evolucionando isto.
Saúdos!