Foros ›
Sorteo 1 dorsal para GPM A Rúa (7/10/18): PECHADO
Foros de debate / Arquivo sorteos 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Dom, 09 Set 2018, 12:44
Asunto: Sorteo 1 dorsal para GPM A Rúa (7/10/18): PECHADO

Sorteo de dorsais para a carreira:
Gran Premio de Montaña A Rúa
Domingo 7 de outubro de 2018


Que se sortea?
1 dorsal

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: A Rúa, domingo 7 de outubro de 2018.
Web da carreira: https://granpremiodemontana.weebly.com/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=5955&date=20181007
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=Forums&file=viewtopic&t=20686

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o domingo 9 setembro de 2018 ao xoves 13 de setembro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 13 de setembro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio da data do sorteo e que estén dados de alta no Circuíto 2018-19. Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 9 de setembro ata as 23:59 do 13 de setembro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Xov, 13 Set 2018, 22:06; editado 1 vez
xabierdeparada

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
7/11/15
666 Carreiras
174 Mensaxes
Ourense
Respostar citando Envío Lun, 10 Set 2018, 13:01
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GPM A Rúa (7/10/18): ata 13/9

Participo no sorteo ¡! O ano pasado resultou durilla e disque iste será mais dura jeje,¿coma faltar?
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 13 Set 2018, 22:01
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GPM A Rúa (7/10/18): ata 13/9

Muchas gracias a todos por participar. La inclusión de participantes queda cerrada. En cuanto realicemos el sorteo colgaremos aquí los resultados. Estad atentos, una vez publicados disponéis de 48 horas para hacernos llegar vuestros datos. De no recibirlos, el dorsal pasará a pertenecer a un suplente.

Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 14 Set 2018, 11:53
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para GPM A Rúa (7/10/18): PECHADO

Ganador: Xabierdeparada

Enhorabuena al ganador del GPM A Rúa (7/10/18)

Necesitamos que envíes un correo a la siguiente dirección de email: infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Nombre y apellidos
Fecha de nacimiento
DNI
Localidad
Talla de camiseta
Email
Teléfono
Si estáis o no federados
Nº de federado
Club en el que estás federado

Recuerda que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos tus datos, perderás el derecho al dorsal

Como solo hubo un apuntado, no se ha realizado sorteo, se ha asignado directamente el dorsal.





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos