Foros ›
Sorteo 1 dorsal para Maratón de Porto (4/11/2018): PECHADO
Foros de debate / Arquivo sorteos 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 07 Set 2018, 16:56
Asunto: Sorteo 1 dorsal para Maratón de Porto (4/11/2018): PECHADO

Sorteo de dorsais para a carreira:
15ª Maratona do Porto
Domingo 4 de novembro de 2018


Que se sortea?
1 dorsal

Como participar?
Explícase no regulamento

REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Porto, domingo 4 de novembro de 2018.
Web da carreira: https://www.maratonadoporto.com
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=5686&date=20181104
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=Forums&file=viewtopic&t=20290

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o venres 7 setembro de 2018 ao xoves 13 de setembro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 13 de setembro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio da data do sorteo e que estén dados de alta no Circuíto 2018-19. Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 7 de setembro ata as 23:59 do 13 de setembro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Xov, 13 Set 2018, 22:07; editado 1 vez
asanfiz

Foreiro Senior
Foreiro Senior
2/01/07
0 Carreiras
537 Mensaxes
Outeiro de Rei
Respostar citando Envío Ven, 07 Set 2018, 21:15
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Maratón de Porto (4/11/2018): ata

Hola
Quiero ir!!!
Fue mi primer maratón y mi mejor marca hasta el momento. A ver si toca y voy a mejorarla... Silbar

Soy el Sr Lobo.Soluciono problemas.
Suka

Maratoniano
Maratoniano
4/05/14
300 Carreiras
238 Mensaxes
Sada - A Coruña
Respostar citando Envío Sáb, 08 Set 2018, 7:05
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Maratón de Porto (4/11/2018): ata 13/9

Participooo!
Sería mi quinta maratón y dicen que la zona de adoquines es fastidiada y quiero ir a comprobarlo

Suka
De todos los riesgos que he corrido, el único que no hubiera corrido nunca; es el de no haberlos corrido todos.
Moussambani

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/10/07
0 Carreiras
1489 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Mar, 11 Set 2018, 5:06
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Maratón de Porto (4/11/2018): ata 13/9

Hola! Me han hablado maravillas de ella, situando su organización entre las mejores a nivel maratones europeos. Mi experiencia en carreras organizadas en Portugal es muy satisfactoria, así que me gustaría correr un maratón que además tenemos “al lado de casa”!

Saludos

"Non te mates traballando pra levar cartos ao banco" (Xil Ríos dixit)
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Xov, 13 Set 2018, 19:33
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Maratón de Porto (4/11/2018): ata 13/9

Hola, me gustaría participar neste Maratón de Porto. Pouco teño estado na cidade e é una boa excusa para volver. Algúns compañeiros de clube xa o correron e viñeron contentos da experiencia. Sería o meu 3º maratón, o primeiro fóra de Galicia.
Saúdos!!!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Xov, 13 Set 2018, 22:00
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Maratón de Porto (4/11/2018): ata 13/9

Muchas gracias a todos por participar. La inclusión de participantes queda cerrada. En cuanto realicemos el sorteo colgaremos aquí los resultados. Estad atentos, una vez publicados disponéis de 48 horas para hacernos llegar vuestros datos. De no recibirlos, el dorsal pasará a pertenecer a un suplente.

Suerte a todos!
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Ven, 14 Set 2018, 20:33
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Maratón de Porto (4/11/2018): PECHADO

Ganador: Moussambani

Enhorabuena al ganador del dorsal para la Maratón de Porto (4/11/2018)

Necesitamos que enviéis un correo a la siguiente dirección de email: infocorrerengalicia@gmail.com con los siguientes datos:

Nombre y apellidos
Fecha de nacimiento
DNI
Email
Teléfono

Recuerda que pasadas 48 horas de la publicación de este resultado, si no recibimos tus datos, perderás el derecho al dorsal

Link al resultado: http://www.randorium.com/es/6kMo6Nqp


antony

Novo foreiro
Novo foreiro
21/09/10
0 Carreiras
26 Mensaxes
Ardan
Respostar citando Envío Sáb, 15 Set 2018, 6:44
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Maratón de Porto (4/11/2018): PECH

parabéns ao gañador do sorteo. No sorteo houbo 2 participantes Pensando
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Sáb, 15 Set 2018, 7:10
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Maratón de Porto (4/11/2018): PECHADO

Bos días Antony,

no sorteo contouse con dous participantes porque os demais non cumprían os requisitos explicados no regulamento.

Asanfiz non está inscrito no circuito.

Suka xa estaba inscrita na maratón, e o dorsal non e reembolsable.

Saúdos!
Suka

Maratoniano
Maratoniano
4/05/14
300 Carreiras
238 Mensaxes
Sada - A Coruña
Respostar citando Envío Sáb, 15 Set 2018, 9:21
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Maratón de Porto (4/11/2018): PECH

Correcto, eu xa estaba inscrita e non me din conta que non reembolsaban os cartos Avergonzado

Suka
De todos los riesgos que he corrido, el único que no hubiera corrido nunca; es el de no haberlos corrido todos.
Moussambani

Foreiro Veterano
Foreiro Veterano
13/10/07
0 Carreiras
1489 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Sáb, 15 Set 2018, 21:17
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Maratón de Porto (4/11/2018): PECHADO

Grazas pola iniciativa do sorteo e por seguir apostando polo circuito, agora no mes e medio que queda afinar o máximo posible e non caer en lesións.

Unha aperta e novamente grazas

"Non te mates traballando pra levar cartos ao banco" (Xil Ríos dixit)
Amina

Experto no foro
Experto no foro
1/09/14
0 Carreiras
3048 Mensaxes
La ciudad de las piruletas y nubes de colores
Respostar citando Envío Sáb, 15 Set 2018, 22:01
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Maratón de Porto (4/11/2018): PECHADO

Noraboa polo dorsal Miguel. É un incentivo máis para continuar coa dura preparación dunha maratón. Xa nos contarás como te foi Sorriso
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Dom, 16 Set 2018, 23:49
Asunto: Re: Sorteo 1 dorsal para Maratón de Porto (4/11/2018): PECH

Enhorabuena Moussambani. A disfrutarla compañero!!! Aplauso Aplauso Aplauso





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos