Foros ›
Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): PECHADO
Foros de debate / Arquivo sorteos 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 9:16
Asunto: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): PECHADO

MARATÓN GRAN BAHÍA VIG-BAY
Domingo 7 de abril de 2019


Que se sortea?
3 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar e data de celebración: Vigo-Baiona, domingo 7 de abril de 2019.
Web da carreira: https://vig-bay.com/
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6130&date=20190407
Enlace ao fío do foro: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=Forums&file=viewtopic&t=21089&postdays=0&postorder=asc&start=0

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 22 de outubro de 2018 ao xoves 25 de outubro de 2018, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 25 de outubro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 22 de outubro ata as 23:59 do 25 de outubro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Dom, 28 Out 2018, 23:04; editado 2 veces
karris

Foreiro Xuvenil
Foreiro Xuvenil
16/10/12
16 Carreiras
349 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 10:35
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): ata 25/10

Pois a min gustariame participar no sorteo.

Aínda que non sexa agraciado, irei (se ningunha lesión o impide) a esta maratón que nos regalan os organizadores da VigBay. Claro, nunca fun a esta carreira, que é a primeira vez que se celebra. Pero si que corrín en varias ocasións a VigBay, a primeira media maratón que corrín, por certo. Unha carreira do que só podo dicir cousas boas, que normalmente conta con aliados como Eolo que nos afastan as chuvias xusto no momento preciso. Comeza un a desfrutar polo tramo de praias, ata Canido, para despois apretar un pouco os dentes na subida de Mide, pero xa vendo as Cíes de fondo. A Ría de Vigo non nos abandona en ningún momento, nin cando as rectas de praia América comezan a semellar infinitas... O Monte Lourido, os ghaiteiros, a Ramallosa interminable, os voluntarios, a xente camiñando nalgúns tramos de Sabarís, o último km ata meta: esa é a miña VigBay. Sen embargo no 2019 será diferente, moito máis duro. Psicoloxicamente creo que o maior dano será estar tan preto da meta no km 10 e dar volta, ir ao inicio. Será como: "cargaches o exame, a facelo mellor". Pero facelo de novo con 21km nas pernas (que dicía de Mide antes?) Máis que durecha, eu diría que vai ser épica. Boa sorte a todos!
roberto

Maratoniano
Maratoniano
12/12/07
200 Carreiras
292 Mensaxes
xinzo de limia
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 12:07
Asunto: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): ata 25/10

Quero participar no sorteo.
Levo corrido a Vig-Bay varios anos (igual 12 ou así), o percorrido inda que duro e espectacular e non digamos o ambiente.
Os que corramos o maratón vai ser moi especial cando cheguemos a Samil no km 21 e teñamos alí animando a todos os que corran a media.
Iste ano vou facer a maratón inda que non me toque, pero si o podo facer gratis pois moito mellor.
Saudos e km


Última edición por roberto o Lun, 22 Out 2018, 12:48; editado 1 vez
xenosilve

Maratoniano
Maratoniano
6/08/10
315 Carreiras
489 Mensaxes
San Xulián-Marín
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 12:29
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): ata 25/10

En 2010 corrin a Vig-Bay por primeira vez. Carreira das grandes de Galicia, das que contistan. Fai xa algúns anos que non corro o medio Maraton. En 2019 penso volvela a correr e si é na distancia de maratón que mellor maneira de volver.
O percorrido, ainda que exixente, é moi atractivo e o ambiente da Vig-Bay nunca defrauda. Será una gran festa atlética para celebrar o vixésimo aniversario.
A ver si son dos afortunados que lle toca o dorsal. De todos modos alí estaremos o 7 abril uns cantos compañeiros do clube. Maratón Vig-Bay: xa está apuntada na axenda.
A esta cita especial non se pode faltar!!!


Última edición por xenosilve o Mar, 23 Out 2018, 16:58; editado 1 vez
anpefi

Maratoniano
Maratoniano
5/02/11
100 Carreiras
1020 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 13:10
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): ata 25/10

Pues yo quiero participar en este sorteo ya que mi objetivo, ahora mismo, es correr este maratón.

La Vig-Bay es especial para mi (la corrí 3 veces) ya que fue el desencadenante de que empezase a correr en 2011. De aquella, en cuatro meses pasé de no hacer nada de deporte y pesar 106Kg a preparar esta media en 4 meses bajando 14 kg y acabándola en 1:45, ante la incredulidad de familiares y amigos que no daban un duro por mi. Un año después estaba corriendo mi único maratón hasta ahora (el primer C42, ya que me tentó la aparición de un maratón en Galicia). Otro año después (2013) corrí mi tercera Vig-Bay, pero ya había estado ganando peso y mi "decadencia" como corredor empezaba. Al final de ese año simplemente dejé de correr.

Y así seguí casi cuatro años inactivo hasta hace cosa de 5 meses, en que me vi otra vez con 106Kg y decidí poner cartas en el asunto, volviendo a correr un poco, con una idea loca en la cabeza, empezar a preparar la maratón de A Coruña del 2020, ya que ese año cumpliré 42 y que mejor motivo para la distancia. En verano me propuse volver a una popular y me marqué la carrera del Berbés como objetivo. Allí me volví a sentir corredor con un gran resultado tras perder 7Kg. Justo esos días, me enteré de que se iba a celebrar un maratón con la celebración de la XX Vig-Bay y entonces mi cabeza empezó a echar humo (un maratón en casa, un maratón en casa). La tentación era máxima, pero sabía que era muy precipitado, y era adelantar un año una idea no en firme de hacer el maratón. Así que me plantee una prueba. Faltaban 4 semanas para la Media de Pontevedra, así que me dije que si era capaz de seguir un plan express y preparar esta Media para hacerla dignamente (por debajo de 1:50) sin molestias, entonces me plantearía en serio inscribirme en la Maratón diseñando un plan para 18-20 semanas (empezando a mediados de noviembre). Llegó la Media de Pontevedra, tras un mes de preparación específica y otros 4 Kg menos, y salí a tope, con los 13 primeros Km a 4:50-4:52, al final aflojé y los últimos 2 Km no bajé de 5:30, pero conseguí llegar en 1:45:33, casi el mismo tiempo que aquella primera Vig-Bay de 2011, y sin molestias ni dolores. Así que hoy he estado buscando planes de entrenamiento de 18 semanas para poder adaptar a mis características e iba a hacer la inscripción, pero acabo de ver este sorteo y bueno, aquí estoy dándoos la chapa.
memphis_ESP

Maratoniano
Maratoniano
9/05/11
0 Carreiras
940 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 13:15
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): ata 25/10

Anótome ó sorteo. Xa fai uns anos que non corro a VigBay e estaría ben voltar pero ca distancia maratón.
vizor

Maratoniano
Maratoniano
5/01/14
0 Carreiras
359 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 13:35
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): ata 25/10

Quero participar no sorteo. Solo pude correr en una ocasión la vig-bay y puedo decir que no fue uno de mia mejores dias. Sufrí muchísimo y me costó sudor y sangre terminar.. aún así no se porqué tengo un buen recuerdo de esta carrera. Que mejor manera de redimirme que haciendo la maraton? Suerte a todos!!!
AJACAST

Montañés
Montañés
19/05/16
0 Carreiras
873 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 13:42
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): ata 25/10

Suerte a tod@s!! Otros esperaremos al sorteo de la MM Mr. Green


Última edición por AJACAST o Lun, 22 Out 2018, 13:54; editado 1 vez
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 13:52
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): ata 25/10

Recordade que este sorteo é para a Maratón Vig-Bay, non para a distancia de media maratón. Aclarámolo por se hai algunha confusión.

O sorteo de 5 dorsais para a Media Maratón Vig-Bay terá lugar a semana que vén, do luns 29 de outubro ao xoves 1 de novembro.

Moita sorte a todas as persoas que participedes!!! Aplauso
JoeRace

Maratoniano
Maratoniano
11/09/06
1111 Carreiras
419 Mensaxes
Vigo
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 14:17
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): ata 25/10

Quero participar no sorteo.

Todolos anos corro unha Maratón, algún ano pode que duas , como non vou correr a que me queda al lado de casa? Ademáis , levo participando na Vig Bay uns...11 ou 12 anos, así que non podo faltar nesta data tan especial. A miña primeira VigBay fixena coma preparación para a Maratón de Madrid, e paseino moi mal , xa que quería correla nun determinado tempo, tal e como o plan decia e á vez moi ben, xa que fiinalmente conseguino, e o mellor foi que engancheime a VigBay “para sempre”. Facendo de liebre de bòs amigos, buscando marca persoal, agardando a que deixase de chover apenas uns segundos antes da saída, e así ano tras ano. Con tantos bós momentos, teño moi claro que a Maratón será un día mais que especial. No meu caso, ademáis, será o reto de primaveira, así que ahi estaremos. ☺️☺️☺️


Última edición por JoeRace o Lun, 22 Out 2018, 19:16; editado 1 vez
Mendeselassie

Maratoniano
Maratoniano
7/03/10
285 Carreiras
307 Mensaxes
Bertamirans
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 15:16
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): ata 25

Outro que se apunta ó sorteo, e sexa cal sexa o resultado o 7 de Abril estaremos en Samil...
Ala polo ano 2011 corrin a miña primeria Media Maratón e non foi outra que a Vig-Bay, e dende aquela xa levo 60 nas pernas ademais de 8 Maratóns, 7 de eles en Coruña, polo que ter a oportunidade de correr un novo na nosa comunidade non se pode deixar pasar, ademais se o corpo aguanta tentaremos facer doblete asistindo a C42 á semana seguinte...
Que Deus reparta sorte... Rezar

Cuando bajas drop, ya no hay stop...
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 16:09
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): ata 25

Tamén quería participar no sorteo.

Despois de correr as duas primeiras edicións da Maratón de Coruña, non voltei a facer ningunha, e non sei porque non me volveu a atraer facer outra.

O escoitar que se faría dita distancia na Vig-Bay me volta a entrar o picorciño de voltar a facer outra. Non sei porque, quizáis polo feito de escapar un pouco de distancias largas en cidade e non sentirme "encerrado". Nunca fixen a Vig-Bay, polo que tampouco sei o que me espera; a cabeza dime que non a faga, pero o corazón... Pensando

Ademáis, que carallo!!! Queda tempo de sobra para preparala. Guiño

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
xan

Montañés
Montañés
14/04/08
0 Carreiras
2362 Mensaxes
vigo
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 16:26
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): ata 25/10

Pois o meu desexo de participar e non deixar sos os meus compañeiros do Carma .
Os meus comenzos en esto de correr veñen dende a
VigBay. Ala polo ano 2007, eu e mailo meu irmán retamonos de participar na VigBay sin máis experiencia de dar unhas cantas voltas por Castrelos, e digo unhas cantas porque non eran máis que 4-5. Chegamos cunha bagaxe de tirada longa máxima de 14 qms un par de veces. O descoñecemento do que habería despois desa distancia era unha incógnita e o memo tempo un reto.
So a nos se nos ocurre ter como primeira carreira a VigBay, podíamos empezar por un 10q pero non.
De ahí o meu idilio coa proba.
Ágora e despois de participar dende esa data ata este ano, podo decir que foi esa primeira vez cando máis disfrutei da proba. Sin obxetivos, sin marcas, so disfrutar.
Esta edición da maratón vai ser especial.
Si todo vai ben e as lesións nos respetan quixera estar cos meus compañeiros do Carma sin outro obxetivo como a primeira vez, de disfrutar e non sufrir moito.
Vemonos na maratón.
Sds

xanrunning.blogspot.com/
cronicasdelcarma.blogspot.com/


Última edición por xan o Mar, 23 Out 2018, 11:02; editado 1 vez
rosetas

Maratoniano
Maratoniano
22/05/12
345 Carreiras
1093 Mensaxes
A CORUÑA
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 17:12
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): ata 25

Hola. Deseo participar en el sorteo. Aunque ya llevo un buen número de carreras , nunca participé en la VigBay, pero esta vez , al tratarse del Maratón , que se está convirtiendo en mi distancia preferida, por no decir que he adquirido " el vicio del 42K ", me apetece mucho hacerlo. Será un maratón diferente, sin duda, duro y con un recorrido inusual. El perfil y la noticia de que se está esperando su homologación también me atraen especialmente. Todo esto unido a que seguramente no sea una prueba que se vaya a celebrar de forma continuada , aún la hacen más interesante.
Gracias por esta nueva iniciativa de los sorteos.
Saludos.
davidtorron

Maratoniano
Maratoniano
22/11/15
55 Carreiras
45 Mensaxes
VIGO
Respostar citando Envío Lun, 22 Out 2018, 17:29
Asunto: Re: Sorteo 3 dorsais para Maratón VigBay (07/04/19): ata 25/10

Buenas tardes

Me apunto al sorteo, la Vig Bay fue mi primera media maratón en el 2016 y va a ser mi primera maratón en esta edición de 2018.
Es una carrera que me encanta y en la que llevo tres participaciones consecutivas. El perfil es durillo pero el recorrido es muy bonito y que mejor manera de cumplir dos objetivos en la misma carrera. Hacer mi primera maratón y participar en una edición de la Vig Bay muy especial.

La organización de la carrera es muy buena y seguro no defraudarán.

Nos vemos en la salida

Saludos





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos