Foros ›
Sorteo 5 dorsais MM Coruña21 (17/02/19): PECHADO
Foros de debate / O Circuíto 2018-19
Este tema está pechado: non pode editar mensaxes ou responder.

Autor
Mensaxe
O_Circuito

Colaborador Circuíto
Colaborador Circuíto
11/12/13
1 Carreiras
1120 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 9:40
Asunto: Sorteo 5 dorsais MM Coruña21 (17/02/19): PECHADO

Media Maratón Coruña21
Domingo 17 de febreiro de 2019


Que se sortea?
5 dorsais

Requisitos para poder participar:
Punto 4 do regulamento

Como participar?
Explícase no regulamento


REGULAMENTO

1. Os dorsais que se están a sortear foron doados amablemente polos organizadores da carreira:

Lugar: A Coruña, domingo 17 de febreiro de 2019.
Web da carreira: http://www.coruna.gal/carreiraspopulares/gl/coruna21
Enlace ao calendario: http://www.correrengalicia.org/index.phpname=CPGNuCalendar&view=event&id=6133&date=20190217
Enlace ao fío do foro:

2. A promoción do sorteo realizarase na páxina web www.correrengalicia.org e nas súas redes sociais.

3. O prazo para participar no sorteo será dende o luns 14 de xaneiro ao xoves 17 xaneiro de 2019, ámbolos dous incluídos. Hora de finalización: 23:59 horas de dito xoves 17 de xaneiro. Na medida do posible intentaremos que os sorteos se organicen e se resolvan con antelación suficiente para que, no caso de non resultar agraciado, ter a oportunidade de inscribirse na carreira por conta propia e en prazo de coste normal.

4. Unicamente poderán participar no sorteo os usuarios que cumpran os seguintes requisitos:
i) Estar rexistrados en www.correrengalicia.org antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
ii) Estar dado de alta no Circuíto 2018-19 e ter o mesmo nick no foro e no circuíto antes do inicio do prazo para participar neste sorteo.
iii) Ter algún punto na clasificación do Circuíto 2018/19 antes do inicio do prazo para participar neste sorteo (é dicir, non ter cero puntos) ou, no seu defecto, ter unha puntuación de polo menos 1000 puntos nalgún dos circuítos 2015/16, 2016/17 ou 2017/18.
iv) Cumplir o punto 5 do regulamento, en referencia ao contido da mensaxe.

Os colaboradores de Correr en Galicia tamén poderán participar no sorteo, sempre e cando cumpran os requisitos anteriormente indicados.

5. Abrirase un fío para o sorteo da carreira en www.correrengalicia.org (que é este mesmo), onde as persoas participantes deberán escribir unha mensaxe cumprindo sempre os dous seguintes requisitos:
-Indicar de forma explícita o seu desexo de participar no sorteo.
-Comentar a súa experiencia previa na carreira (en caso de ter participado nalgunha edición anterior) ou explicar por que lles gustaría ir.

Non se aceptarán comentarios groseros ou con insultos. Estas mensaxes non serán tidos en conta como válidos para o sorteo, serán borrados do fío e a persoa autora dos mesmos será vetada para participar neste ou noutros sorteos que se realicen no futuro.

6. As persoas participantes poderán responder no período de tempo habilitado (do 14 de xaneiro ata as 23:59 do 17 de xaneiro). Non se terán en conta os comentarios fóra dese período e soamente se contabilizará un comentario por persoa (é dicir, pódese escribir no fío máis dunha vez pero isto non aumentará as posibilidades). Se non hai comentarios, o sorteo quedará deserto.

7. As persoas gañadoras serán seleccionadas de forma aleatoria e se publicará no propio fío ao día seguinte da finalización do sorteo. No punto 9 establécense as canles de comunicación coa persoa agraciada. Cando non se puidese contactar con dita persoa no prazo de 48 horas ou se reuniciara ao premio polo motivo que fose, publicarase o nome da persoa suplente seguindo por orde estricto un listado de suplentes obtido da mesma forma que se seleccionan aos gañadores. Novamente, contactarase con estas persoas a través dos medios establecidos.

8. Premio: o premio consiste na inscrición gratuíta á carreira. O premio será persoal e intransferible e non poderá canxearse por ningún outro elemento, nin efectivo nin especie. A PERSOA GAÑADORA COMPROMÉTESE A NON CEDELO A UNHA TERCEIRA PERSOA.

Polo todo isto, as persoas xa inscritas na carreira non poderán participar no sorteo. Dado que nin poden ceder o dorsal a outra persoa nin se lles devolverá o importe da súa inscrición.

9. A publicación das persoas gañadoras, facendo mención ao seu nickname de Correr en Galicia, será realizada no propio fío do sorteo e, de ser posible, tamén nas redes sociais de www.correrengalicia.org. Nesa mesma mensaxe no fío, explicarase o proceso para o envío dos datos. É responsablidade de toda persoa participante entrar no fío do sorteo nas 48 horas seguintes á finalización do sorteo. En caso de non ter resposta nestas 48 horas, o dorsal pasará ao primeiro suplente.

10. Confiamos na vosa boa vontade, se sodes premiados cun dorsal e non podedes asistir á carreira por calquer motivo de forza maior (lesión, enfermidade, familiar, ...) contactade con nós o antes posible para poder transferir ese dorsal a outra persoa.

Non se controlará a non asistencia á carreira nin se dito dorsal foi cedido a outra persoa para que usase, pero se esta información chega a algún dos colaboradores do circuíto e compróbase que así foi, esta persoa participante será amonestada e sancionada. A primeira amonestación conlevará a suspensión da participación temporal nos sorteos durante un mes. No caso de reincidir en trampas, a suspensión estenderase a toda a tempada 2018-19.


Última edición por O_Circuito o Lun, 21 Xan 2019, 20:09; editado 2 veces
xb74

Maratoniano
Maratoniano
18/01/13
50 Carreiras
377 Mensaxes
Melide
Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 10:01
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para MM Coruña21 (17/02/19): ata 17/01

Quero participar no sorteo.
Esta carreira é unha clásica dentro das carreiras de Galicia con moi boa participación, donde se ten a sorte de ver a todos os amigos que se van facendo neste mundillo das carreiras. Circuito donde nos podemos envenenar e intentar ir rápido.
Toque ou non toque o sorteo irei.

O último tuercebotas/ Ad Cerne

Última edición por xb74 o Lun, 14 Xan 2019, 16:41; editado 2 veces
Lecop

Montañés
Montañés
12/02/11
10 Carreiras
713 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 12:30
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para MM Coruña21 (17/02/19): ata 17/01

Quero participar no sorteo.

É o meu obxectivo nesta primeira parte do ano, é unha carreira rápida q dependendo do ritmo pódese facer moi longa!!! A costiña da segunda volta da a vida, pero é unha carreira moi chan .


A ver se hai sorte e me toca a participación gratuita!


Última edición por Lecop o Lun, 14 Xan 2019, 19:08; editado 1 vez
milis89

Novo foreiro
Novo foreiro
8/01/18
2 Carreiras
11 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 13:32
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para MM Coruña21 (17/02/19): ata 17/01

Quero participar no sorteo!!

Sería a miña primeira vez nesta proba e correndo por Coruña pero é algo que me apetece moito así que porque non facelo con esta media que ten tan boa pinta?.

Sorte a todos
sanmikel

Super Veterano
Super Veterano
11/08/14
100 Carreiras
2681 Mensaxes
Vilanova-Vigo
Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 14:06
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para MM Coruña21 (17/02/19): ata 17/01

Pois veña vamos o grano, xa que Xb74, comezou, eu continúo.
Quero participar no sorteo.!!
Comezei a vir a esta carreira para aproveitar e visitar, e quedar cos amigos de Coruña e arredores para así poder charlar con máis calma, tomar unhas cañas post-carreira, é incluso para comer depois. Neste caso tamén para coñecer a "admin".
Despois de dúas participacións so podo falar ben da carreira. Ben organizado, moita participación, bastante participación cidadá dando ánimos, e o segundo circuíto de MM máis rápido de Galicia. Silbar
¿Se pode pedir algo máis? Si que non chova, é que as duchas queden máis preto da saída/meta.
Toque ou non toque, participarei na carreira (salvo causa maior).


Última edición por sanmikel o Lun, 14 Xan 2019, 16:19; editado 1 vez
romaris

Maratoniano
Maratoniano
10/04/13
0 Carreiras
262 Mensaxes
Santiago de Compostela
Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 14:07
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para MM Coruña21 (17/02/19): ata 17/01

Quero participar no sorteo.

Levo 2 anos sen poder acudir a esta MM pero teño un gran recordo da carreira, circuito moi rápido e bonito. Correr na Coruña sempre é especial!!
BaoEs

Mods
Mods
29/11/07
700 Carreiras
1637 Mensaxes
O Barco de Valdeorras (OURENSE)
Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 14:08
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para MM Coruña21 (17/02/19): ata 17/01

Quero participar no sorteo

Es una MEDIA muy bonita y correr por A Coruña, ciudad en la que nadie es forastero, tiene su encanto..

Ya hice varias medias en A Coruña y tengo especialidad en las Foto-Kedadas en toda Galicia

Haga frio ó calor, correr en A Coruña, es lo mejor...
Saludos, BaoEs
jrvaca11

Foreiro infantil
Foreiro infantil
23/02/15
51 Carreiras
97 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 14:15
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para MM Coruña21 (17/02/19): ata 17/01

Quiero participar en el sorteo.

Esta fue mi primera media hace ya unos cuantos años, debo de ser la única persona de este mundillo a la que el bajón le vino bajando la cuesta del millenium, estaba poco preparado y recuerdo que los últimos 5 km se me hicieron eternos. Así que, si me toca el dorsal me quito la espinita de poder disfrutarla de principio a fin.
Aurora

Novo foreiro
Novo foreiro
9/11/11
5 Carreiras
13 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 14:57
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para MM Coruña21 (17/02/19): ata 17/01

Hola!! Quero participar no sorteo. Nunca fixen esta media maratón e téñolle moitas ganas.
Un saudo!!


Última edición por Aurora o Lun, 14 Xan 2019, 21:21; editado 1 vez
xabierrm

Foreiro infantil
Foreiro infantil
5/11/17
7 Carreiras
92 Mensaxes
A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 15:11
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para MM Coruña21 (17/02/19): ata 17/01

Yo quiero participar .

Yo ya participé con mi mujer el año pasado y me pareció un circuito precioso . Me encantaría poder participar este uno por poder conseguir mmp;) y porque me encanta correr por coruña , es muy especial el poder correr por esa parte de La ciudad
joselug

Maratoniano
Maratoniano
13/09/09
170 Carreiras
425 Mensaxes
Ferrol
Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 15:34
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para MM Coruña21 (17/02/19): ata 17/01

Quero participar no sorteo porque teño pensado ir a esta media.
Ata agora case sempre a utilicei como preparación para algunha maratón e nunca a disputaba a tope pero este ano sí quería centrarme nela para facer unha boa carreira xa que ten un recorrido favorable para facer marca é ten un gran ambiente.
VICTORALVAREZ

Experto no foro
Experto no foro
13/10/10
196 Carreiras
5440 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 15:53
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para MM Coruña21 (17/02/19): ata 17/01

Quiero participar en el sorteo.

Me encantaría disputar esta media. La he corrido 3 veces y me encanta.

El recorrido es rápido si quieres hacer marca y llevadero si debutas en la distancia.

Llevo unos años sin participar en una media y me gustaría volver a enfrentarme a la distancia.

Un saludo


Última edición por VICTORALVAREZ o Lun, 14 Xan 2019, 16:25; editado 1 vez
Maxi

Maratoniano
Maratoniano
13/10/11
0 Carreiras
1926 Mensaxes
Ordes, Sigüeiro e Guitiriz
Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 16:06
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para MM Coruña21 (17/02/19): ata 17/01

Eu tamén quero particpar no sorteo do dorsal para a carreira.

Máis que nada porque non se vos pode deixar sós. Razz

Esta media maratón e bastante rápida e ideal para facer marca. De feito, aquí obtiven o meu mellor resultado. Así que, non vexo o momento de facela para ver como vou de cara a Maratón e irme motivando cada vez máis.

En experiencias anteriores, podo decir que é bastante multitudinaria e que me gusta o feito de irme cruzando con outros corredores (nas zonas de ida e volta) para poder saudarnos, xa que a veces resulta difícil coincidir entre nós nalgunhas provas.

Toque ou non no sorteo, alí nos veremos. Guiño

Club: ESPRINTES OURENSE.
www.esprintesourense.com
Suka

Maratoniano
Maratoniano
4/05/14
300 Carreiras
238 Mensaxes
Sada - A Coruña
Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 16:10
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para MM Coruña21 (17/02/19): ata 17/01

Quiero participar en el sorteo!!!
Me imagino que serán dos vueltas como las últimas cuatro veces que participé. Una corta de 9,300 km y otra de 11,700 km aprox.
Salida y llegada en el Catón grande. Para mi lo que menos me gusta a la vista es Oza y lo que más la zona del Parrote, paseo de las Ánimas (habrá que subir la cuestecilla pero como tenemos que volver, se bajará con más ganas, ya que la meta estará muy cerca.
Suerteeee!!

Suka
De todos los riesgos que he corrido, el único que no hubiera corrido nunca; es el de no haberlos corrido todos.
cote13

Maratoniano
Maratoniano
4/11/17
0 Carreiras
13 Mensaxes

Respostar citando Envío Lun, 14 Xan 2019, 16:17
Asunto: Re: Sorteo 5 dorsais para MM Coruña21 (17/02/19): ata 17/01

Quero participar no sorteo.

Levo dous anos querendo asistir e, por un motivo ou outro, nunca puiden. Este ano quero estrearme nesta carreira.

Saudos!





Podes publicar novos temas
Non podes responder a temas
Non podes editar as túas mensaxes
Non podes borrar as túas mensaxes
Non podes votar nas enquisas
Non podes adxuntar arquivos
Podes descargar arquivos